lunes, 6 de diciembre de 2010

FALAMOS DE MENORCA CON MARA

Como seguimos investigando coa auga, moitos exploradores cando teñen un ratiño libre adícanse a investigar e explorar novos territorios relacionados coa auga. Nesta ocasión Mara recibíu un e-mail cun montón de fotos das súas vacacións en Menorca.

Foi incrible ver que ben contaba toda a súa visita á illa e como respondeu as preguntas curiosas dos seus compañeir@s. As fotografías deron moito xogo, xa que espertaron a nosa curiosidade por saber como é unha illa, onde se atopa e o máis sorprendente de todo…………….. como pode flotar no medio do mar???.

As respostas foron moi variadas e sorprendentes. Escoitade con atención e reflexionade como fan os exploradores…….. a que teñen moita razón???

A POSTAL DE NADAL

Este ano tócalle aos peques de Reboreda facer a postal de Nadal para felicitar as festas a tod@s.

Os peques tiñan que facer unha e logo un serio xurado debería elexir de entre todas, a mellor, pero as profes deseñaron un sistema mellor. En cada unha das clases todo o grupo faría en conxunto unha empregando diferentes técnicas e recursos plásticos, é dicir, uns farían o fondo, outros pegarían papeliños de cores, outros bólas de papel, outros estamparían, outros picarían, outros recortarían,… así entre tod@s daríamos forma a nosa postal e logo coa axuda da profe Vero (que é a experta en novas tecnoloxías, jajajajaja) faríamos unha montaxe coas catro postais, e este é o resultado final… Esperamos que vos guste tanto coma a tod@s nós…



E así os exploradores deron forma ás súas bólas de Nadal…

AGASALLOS DE NADAL CON MATERIAIS DE REFUGALLO

Esta fin de semana as familias andiveron moi liadas por culpa das profes, xa que lles pediron un adorno de Nadal para lucir na árbore da escola. Este ano tócalles aos peques de Reboreda decoralo e facer a postal para enviar a todo o mundo para felicitar as festas.

Para facer o adorno deberían deixar voar a súa imaxinación e……… vaia si o fixeron!!!!! Como sempre nos deixan coa boca aberta, son todos uns artistas das manualidades!!!

Sheyla ata nos fixo un enorme agasallo moi divertido que xa estrenamos, queredes xogar con nós, pois atentos a este vídeo e buscade con moita atención o voso Papá Noel favorito.

FACEMOS PINGAROTAS PARA OS CORREDORES

Estes días estivemos picando ollos, mans e pés pero non sabiamos para que eran. Despois chegaron uns debuxos enormes de Pingarota e todo comezou a ter sentido. Deunos un pouco de traballo pero deixamos os corredores preciosos.

Antes de nada teño que recoñecer que teño un lío coas Pingarotas e as Pingotas que non me dou. Estas últimas son as do CRA de Teo pero eu non paro de conviarlle o nome as nosas, así que preparei un fondo para subir as fotos, colgueino na rede e acabo de darme conta que aparece escrito Pingotas. En fin, a profe Rosa non para de berrarme pola confusión e ten toda a razón. Perdoade peques, a profe ten unha cabeza que non funciona nada ben.

Os exploradores, xunto cos waters e sínefos, tamén estiveron traballando arreo estes días para rematar con éxito as nosas “pingarotas”, tivemos que facer bólas de papel de periódico, picar mans e pés, pintar as bocas e ollos e por último encher as enormes pingas das bólas do principio. Así foi todo o proceso de elaboración.

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Este venres, como ven sendo cada final de mes, celebramos unha vez máis os aniversarios dos peques de Reboreda. Nesta ocasión os cumpreañeiros foron: Idaira, Alba, Rebeca, David, Dani e Conchi.

Preparamos entre todos iogurt con marmelada de frambuesa e migallas de magdalenas, mmmmmmmm, esta boísimo!!!!

A VISITA DE HUGO AO ACUARIO

Os exploradores cada fin de semana adícanse a percorrer recunchos interesantes da nosa terra galega. Nesta ocasión Hugo viaxou a terras coruñesas para visitar á súa madriña e aproveitou para coñecer cousas do fondo mariño no gran acuario desa cidade. Alí atopou medusas, estrelas de mar, morenas, tiburóns, bancos de peixes,… e como un gran coñecedor das augas mariñas explicounos a tod@s un montón de cousas moi interesantes.

Así de ben falou Hugo e aclarou aos seus compañeir@s todas as dúbidas que tiñan. Deixade de facer o que tedes entre mans e escoitade con atención…

QUE PODEMOS FACER CUN ARCO DA VELLA???

Os exploradores andan liados estes días falando do ciclo da auga, de como sube ás nubes, de como baixa en forma de choiva cando se enfría e de como volve a subir cando o sol a quenta de novo. E de tanto subir e baixar descubrimos moitos fenómenos atmosféricos: a choiva, as tormentas, a néboa, a neve,… e tamén unha cousa fermosísima….. o “Arco da vella”.

Así que a profe trouxo a clase unha gran sorpresa, colocou no chan moitísimos arcos de cores e tamaños diferentes e fixo unha proposta: Que podemos facer con todos estes arcos?.

As respostas non se fixeron esperar, pouco a pouco os exploradores ían pensando cousas que podían facer con eles. Ao principio estabamos un pouco estranos con todos aqueles arcos e facíamos cousas sinxelas pero pouco a pouco fomos perdendo o medo e apareceron cousas moi interesantes ata chegar a descubrir o tan ansiado arco da vella.

Tivemos que explorar moito, manipular moito, crear moitas construcións raras ata que…… por fin!!! Unhas verdadeiras exploradoras atoparon a solución de como facer un arco da vella con todos aqueles materiais. Foi unha gozada gravar este vídeo porque cada día cáeseme a baba cos meus exploradores, son xeniais!!!!

Mirade con atención que non ten desperdicio…

GUILLE E OS SEUS ANIMAIS

O venres, Guille dos Waters tiña unha sorpresa moi especial para todos nos. A súa mamá, o seu papá e a súa avoa viñeron ao cole acompañados por dous años dun mes e unha caixa chea de coellos. Estivemos xogando cos animais, aprendendo cousas deles, ríndonos e, algún que outro, pasando un mal rato porque lles tiña medo.

Despois, vimos un vídeo de Guille, Sergio o seu irmán e Cati a súa irmá con todos os animais que teñen na casa, que son unha chea deles.

Foi estupendo, mirade, mirade.

UNHA CHAMADA SORPRESA PARA LUCAS

Nesta ocasión, fomos nós, os exploradores, os que quixemos darlle unha sorpresa a Lucas.

O venres, despois de vir de visitar a Margarida na biblioteca, a profe decatouse de que Lucas tiña a súa sesión de skype aberta, polo que decidíu darlle unha bonita e inesperada sorpresa.

