O pasado venres os exploradores subiron por primeira vez á aula de informática, neste curso, para aprender a recoñecer os seus nomes e os dos seus amigos e para xogar coas fotos, grazas ao noso libro Lim: "Os exploradores".
Nesta ocasión aproveitamos para recordar os nosos nomes, as súas letras, facer puzzles coas caras, facer clasificacións, relacionar tarxetas seguindo unha orde coñecida,... Pero nas seguintes sesións xa nos agruparemos por parellas para traballar diante do ordenador e comezar a facer cousiñas sinxelas, como: control do rato, comezar a empregar o word para escribir palabras, realizar todos os libros Lim que vos amosamos no noso blog, buscar información a través da internet, preguntando ao señor Google, etc.
Amosamos un pequeno-gran vídeo de como o fixemos e de como entre todos conseguimos acadar un bo resultado coas axudas de todos, non saímos todos porque a profe tiña chea a memoria da cámara con todas as nosas reflexións e xa non tiña máis espazo para recoller os últimos momentos que foron especialmente ricos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario