Mostrando entradas con la etiqueta RECURSOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RECURSOS. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de julio de 2011

As nosas fichas do noso proxecto anual: "Pinga a pinga"

Aquí vos deixamos algúns materiais de lecto-escritura e lóxica-matemática que elaboramos durante este curso arredor do noso poxecto da auga.





domingo, 16 de enero de 2011

QUE AGASALLOS NOS DEIXARON OS REIS MAGOS?

O luns cando chegamos a clase estabamos tan contentos que non podíamos deixar de falar das cousas que fixemos nas vacacións, especialmente queríamos contarlles a tod@s os agasallos que nos deixaron Papá Noel e os Reis Magos. Unha morea de cousas!!!

Algúns non lles chegaban as palabras para contar en cinco minutos os agasallos tan bonitos que recibiron, outros non recordaban ben os seus nomes e outros tiñan tanta vergoña que case quedaron sen palabras. Pero descubrimos que deixaron unha morea de cousiñas, como: ordenadores de Hello Kitty, maquillaxes, bonecas, coches de Rayo, patíns, “Bakuban”, pistas de automovilismo, … e un sin fin de cousas con nomes moi, moi raros.

Aquí vos deixamos dous vídeos con todo o que contaron os exploradores o seu primeiro día de clase despois das vacacións e as sonrisas máis lindas da inocencia.



sábado, 8 de enero de 2011

PORTADAS DE NADAL

Os exploradores andiveron preparando, estes días antes de rematar o primeiro trimestre, as portadas dos seus traballos ao longo de varias sesións. Tiveron que deixar voar a súa imaxinación e representar as cousas de Nadal que máis lles gustan, como por exemplo: bonecos de neve, árbores de Nadal, agasallos,… para elo empregaron diferentes técnicas plásticas que daban forma e cor as súas pequenas creacións, como: o collage, o recortado, o debuxo, o rasgado,…

Estes foron os resultados e tamén vos deixamos unha mostra de todo o proceso de elaboración e creación de tan lindas obras de arte. Noraboa!!!

FACEMOS AS RUTINAS EMPREGANDO AS TICS

Xa levamos algunhas semanas facendo as rutinas da mañá utilizando a nosa pseudo-pdi, pero este mes a profe déulle unha nova forma e deseñou unhas páxinas novas para: os recunchos, a data, o clima do día, o reconto dos compañeiros, elexir o encargado…

Como xa sabedes cada mañá, despois de colocar o mandilón sentámonos na asemblea para facer as rutinas de cada día, nelas traballamos a lecto-escritura, as matemáticas, relacionámosnos co grupo, melloramos a nosa linguaxe oral, perdemos a timidez,… unha chea de actividades moi educativas. Pero agora aínda queremos avanzar un pasiño máis. Estamos a utilizar conxuntamente os nosos carteis tradicionais (os de toda a vida, como son: dos recunchos, da data, do reconto) co emprego das novas tecnoloxías (o portátil, o retroproxector e a nosa pseudo-pdi, a nosa pantalla dixital interactiva) resultando así unha actividade altamente atractiva, na que todos participan axudando ao encargado do día sendo tamén, deste xeito, máis doado prestar atención.

Queredes ver como facemos as rutinas, pois….. atentos, atentos, que comeza a asemblea!!!!



E aquí nesta presentación deixámosvos un resumo das actividades que facemos…

Check out this SlideShare Presentation:

KEVIN FÁLANOS DA SÚA FAMILIA

Coma todas as semanas, algún dos exploradores recibe un e-mail moi especial. Nesta ocasión Kevin foi sorprendido cunhas fotos moi persoais.

Kevin non podía crer que o nome da pantalla era o del, a cara iluminóuselle cando puido comprobar que era certo, aquelas eran as súas fotos. Ensinounos quen era Michael, Santi e Isa, ata quen era Toby e Daisy. Ninguén o podía crer….. Kevin falaba polos cóbados cun gran sorriso de orella a orella, contounos con moito detalle cada unha das fotografías e explicou como todo un profesional todas as dúbidas que xurdían no medio da conversa co resto dos exploradores.

Estes son os momentos que me dan pulos para seguir día a día traballando con estes cativ@s, son pequenos momentos que ninguén máis pode compartir comigo por iso quero que vos sexades espectadores de primeira do clima tan acolledor e especial que se crea na aula nestas conversas, parece incrible porque son moi pequenos pero a verdade que día a día se superan máis e máis e …….. regálanme cousiñas tan lindas coma estas.