Mentras os exploradores estaban rematando de merendar, a profe foi chamando a aqueles que xa merendaran e querían falar con Lucas para compartir con él algúns minutiños e o resto dos exploradores seguían as conversas a través da pantalla xigante que temos na parede da clase. Falaron de todo o que se lles ocurría nese momento, dos curmáns pequenos, das mascotas, do que estaban a facer no cole, ata lle recordaron que ese día David cumplía xa 4 anos. Ao principio resultaba raro falar con Lucas deste xeito, a través dunha pantalla de ordenador. Falabamos rápido porque lle queríamos contar moitas cousas e claro como había algo de retardo non nos aclarábamos moito cos turnos de palabra pero aínda así fixémolo moi, moi….. ben.

Mirade que conversas tan divertidas…

BUSCANDO O BOSQUE DOS DRAGÓNS CON LOIS

Cando chega o fin de semana moitos exploradores pasan o seu tempo de lecer, explorando novos territorios. Nesta ocasión Lois viaxou a terras de Lugo coa súa familia e trouxo moitísimas fotos das súas aventuras.

Como xa é todo un experto contador de historias, explicóunos con todo detalle cada unha das instantáneas dun xeito moi profesional.

Queredes ver a este pequeno narrador en acción? Pois clicade neste vídeo e escoitade con atención como o fixo ante todos os pequenos exploradores…

UNHA CHAMADA SORPRESA

Hoxe os exploradores recibiron unha gran sorpresa, estabamos todos entretidos facendo as nosas tarefas e recollendo todo porque ía vir Mariví, a profe de inglés, cando de repente escoitamos un son moi raro que viña do ordenador, semellaba a unha chamada de teléfono, a profe foi rápidamente a ver que pasaba e quedou abraiada cando…… de repente…. apareceu Lucas no outro lado do ordenador dende a súa casa, podía falarnos e vernos nese mesmo momento.

Os exploradores quedaron tan sorprendidos que non sabían que dicir, a profe tampouco non sabía que facer, ata esqueceu coller a cámara, cando se deu conta xa levabamos un bo anaco falando co noso amigo. Foi un deses momentos máxicos que xurden dentro da nosa rutina diaria e que nunca esqueceremos.

Grazas Montse por facer con estes xestos tan bonitos que cada día gocemos máis vindo ao cole!!!!

Así foi esta divertida chamada…

TRABALLANDO COAS TICS DE XEITO COOPERATIVO

Os exploradores tamén comezan a animarse a traballar de xeito cooperativo, aínda que comezamos a dar só pequenos pasiños.

Nesta ocasión subimos a aula de informática para asistir a nosa sesión semanal de traballo coas Tics. Tivemos que agruparnos por parellas e traballar cóbado con cóbado coa nosa parella para conseguir facer máis pantallas de actividades dos libros LIM. Primeiro aprendemos a prender o ordenador, a prender a pantalla, a buscar o “e” de internet, a mover o rato para chegar ata onde queríamos clicar. Ás veces parecía moi complicado porque naquela patalla tan pequena aparecían demasidos símbolos que non coñecíamos pero……….. grazas a axuda do noso compañeir@ de aventura fomos capaces de salvar todos os obstáculos.

Cando os pequenos exploradores foron capaces de chegar ao Lim e poñerse a xogar eles sos foi toda unha explosión de ledicia, era marabilloso ver todas aquelas cariñas alucinadas e cheas de ledicia por conseguir acadar un reto tan complicado, xa que era a primeira vez que subían a aula de informática para traballar por parellas eles sos ante un ordenador.

Non perdades detalle que ahí vos deixamos un pequenos retallos da nosa primeira sesión cooperativa e do manexo das tics.

sábado, 13 de noviembre de 2010

VISITA SEMANAL A BIBLIO DE MARGARIDA

Xa démos comezo as visitas semanais á bibioteca de Margarida. Retrasámonos un pouco porque ata outubro Margarida non tiña preparada a biblioteca, coa nova distribución, cos novos libros,… e logo cada venres nós tiñamos algunha actividade, como: os aniversarios, contacontos, samaín, etc, que retrasaban o noso desembarco na biblio.

Margarida estaba un pouco preocupada porque pensaba que estes grandes letores se esqueceran dela pero non e así, chegaron con moitas gañas de devorar libros cos seus pequenos olliños cheos de ilusións e inquedanzas.

Así foi o noso primeiro día deste curso, con novas rutinas e novas formas de traballar na biblio xa coma todos uns expertos letores. Atentos, atentos…


miércoles, 10 de noviembre de 2010

A NOSA FESTA DO MAGOSTO

Coma todos os anos ao chegar o outono, no cole de Reboreda celebramos un gran magosto. Os maiores traen a leña e os máis cativos da escola puñadiños de castañas picadas para que non estoupen nas brasas.

Durante todo a semana traballamos arreo para preparar a festa: fixemos os nosos cestiños empregando diferentes técnicas plásticas, logo aprendemos unha divertida canción con baile incluído e hoxe, xa que o tempo nos deu unha tregua, xogamos aos esquíos, e logo ao malvado “ogro Manolo”, pero claro despois de tanto xogo, de tantas carreiras, de tanto recoller castañas e de quedar quietos como estatuas, tivemos que ir repoñer forzas e démonos unha gran papada de castañas e rosquillas, mollando a gorxa con zumes e augas variadas.

Así foi este gran día…

martes, 9 de noviembre de 2010

TEMOS UN A-MAIL PARA TI

Hoxe unha das pequenas exploradoras recibíu un e-mail moi importante para ela. Marta (a súa educadora) mandóulle moitas fotos (das vacacións e de como pasa o seu tempo de lecer) dun xeito inesperado. Para ela foi unha gran sorpresa e encantóulle contar a todos os exploradores cada unha delas sen vergoña, non como facía o ano pasado.

Así de entretidas e educativas son os nosos momentos de conversa e de asemblea.

FLOTA OU AFUNDE???

Estes días estivemos a experimentar con diferentes obxectos na auga e descubrimos que había cousas que flotaban e outras que se ían ao fondo.

Se queredes despexar as vosas dúbidas mirade este vídeo e os exploradores axudaranvos a resolvelas.

sábado, 6 de noviembre de 2010

AS AVENTURAS DE LUCÍA

Os exploradores seguen a recibir moitos mails das súas famlias, nesta ocasión foi Lucía C.A. a que recibíu tan grata sorpresa.
Ensinounos moitas das cousas que fai durante a fin de semana, está feita toda unha gran exploradora. E así de ben explícallo aos seus compañeir@s.

Foi unha gran conversa entre todo o grupo, na que se axudaron a resolver algunhas dúbidas que tiñan.

A VISITA INESPERADA DE LUCAS

Este venres foi un día cheo de sorpresas, como a celebración dun aniversarios terroríficos, talleres de medo, obra de títeres cos nenos e nenas da clase do manantil de 4º, pero a sorpresa máis grande foi: A chegada de Lucas. Aínda está recuperándose dunha operación pero non podía perderse este día de festa na escola, así que con moito coidadiño e precaución participou con todos nós na festa do samaín. Os exploradores estaban encantados coa chegada do seu compañeiro, fixéronlle un montón de preguntas e aproveitaron ata o último minuto da súa presencia.

Pero Lucas antes de marchar a descansar deixóunos un montón de chuches por todos os agasallos que lle fixemos mentras estivo no hospital, o noso tenro vídeo e os nosos coloridos debuxos cheos de moito cariño.

Un bico enorme Lucas e recupérate moi pronto que te botamos moitísimo de menos!!!!

ANIVERSARIOS DE OUTUBRO

Hoxe os peques de Reboreda celebramos os aniversarios de outubro, como coincidía coa festa do Samín aproveitamos para facer un menú terrorífico. Preparamos unhas deliciosas arañas con galletas oreo e regalices. Os nen@s pasáronno moi ben facendo as súas arañas e déronse u bo banquete.

FESTA DO SAMAIN

O manantial de 4ºA estivo con nos neste día tan festivo para axudarnos a pasar unha boa festa. Foron uns monitores xeniais e axudáronnos a facer máscaras, a decorar globos, a maquillarnos e a preparar caramelos terroríficos. Despois fixéronnos unha obriña de teatro sobre o samaín e, así entre talleres e teatro celebramos o noso particular samain.

Pasámolo estupendamente. MOITÍSIMAS GRAZAS AOS NENOS DE 4º E A SÚA PROFE LUISA.

ESQUELETES BAILARÍNS

Alguén me pode axudar?

Sabedes onde están os meus exploradores???

Coa chegada do Samaín non sei o que está a ocurrir pero...... despareceron os meus queridos exploradores e a clase enchéuseme duns terroríficos e danzantes esqueletes, que bailan sen parar dende o alba ata o anoitecer, UUUUUUUUUhhhhhhh!!! Que medo!!!

AGASALLO DE MARGARIDA

Hoxe tivemos unha gran sorpresa. Margarida, a mascota da biblio, trouxonos un paquete. A nosa encargada abriuno e... dentro tiñamos unhas mochilas de tela para poder traer os nosos contos os xoves e venres na hora de ler. Fíxonos moita ilusión e, coma todas as bolsas son iguais, puxémoslles o nome para non confundirnos cando traiamos os nosos contos. Tamén é unha maneira de animarnos para traer os contos porque custaunos un pouquiño, ás veces esquecémosnos, temos medo a que nolos rompan, non nos apetece compartilos... Como Margarida sabía destas inquedanzas fixo facernos este agasallo para animarnos a participar máis activamente no Plan de Lectura Silenciosa. Agora so falta facer un bo uso delas.

DÍAS DE MEDO NO COLE DE REBOREDA

Os maoires da escola estes días andan moi atarefados dando formas terroríficas ás súas cabazas de outono para a clase de lingua estranxeira. Mirade que bonita está a súa exposición, daba moitísimo medo.

NÚMEROS ACUÁTICOS

Estes días estivemos traballando coa auga e os números dun xeito moi divertido, no que xuntamos o traballo das matemáticas co descubrimento da auga.

Ahí vai o noso vídeo...

CONTO: CORRE, CORRE CABACIÑA

Estes días coa chegada do "Samaín", imos contar contos de medo, de cabazas, de esqueletes,... polo que vos deixamos un dos contos preferidos dos nosos peques: "Corre, corre cabaciña".

Podedes aproveitar esta presentación para que neste caso sexan eles, os máis cativos da casa, os que vos conten un conto a vós, antes de ir durmir.

APRENDENDO A FACER TRASVASES

Xogando coa auga estamos a descubrir un montón de cousiñas, coma por exemplo: como encher un baúl de auga collendoa dende outro que está preto.

Utilizamos moitos de cacharros que nos enviaron as familias e estivemos a probar cales servían e cales non. Ademáis probamos con cales se enchía antes e con cales tiñamos que empregar máis tempo e máis botes porque eran moi pequenos. Os razoamentos dos meus pequenos exploradores son boííííísimos pero como pasa sempre nestas ocasións............. a cámara quedou sen batería sempre no mellor momento, grrrrr. Pero aínda así ahí van uns exemplos do grandes e de cantas cousas xa saben estes pequenos exploradores da auga.

A CANCIÓN DOS ESQUELETOS

Hoxe, buscando cousas de Samaín, os Exploradores atopamos esta canción que nos gustou moítísimo.

UN AGASALLO MOI EXPLORADOR PARA LUCAS

Os exploradores estiveron estes días liados preparando un bonito agasallo para un dos seus compis, Lucas, xa que leva uns días de reposo tras unha pequena operación.

Mirade que debuxos máis lindos xa son capaces de facer este curso...

UN CONTO ESPECIAL

Onte, os peques de Reboreda tiveron unha oportunidade moi especial, recibiron a visita de Camilo un contacontos diferente, era sordo e empregaba a linguaxe de signos para comunicarse con nós.

Ao principio todos os peques estaban abraiados pero rapidamente foron capaces de seguir o conto con só prestar atención ás mans de Camilo, aínda que cando respostaban esquecíanse de falarlle e miraban cara atrás para darlle as respostas ás intérpretes das súas palabras.

Contóunos dúas lindas historias e logo ao rematar ensinóunos a dicir algunhas sinxelas palabras, como: papá, mamá, árbore, comer, durmir, gato, can,... El tamén quedou moi abraiado ao ver que os nosos peques eran capaces de facelo moi ben e sen esquecerse de ningún dos sinais.

XOGAMOS CO CORPO

A profe Rosa, que xa é toda unha experta en actividades LIM, proponnos un novo xogo LIM para que coñezamos mellor o noso corpo. Clicade na imaxe e, A XOGAR!!!

A DANZA DO ESQUELETE

Hoxe os Exploradores estivemos vendo o blog da profe Susana e atopamos este vídeo coa canción do esquelete que nos encantou.

LA CANCIÓN DEL CASTILLO

Dende fai uns anos, cada vez que se achega o Samaín, os Peques de Reboreda, temos unha canción que nos encanta. E, case, case, un himmo, así que cremos que sería boa idea poder compartila con todos vos. Esperamos que vos guste.

UN CORREO PARA LUCAS

Os exploradores botamos moito de menos a Lucas porque leva varias semanas sen vir ao cole por mor dunha pequena e sinxela operación, polo que tentamos mandarlle un correo cun agasallo moi especial pero como pesaba tanto foi imposible polo que temos que publicalo no blog e sacarlle un gran sorriso cando o vexa. Moitos bicos.... e regresa pronto que te botamos moito de menos (todos os exploradores e a profe Rosa).

MÁIS ACTIVIDADES LIM

A profe Rosa proponnos máis actividades LIM para practicar os números. Animádevos a xogar con esta simpática granxa.

OS EXPLORADORES XA TEÑEN UN LIBRO INTERACTIVO

Levounos un pouco de traballo pero os exploradores xa teñen un libro Lim, é dicir, un libro interactivo.

Agora xa poden xogar con él e lembrar algunha das cousas que traballamos este ano na aula, dun xeito máis atractivo e divertido. Van traballar cos seus nomes e as súas fotografías, terán que relacionar, clasificar nomes e fotos, resolver puzles, buscar a personaxe misteriosa, xogar as parellas,... Na última parte do libro podedes atopar xogos máis complicados nos que terán que escribir o nome do compañeiro ou compañeira, xa que estes están pensados para comezar a facer durante este novo curso, por iso necesitarán da vosa axuda para resolvelos correctamente.
Animádevos a pasar un rato divertido xunto cos vosos peques.

XOGAMOS COA PDI DA AULA DE INFORMÁTICA

O pasado venres os exploradores subiron por primeira vez á aula de informática, neste curso, para aprender a recoñecer os seus nomes e os dos seus amigos e para xogar coas fotos, grazas ao noso libro Lim: "Os exploradores".

Nesta ocasión aproveitamos para recordar os nosos nomes, as súas letras, facer puzzles coas caras, facer clasificacións, relacionar tarxetas seguindo unha orde coñecida,... Pero nas seguintes sesións xa nos agruparemos por parellas para traballar diante do ordenador e comezar a facer cousiñas sinxelas, como: control do rato, comezar a empregar o word para escribir palabras, realizar todos os libros Lim que vos amosamos no noso blog, buscar información a través da internet, preguntando ao señor Google, etc.

Amosamos un pequeno-gran vídeo de como o fixemos e de como entre todos conseguimos acadar un bo resultado coas axudas de todos, non saímos todos porque a profe tiña chea a memoria da cámara con todas as nosas reflexións e xa non tiña máis espazo para recoller os últimos momentos que foron especialmente ricos.

PRIMEIROS CONTACTOS COA AUGA

Na clase dos exploradores comezamos a montar o pequeno recuncho da auga.

O primeiro que tivemos que facer foi encher un gran baúl de auga, polo que tivemos que decidir entre todos como o íamos facer, que deberiamos empregar e con que se enchería antes.

O seguinte paso foi amosar aos seus compañeiros diferentes obxectos que lles mandaron as familias. Estes obxectos servirannos para experimentar coa auga, por exemplo: se flotan ou se afunden, como se fan burbullas, pompas, sons, poderemos facer comparacións de pesos, facer trasvases dun recipiente a outro,etc. Todo servirá para mellorar os nosos coñecementos lóxico-matemáticos, tamén nos servirá para facernos razoar e reflexionar o porqué das cousas, de por que suceden, de como suceden,...

Ahí tedes un resumo de todo o que descubrimos, foi moi difícil facer a selección porque todos fixéronno moi ben, isto é só unha pequena mostra da nosa primeira sesión de manipulación coa auga.

UN NOVO LIBRO LIM: OS ANIMAIS DOMÉSTICOS

Os exploradores e os sínefos estiveron xogando cun novo libro Lim: Os animais domésticos, na nosa PDI caseira.

Foi moi divertido ver como tentaban ler a tarxetas de palabras, como recoñecían os números, ata foi incrible ver como se axudaban entre todos para resolver cada un dos xogos que propuña o libro, aínda que algunhas veces non acertásemos.

Esta é unha nova forma de traballar un montón de competencias lingüísticas, matemáticas, sociais,... dun xeito moi entretido, no que aprendemos case sen darnos conta.

martes, 12 de octubre de 2010

TRABALLANDO COS E-MAILS

Grazas as familias, os exploradores, reciben, case a diario, varios e-mails. É unha fantástica sorpresa para estes pequenos aventureir@s ver que chega a nosa mascota “Popi”, un canciño animado que sae na pantalla do ordenador, cunha carta na boca, avisando que acabamos de recibir un e-mail. Algúns non teñen ordenador na casa, nin internet, pero xunto coa profe fan que ao longo dos días e das semanas todos os exploradores reciban a súa mensaxe.

Esta é unha boa ocasión para falar en público, para traballar a lecto-escritura, para aclarar dúbidas, para relacionarse en gran grupo,… onde a mestra deixa de ser mestra para deixar que eles sexan os seus propios mestres.

Nesta ocasión, os papis de Anxo e a profe argallaron unha idea para que Anxo tamén recibira o seu e-mail. Así foi a súa presentación.

A FERVENZA DO RÍO TOXA

Neste bonito outono podedes saír a pasear polos nosos bosques galegos e atoparedes sendas da auga cunha gran riqueza paisaxística. Como por exemplo, preto do río Toxa.

Podedes atopar gran variedade de árbores, de folla caduca e perenne, cogomelos, plantas típicas dos nosos bosques e pouco a pouco no decorrer do voso paseo chegaredes ata a maxia da fervenza do Toxa, alí podedes gozar dos sons da súa auga, da beleza dos arcos da vella que emerxen entre os xogos de luz e auga. Un paseo de outono sen igual!!!

viernes, 8 de octubre de 2010

A TELE VISITA O NOSO PEQUENO HORTO

Por fin chegou o ansiado día!!!!

A tele visitóunos esta mañá e estivo con nós un ratiño, falámoslle do que facemos no horto, do que plantamos, de como se facía, de como facíamos abono coa composteira.

Algúns quedaron moi caladiños cando tiveron a cámara moi pretiño deles, porque aquela cámara tan grande non era como a das profes e asustaba un chisquiño. Pero iso só foi ao principio logo os maiores perderon a vergoña e falaron sen medo das cousas que sabíamos facer para coidar o noso horto.

Aquí tedes un adianto do que veredes moi pronto na tele, pero non teñades presa porque xa sabedes, esto da tele tardará un pouquiño (pero xa vos avisaremos) e para abrir boca ahí tedes o noso vídeo.

PRIMEIRO DÍA DA LECTURA SILENCIOSA

Hoxe deron comezo os 20 minutos de lectura silenciosa en todo o centro. Os exploradores levaban días preguntando cando chegaría a hora de ler, botaban en falta eses minutiños de lectura silenciosa, onde poden deixar voar a súa imaxinación con só ler ou observar os seus contos ou os contos de Margarida (a mascota da biblioteca do centro).

É sorprendente ver como os peques de Reboreda rapidamente aceptan as normas do momento de ler e nun par de minutos son capaces de estar tanto tempo caladiños. Hoxe aínda estaban un pouco desentrenados, despois do longo verán, pero mirade que ben o fixeron.

miércoles, 6 de octubre de 2010

MARA VISITA O ZOO

Como cada luns, na asemblea, os exploradores contan as súas aventuras durante a fin de semana ante un público moi interesado.

Nesta ocasión Mara contounos que estivo no zoo e relatounos paso a paso todo o que alí atopou. Os animais é un dos temas que máis lles interesa aos exploradores por iso non paraban de facerlle miles de preguntas a nosa nova contadora de historias, que respondeu moi gustosamente e moi profesionalmente a todas as súas dúbidas.

Así transcurríu a nosa asemblea do fin de semana.

TEMOS UNHA HORTA DE OUTONO

Como mañá vai vir a tele para ver o noso pequeno horto estes días tivemos que traballar arreo para ter todo preparado. Aínda non temos moitas cousas porque acaba de comezar o curso. Agora no outono teremos que plantar cousiñas desta temporada, coma: coles, verzas, grelos,…

Primeiro tivemos que quitar todas as malas herbas que medraron durante o verán, logo cavar a terra, darlle un pouco de vitaminas e preparar os plásticos. Logo collemos na nosa composteira materiais para enriquecer a nosa terra e comezamos a traballar duramente cos sachiños e as nosas mans.

Mirade que bonita xa está!!!

martes, 5 de octubre de 2010

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Nesta ocasión os exploradores foron convidades polos waters e vincis para celebrar os aniversarios de setembro. Preparamos xelatina de sabores (cun pouco de trampa, shhhhhhh!!!).

Aos exploradores tocóulles facer xelatina de amorodo con trociños de melocotón. Prepararon a xelatina entre todos e grazas aos vincis engadíronlle trociños de ricos melocotóns. Logo deixáronnas enfriar e… coma por arte de maxia… nuns poucos minutos puideron degustar os ricos doces que prepararon entre todos. Tiñamos xelatina de frambuesa, de piña e tropical con froitas (melocotón ou piña). Unha divertida forma de comer froitas, case coma un xogo!!!

Xa somos todos uns expertos cociñeir@s!!!

Mara visita o zoo durante o fin de semana

Como cada luns, na asemblea, os exploradores contan as súas aventuras durante a fin de semana ante un público moi interesado.

Nesta ocasión Mara contounos que estivo no zoo e relatounos paso a paso todo o que alí atopou. Os animais é un dos temas que máis lles interesa aos exploradores por iso non paraban de facerlle miles de preguntas a nosa nova contadora de historias, que respondeu moi gustosamente e moi profesionalmente a todas as súas dúbidas.

Así transcurríu a nosa asemblea do fin de semana.

jueves, 30 de septiembre de 2010

UN NOVO LIBRO LIM: OS ANIMAIS DOMÉSTICOS

Os exploradores e os sínefos estiveron xogando cun novo libro Lim: Os animais domésticos, na nosa PDI caseira.

Foi moi divertido ver como tentaban ler a tarxetas de palabras, como recoñecían os números, ata foi incrible ver como se axudaban entre todos para resolver cada un dos xogos que propuña o libro, aínda que algunhas veces non acertásemos.

Esta é unha nova forma de traballar un montón de competencias lingüísticas, matemáticas, sociais,… dun xeito moi entretido, no que aprendemos case sen darnos conta.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

UNHA PDI DE ANDAR POR CASA

Os exploradores teñen un libro LIM, é dicir, un libro interactivo que lles serve para xogar coas palabras, cos números, facer xogos de memoria, de atención,… neste caso o LIM está feito coas súas caras e os seus nomes.

Nesta ocasión tentamos xogar con el en gran grupo e como non temos PDI na aula, e para ir a aula de infórmatica é un pouco complicado porque só podemos un ratiño para deixar que todos os grupos poidan ir a ela, así que a profe Rosa (fixo un pouquiño de trampa) e creou na nosa aula un PDI (pantalla dixital) de andar por casa, jajajaja.

Queredes ver o resultado?? A cara de asombro dos pequenos exploradores e os resultados foron iguais que con unha pantalla de verdade, xa que eles crían que eran eles os que movían as tarxetas da pantalla con facer xirar o seu dedo por esta pantalla tan particular. Mirade con atención este vídeo, non ten desperdicio.

UN CARTEL DE ASISTENCIA MOI MARIÑO

Seguindo co proxecto da auga, e como na clase dos exploradores xa temos un gran acuario só nos faltaba un novo cartel para unha das rutinas de cada día, o cartel do control de asistencia.

Neste caso fixemos un fondo mariño cheo de peixiños, cangrexos, cabaliños de mar, estrelas mariñas, polbos,… Cada día o encargado deberá repartir as tarxetas cos nomes dos seus compañeiros (e este ano todavía é máis difícil porque agora os carteis só teñen o nome, agora xa non temos a axuda das fotos), así aproveitamos para facer un achegamento a lecto-escritura, tentando descubrir o nome que hai en cada tarxeta. Ao rematar de repartir os nomes facemos un reconto de cantos hai ese día na clase e cantos están na casa, así aproveitamos para traballar un pouco conceptos matemáticos.

Aos exploradores gustóulles moito este novo cartel de asistencia, xa que cada día, cando coloquen a súa tarxeta no fondo do mar, poderán elexir un animal mariño diferente.

domingo, 19 de septiembre de 2010

O NOSO ACUARIO

Coma este ano o noso proxecto educativo é: "Pinga a pinga", os papis de Lucas quixéronnos sorprender cun agasallo espectacular. Mentres estabamos no recreo entraron na nosa aula e case como por arte de maxia colocaron un enorme acuario dentro dela. Así cando regresamos do recreo, todos os peques visitaron a aula dos exploradores para descubrir aquela gran sorpresa que os agardaba.

Montse e Tito trouxeronnos un acuario de auga quente con peixes tropicais. Os sínefos estaban encantados porque había algúns do río Amazonas e outros bastante raros.

Montse, coma unha gran mestra, explicóunos moitísimas cousas dos peixes, dos seus coidados, da súa alimentación,..., e respondeu, con moita paciencia, todas as preguntas destes grandes investigadores.

Así é o noso acuario...

DE QUE COR É A AUGA?

Onte case sen darnos conta, mentras contabamos un conto que nos trouxo Aitana, chamado: "A historia dunha pinga de choiva" comezamos a traballar o noso proxecto "Pinga a pinga".

Ao final non rematamos de contar o conto porque comezamos a facernos tantas preguntas que se non esqueceu coñecer o final da historia, ata a profe Rosa estaba tan abraiada cos nosos comentarios que non quixo romper a maxia dese momento indo a buscar a cámara de vídeo para grabar todo o que dicíamos, soamente ao final cando comezamos a investigar foi capaz de facernos unhas fotografías.

Entre todos descubrimos que a auga está: nos ríos, nos mares, na choiva, debaixo da terra. Pero o que máis nos chamou a atención era saber como a auga podía estar nas nubes. Entón Paula dixo: As nubes brancas son de algodón e as grises son as de pingas de auga, porque cando elas chegan ponse a chover. E pensando... pensando, fixemos unha pregunta nova, se as nubes son grises, de que cor son as pingas de choiva? Uns dicían que son brancas, outros que son azuis, outros que son grises.... e despois de moito reflexionar Mara, contestou: "as pingas de choiva son de cor cristal" e Antía toda abraida dixo: "isto é moi raro!!!" E como é esa cor?.......... Pois despois de pensar e pensar, chegamos a conclusión que a cor cristal e unha cor transparente, nin branca, nin azul, nin gris. Eso quere dicir, que a auga non ter cor, e se queremos que teña cor deberemos botarlle algunha sustancia colorada, coma por exemplo: papeis "pinocho" de cores variadas. Así foi coma nos tinguimos a auga.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

UN DÍA NA CLASE DOS EXPLORADORES

A profe Rosa está encantada cos seus exploradores. O ano pasado xa facían cousas fantásticas pero este ano vai ser xenial.

Nestes primeiros días temos un pouquiño máis de liberdade e, por exemplo, cando xogamos nos recunchos podemos ir ao que queiramos pero eso si...... debemos seguir as normas de cada recuncho e compartir xogos cos nosos compañeiros. E a verdade............... facémolo xenial!!!! Compartimos xoguetes, axudamos a un compañeiro cando ten algunha dificultade, buscamos solucións entre todos a algún problema que xurdíu, unimos forzas á hora de recoller e deixar cada cousiña no seu lugar. Neses intres a clase está dividida en 5 recunchiños de traballo de grupo moi ben organizados. Queredes ver como o fan??? Pois moi atentos que ahí vai un pequeniño agasallo.

O NOSO PRIMEIRO DÍA

Os exploradores xa levaban días esperando a volta á escola. Tiñan moitas ganas de voltar para ver aos seus amigos, para voltar a xogar nos recunchos, para inventar divertidas historias no patio e para compartir ricas merendas.

Tantas ganas tiñan de estar de volta........ que non podían parar de falar de todo o que fixeran nestas semanas de vacacións. E como se non houbese pasado o tempo, rapidamente acostumáronse ao ritmo e rutinas da escola.

Así foi o noso primeiro día...

sábado, 28 de agosto de 2010

CONTO PARA OS PRIMEIROS DÍAS DO CURSO

Seguimos preparando con ilusión os primeiros días, dos novos aventureiros, na escola de Reboreda. Nesta ocasión preparamos un pequeno e sinxelo conto para que antes de chegar ao cole as familias e os máis peques poidan falar da tan desexada entrada na escola dos maiores.

lunes, 23 de agosto de 2010

Chimpún: Canción do corpo

Ao longo do curso, os exploradores, estiveron aprendendo moitas cancións, algunhas delas xa volas ensinamos a través de divertidos vídeos para que as poiderades bailar con nós, agora deixámosvos a presentación dunha delas coa letra da canción que se chama “Chimpún” para que a poidades cantar xunto cos vosos peques antes de ir durmir.

Trata das partes do corpo e das diferentes accións que podemos facer con elas. Tocaremos a cabeza, os pés, a cintura, saltaremos para adiante e para atrás, coa pata coxa, sentaremos no chan e ata nós estarricaremos.

Pouco a pouco iremos deixando todas as letras das cancións para que na casa tamén as poidades cantar cada vez que os peques queiran cantar con vós.

Se queredes escoitar a melodía só tedes que buscar no blog, na categoría de cancións, e alí atoparedes os vídeos destes pequenos cantores.


O meu primeiro día de escola

Xa falta pouco para comezar o curso polo que deixamos eiquí unha serie de recomendacións ás familias. así podedes ir preparando con tempo a incorporación dos vosos peques ao noso centro.


jueves, 12 de agosto de 2010

Así Prepararemos O PeríOdo De AdaptacióN

Falta pouco para dar a benvida aos novos peques de Reboreda, polo que temos que comezar a preparar a súa entrada no cole.

O período de adaptación nalgúns casos é longo e traumático, polo que aquí deixámosvos algunhas pequenas recomendacións que podedes seguir para facer que a súa incorporación na escola sexa o máis agradable posible.

lunes, 9 de agosto de 2010

DITOS PARA FACER SORTEOS E PARA ESCOLLER

Seguimos lembrando todos aqueles xogos de fai moitos anos, que van pasando de pais a fillos e xa forman parte da nosa cultura tradicional e do noso floclore popular.

Nesta ocasión imos lembrar algúns dos ditos que se recitaban cando se facían os sorteos antes de comezar os xogos. Estes sorteos servían para escoller aos membros do noso equipo; para escoller a man que ten un obxecto agochado;…

Ahí deixámosvos algúns deses ditos para que os empreguedes nos xogos cos vosos cativ@s; algúns son verdadeiramente divertidos!!!

martes, 3 de agosto de 2010

VIAXE POLA CHINA

Os exploradores este curso, durante o seu proxecto de interculturalidade: Viaxando por un mundo de cores, ao igual cos Vincis viaxaron pola China e descubriron moitísimas cousas, coma por exemplo: Comidas chinesas, costumes, formas de entreterse nos momentos de lecer, a súa escritura, formas de relaxación, etc.

Ahí vos deixamos unha presentación con todas as cousiñas que fixemos neste longo curso, para refrescarvos a memoria.


Ditos e xogos con obxectos

Nestes días de verán podemos aproveitar para xogar coa pelota, coa corda, coa goma,… polo que aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgúns ditos e cantigas tradicionais que acompañan e acompañaron aos nosos xogos dende pequenos.

lunes, 26 de julio de 2010

ADIVIÑAS

Neste curso estivemos elaborando un divertido power-point, co que xogabamos case todas as mañás a resolver todas aquelas adiviñas que nos enviaban as familias a través dos correos electrónicos ou a través do correo ordinario.

Era moi divertido ver coma todos participaban e se axudaban neste sinxelo xogo. Os que traían as adiviñas novas axudaban aos compañeir@s dando pista para que todos acertasen.

Cada día o xogo semellaba novo e diferente porque a profe Rosa cambiaba de orde as adiviñas e engadía as novas polo medio para que todo fose un pouco máis complicado, pero aínda así............ non era capaz de enganarnos. Primeiro tentamos ler entre todos a adiviña e logo buscamos posibles solucións. Esta presentación non é como a que nós utilizamos na clase (xa que eles non podían ver as solucións, coma neste caso) pero podemos usala igual para xogar todos xuntos en familia.

Se queredes pasar un bo rato na casa xogando ás adiviñas aquí vos deixamos o noso xogo para participedes con nós.



Ritos E Xogos Para Os Primeiros Anos

Nestes días de vacacións podemos recordar ditos e xogos populares de tradición popular, tanto galegos coma casteláns. Son pequenos recordos moi coñecidos por todos, que van pasando de xeracións en xeracións, cos que podemos xogar coas mans, cos dedos, coas partes da cara,…

martes, 29 de junio de 2010

UN ANO CHEO DE MAXIA NA CLASE DOS EXPLORADORES

Como case sen darnos conta o curso 2009-2010 xa chegou ao seu fin. Aínda recordo con morriña aqueles primeiros días nos que houbo risas e algúns choros por ter que chegar a un lugar descoñecido, sen estar preto de papi e de mami, pero case como por arte de maxia os meus pequenos exploradores foron medrando a pasos axigantados. Xuntos descubrimos moitas cousas da China, coma por exemplo que alí para relaxarse faise taichí, que teñen uns templos e construccións chamadas pagodas, que a lenda conta que xa fai moitos anos na China existían 4 dragóns bos que axudaban aos campesinos chineses, que os osos panda comen bambú e por culpa da man do home agora están en perigo de extinción,...

Tamén celebramos por primeira vez en Reboreda moitas das celebracións da escola, como: O magosto, o samaín, o Nadal, o día da paz, o entroido, a semana das letras galegas, o día do libro.

E mes a mes fomos medrando e celebrando os nosos aniversarios nun divertido taller de cociña, onde dábamoslle forma as sorprendentes e sinxelas receitas que elaborabamos con iogur, natillas, froita, chocolate, nata, etc. Así foi como durante estes meses fomos cambiando e como fomos deixando a nosa pegada na escola de Reboreda.

Moitos bicos exploradores!!! Grazas por ensinarme cada día tantas cousas lindas e cousas tan importantes coma o significado dun sorriso de orella a orella, dun bico de chocolate, ou dun deses abrazos múltiples que me quitaban o aire. Grazas e mil grazas pola vosa inocencia!!! Bo verán!!!

Ahí vai un pequeno agasallo dalgúns deses momentos...

sábado, 26 de junio de 2010

FESTA DA AUGA

Hoxe celebramos unha festa moi especial, trouxo os traxes da baño e FESTA DA AUGA.
Foi xenial, tivemos que poñer a roupa de baño e as zapatillas e ao patio. Unha vez alí, María José, a mamá de David dos Vincis deixounos un chafarís para conectar a mangueira, tamén puxemos un tendal cheo de globos de auga e, aínda que somos pacifistas tiñamos pistolas de auga. O obxectivo: mollarse para contrarrestar o calor. Fai varios anos que queriamos facer esta festa pero o clima non nos acompañaba, nembargantes, este ano todo foi xenial.
Os nen@s pasáronno de vicio e os mestres igual ou aínda mellor que os nen@s.
De vez en cando está xenial romper as barreiras da escola e facer pequenas falcatruadas que nos unen, achégannos e fannos disfrutar a todo.
BO VERÁN A TODOS.
POR CERTO HAI POUCOS FOTOS PORQUE ESTIVEMOS MOLLÁNDONOS, QUE É DO QUE SE TRATABA.

OS ÚLTIMOS ANIVERSARIOS DOS EXPLORADORES

O último día do curso, para rematar, tivemos os aniversarios de xullo e agosto. Na clase dos exploradores tivemos 7 cumpleañeiros: Antía, Carla, Iván, Lucía C.C., Lois, Uxía e Antón.

E, como era a última festa do ano, celebrámola dun xeito moi especial. Nesta ocasión poidemos probar diferentes lambetadas (todo aquilo que lles gusta aos máis pekes da casa e aos non tan pekes), como: patatiñas, gusanitos, gominolas, refrescos, etc. e logo, ao rematar poidemos xogar no patio xa que nesta ocasión celebrámola ao aire libre. Mentras uns xogaban outros seguían degustando tan ricos manxares.

"LUME" DO GRUPO DE TEATRO BABALUVA

Nun bosque onde vivían moitos animais algo pasou que fixo ladrar ao can... Unha lapa chegou con ganas de facer lume e fume. O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou a araña. A araña viu ao ourizo, o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta, voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como axudándose uns aos outros prepararon un plan para apagar o lume.

Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental dirixida a nen@s de 2 a 8 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.

Escoitade con atención todos os comentarios dos nosos peques que podemos descubrir observando e escoitando este vídeo.

A BANDA INFANTIL DE REDONDELA

O luns, tivemos a oportunidade de asistir a un gran concerto da banda infantil dos peques de Redondela, contáronnos unha historia moi especial, de fadas, meigas e moitos, moitos instrumentos.

Os nosos pequenos estaban tan abraiados que nin sequera pestenexaban. Poidemos escoitar anaquiños de melodías demúsica clásica, dos debuxos animados, como a Pantera Rosa, Os Simpsons,... A pena foi que cando comezaba o máis interesante a cámara da profe deixou de traballar porque xa tiña a memoria chea con tanta información, pero...... aínda así mereceu a pena grabar este anaquiño....

sábado, 12 de junio de 2010

UNHA SAÍDA SEN IGUAL, INDIANA BILL

A última saída do curso é a máis esperada de todo o ano, xa que xogar en Indiana Bill non ten comparación.

Os pequenos exploradores non tiñan nin idea do que alí se ían atopar, ao principio xa quedaron asombrados coa cabeza do dinosaurio e logo cando chegamos ás piscinas de bólas entraron nas máis sinxelas con colchonetas, balancíns e pequenos tobogáns, nin se deran conta de que había moitos máis lugares onde xogar, trepar, balancearse, facer equilibrios,... pero unha vez que os descubriron xa non querían saír nin para merendar. Xogaron tanto, tanto, taaaanto, que algúns deles sudaban moitísimo e semellaban que acababan de saír da ducha.

Se aos exploradores queredes ver gozar, neste vídeo teredes que pinchar.........

AGASALLOS ASTURIANOS

Os nenos e nenas do cole de Villapendi (Asturias) fixéronnos uns agasallos moi doces e especiais, unhas piruletas de cores para lucir nas nosas chaquetas.

As súas profes, Tere e Susana, foron as encargadas de entregarllas a todos os peques, xa que estes días estiveron polo cole visitando as nosas instalacións e poñendo o remate final a un longo traballo de dous anos do proxecto "agrupacións escolares" en colaboración tamén con León e Tarragona.

Así de chulos e contentos lucimos as nosas piruletas asturianas...

sábado, 5 de junio de 2010

O AGASALLO DA ONG "MENIÑOS"

Este curso estivemos a colaborar coa ONG "Meniños", nun proxecto chamado facendo familias, cos que deseñamos unha serie de actividades a desenvolver cóbado con cóbado coas familias. E como remate final, hoxe chegounos ao cole un pequeno agasallo coa súa mascota, unha nena chamada Milu.

Milu ten un montón de xogos interactivos na súa páxina: www.mundodemilu.org cos que podemos xogar e se queredes saber máis cousas desta ONG podedes entrar na súa páxina: www.meninos.org

Dentro de pouco participaremos con eles coa nosa presentación de traballos que logo publicarán nunha revista especial.

Así é Milu.....

TEMOS UNHA PENLA NO COLE DE REBOREDA

Paula, dos exploradores, leva días contándonos que ia bailar na festa da Coca, practicando e ensinándonos os seus movementos.

A profe Rosa anda toda enleada estudiando para os exames de italiano da escola de idiomas e como non podía vir a Redondela pediume que gravase a nosa penliña para vela e compartir con todos vos o ben que o fai. A gravación está un pouco lonxe porque xa sabedes que hoxe é un día con moita xente pero podedes apreciar o xeito que lle da Paula, o ben que se move e a alegría contaxíosa que desprende.

MOI BEN PAULA.

UN CROISANT XIGANTE

Hoxe a profe Ángeles para celebrar o seu aniversario connosco trouxonos un croisant xigante que fan nunha panadaría de Porriño. Démonos un banquete porque estaba boísimo
MOITÍSIMAS GRAZAS PROFE ÁNGELES.

É A HORA DOS RECUNCHOS

Ao longo do curso, durante a xornada de cada día tíñamos un tempo adicado ao xogo nos recunchos. Era o momento do día máis esperado polos exploradores. Moi pronto todos comprenderon as regras do xogo, durante a semana iríamos pasando por cada un dos recunchos, sen repetir ningún, así cambiabamos de actividade e de compañeiros de xogo. Un día íamos ao do arte, outro día disfrazabamonos no da perruquería, outro día adicabamonos a facer construccións ou a xogar na casiña. Unha vez escollido o recuncho non podíamos cambiar de actividade e compartíamos cos nosos compañeiros miles e novas aventuras. Ao principio costounos un pouquiño aceptar as normas pero agora.... facémolo moi ben. Mirade, mirade!!!

ANIVERSARIOS DE MAIO E XUÑO

Como xa se achegan as vacacións e aínda temos tantos cumpleañeiros sen celebrar o seu aniversario, esta vez celebramos os aniversarios de maio e xuño todos xuntos. Alba, Lucía C.A., Paula e Vanesa cumplían 4 anos; Rosi, David, Lucas C., e Lucía cumplían 5 anos e por último, Ignacio e Mar, cumplían 6 anos.

Nesta ocasión tivemos que preparar amorodos con iogur e galletas ao rematar. Os chamáns, como son os maiores eran os encargados de cortar os amorodos en cachiños moi pequeniños, e os vincis, os sínefos e os exploradores eran os encargados de botar os iogures nos recipientes, logo misturalos ben co azucre e ao final engadirlle os amorodos picados. Algúns non podían evitar a tentación de probar aquela mistura tan deliciosa e en máis dunha ocasión metían o dedo para probar un chisquiño daquela merenda tan sabrosa, jajajaja. Non quedou nin gota!!!

ÚLTIMO DÍA DA LECTURA SILENCIOSA

Vai comezar o mes de xuño e Margarida, a mascota de biblio, ten que organizar todos os libros, colocalos, reparar os estropeados... Así que un ano máis rematamos o servizo de préstamo para casa e, tamén, o programa de lectura silenciosa.
Para rematar o venres subimos ao patio dos maiores e limos ao sol.
Foi xenial ver como os nen@s, de xeito natural íanse colocando tumbados na herba e disfrutaban pasando as follas dos libros, compartindo imaxes e lendo ao seu xeito.
Unha vez máis, os nosos peques portáronse xenial e entenderon a perfección que tiñamso que estar en silencio igual que na clase.
NORABOA A PROFE AMPARO POR ESTA PROPOSTA TAN FERMOSA.

sábado, 22 de mayo de 2010

XOGOS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Coma todos os anos, co gallo das letras galegas celebramos na escola moitas actividades, pero a máis esperada de todas polo alumnado é “o día dos xogos”. Unha boa ocasión para recordar algúns dos xogos tradicionais galegos, coma por exemplo: a chave, as cartas, os aros, a pesca da botella, o baile da vasoira, o baile da pataca, o xogo das sillas,…

Para os exploradores e os sínefos era a súa primeira vez e fixéronno moi ben. Particiaron, xogaron e bailaron sen perder o compás e sen esquecer coller os tickets ao rematar para logo canxear por un magnífico agasallo, que elixixieron eles mesmos. Mirade como participaron e que ben o fixeron…



SEMANA DAS LETRAS GALEGAS EN REBOREDA

Toda esta semana no cole estamos a celebrar as Letras Galegas con diferentes actividades: O martes, colocación de bandeiras e canto do himno galego no patio da entrada, o mércores concerto didáctico: “Interculturalidade na música popular galega” e como remate final este venres terá lugar o día máis esperado do ano: O día dos xogos.

O concerto didáctico foi unha gran actividade, na que os alumnos de 5º curso nos amosaban particulariedades de varios instrumentos e nos contaban un pouquiño da súa historia e de como chegaron a Galicia. Os peques de reboreda estaban abraiados e super-atentos, xa que unha das cousas que máis lles gusta é a música, queredes ver anaquiños do concerto e as facianas dos peques, pois ahí vai….

lunes, 10 de mayo de 2010

TRABALLAMOS OS ALIMENTOS




NO SEGUNDO TRIMESTRE UN DOS TEMAS QUE TRABALLAMOS FOI O DOS ALIMENTOS , AQUÍ VOS DEIXO ALGUNHAS ACTIVIDADES QUE FIXEMOS, ADEMAIS DE TRABALLAR CON ACTIVIDADES PARA A PDI, QUE ATOPAMOS NA PÁXINA DE MARIFE.WORDPRESS.COM












BRILAT













NO PASADO MES DE ABRIL O CRA ORGANIZOU UNHA VISITA A BASE MILITAR DA BRILAT, EN FIGUEIRIDO.
OS MILITARES RECIB�RONNOS COA BANDA DE M�SICA, TOCARONLLE O CUMPREANOS FELIZ A UNHA DAS NENAS ,QUE ESTABA DE CUMPLE, PREPARARONNOS UN CIRCUITO PARA QUE COMPROB�SEMOS COMO SE PREPARAN FISICAMENTE, PRESENT�RONNOS UN CAN ADIESTRADO , ENSINARONNOS ALG�NS DOS VEH�CULOS QUE LEVAN AS S�AS MISI�NS E POR �LTIMO INVITARONNOS A MERENDAR UNS BOLI�OS QUE FAN NA S�A PROPIA PANIFICADORA.









FOI UNHA VISITA MOI INSTRUCTIVA QUE NOS SORPRENDEU GRATAMENTE A TODAS AS MESTRAS QUE ACOMPA�AMOS AOS NENOS/AS.

























O CRA DE VILABOA ORGANIZOU UNHA SAÍDA A GRANXA DE APÍPOLIS .
OS NENOS E NENAS VESTÍRONSE CO TRAXE DE APICULTOR E OBSERVARON ÁS ABELLAS NO SEU HABITAT, FIXERON GALLETAS E PERCORRERON A GRANXA COÑECENDO TODAS AS CARACTERÍSTICAS E PECULIARIDADES DAS ABELLAS

sábado, 8 de mayo de 2010

SE QUERES DIVERTIRTE...

Os exploradores son uns amantes da música e da danza, e xa coñecen un montón de cancións. O que máis lles gusta e sentilas a través do movemento e da expresión corporal, xa que son uns expertos bailaríns. Queredes observalos por un buratiño, pois atentos que comeza o baile!!!

TEMOS UNHA NOVA PLANTA NO HORTO

A actividade no horto sempre é unha das máis importantes e gratificantes para os peques, están tan ilusionados co traballo que alí levan a cabo que cando chegan a casa transmítenlle esa ilusión ás familias, así que, a semana pasada cando a avoa de Paula foi ao mercado acordouse do horto dos peques de Reboreda e quiso contribuír cun pequeno agasallo, é unha planta moi bonita que Paula xa bautizou como "Exploradora", por que será? Jajajajajaja. Pouco a pouco o noso horto estase a convertir na envexa de todos os veciños da aldea. Noraboa pequenos agricultores!!!