Un bico enorme para tod@s os meus exploradores e para estas familias tan entregadas que comparten comigo tantas ilusións e alegrías.

lunes, 6 de diciembre de 2010

A POSTAL DE NADAL

Este ano tócalle aos peques de Reboreda facer a postal de Nadal para felicitar as festas a tod@s.

Os peques tiñan que facer unha e logo un serio xurado debería elexir de entre todas, a mellor, pero as profes deseñaron un sistema mellor. En cada unha das clases todo o grupo faría en conxunto unha empregando diferentes técnicas e recursos plásticos, é dicir, uns farían o fondo, outros pegarían papeliños de cores, outros bólas de papel, outros estamparían, outros picarían, outros recortarían,… así entre tod@s daríamos forma a nosa postal e logo coa axuda da profe Vero (que é a experta en novas tecnoloxías, jajajajaja) faríamos unha montaxe coas catro postais, e este é o resultado final… Esperamos que vos guste tanto coma a tod@s nós…



E así os exploradores deron forma ás súas bólas de Nadal…

FACEMOS PINGAROTAS PARA OS CORREDORES

Estes días estivemos picando ollos, mans e pés pero non sabiamos para que eran. Despois chegaron uns debuxos enormes de Pingarota e todo comezou a ter sentido. Deunos un pouco de traballo pero deixamos os corredores preciosos.

Antes de nada teño que recoñecer que teño un lío coas Pingarotas e as Pingotas que non me dou. Estas últimas son as do CRA de Teo pero eu non paro de conviarlle o nome as nosas, así que preparei un fondo para subir as fotos, colgueino na rede e acabo de darme conta que aparece escrito Pingotas. En fin, a profe Rosa non para de berrarme pola confusión e ten toda a razón. Perdoade peques, a profe ten unha cabeza que non funciona nada ben.

Os exploradores, xunto cos waters e sínefos, tamén estiveron traballando arreo estes días para rematar con éxito as nosas “pingarotas”, tivemos que facer bólas de papel de periódico, picar mans e pés, pintar as bocas e ollos e por último encher as enormes pingas das bólas do principio. Así foi todo o proceso de elaboración.

A VISITA DE HUGO AO ACUARIO

Os exploradores cada fin de semana adícanse a percorrer recunchos interesantes da nosa terra galega. Nesta ocasión Hugo viaxou a terras coruñesas para visitar á súa madriña e aproveitou para coñecer cousas do fondo mariño no gran acuario desa cidade. Alí atopou medusas, estrelas de mar, morenas, tiburóns, bancos de peixes,… e como un gran coñecedor das augas mariñas explicounos a tod@s un montón de cousas moi interesantes.

Así de ben falou Hugo e aclarou aos seus compañeir@s todas as dúbidas que tiñan. Deixade de facer o que tedes entre mans e escoitade con atención…

QUE PODEMOS FACER CUN ARCO DA VELLA???

Os exploradores andan liados estes días falando do ciclo da auga, de como sube ás nubes, de como baixa en forma de choiva cando se enfría e de como volve a subir cando o sol a quenta de novo. E de tanto subir e baixar descubrimos moitos fenómenos atmosféricos: a choiva, as tormentas, a néboa, a neve,… e tamén unha cousa fermosísima….. o “Arco da vella”.

Así que a profe trouxo a clase unha gran sorpresa, colocou no chan moitísimos arcos de cores e tamaños diferentes e fixo unha proposta: Que podemos facer con todos estes arcos?.

As respostas non se fixeron esperar, pouco a pouco os exploradores ían pensando cousas que podían facer con eles. Ao principio estabamos un pouco estranos con todos aqueles arcos e facíamos cousas sinxelas pero pouco a pouco fomos perdendo o medo e apareceron cousas moi interesantes ata chegar a descubrir o tan ansiado arco da vella.

Tivemos que explorar moito, manipular moito, crear moitas construcións raras ata que…… por fin!!! Unhas verdadeiras exploradoras atoparon a solución de como facer un arco da vella con todos aqueles materiais. Foi unha gozada gravar este vídeo porque cada día cáeseme a baba cos meus exploradores, son xeniais!!!!

Mirade con atención que non ten desperdicio…

GUILLE E OS SEUS ANIMAIS

O venres, Guille dos Waters tiña unha sorpresa moi especial para todos nos. A súa mamá, o seu papá e a súa avoa viñeron ao cole acompañados por dous años dun mes e unha caixa chea de coellos. Estivemos xogando cos animais, aprendendo cousas deles, ríndonos e, algún que outro, pasando un mal rato porque lles tiña medo.

Despois, vimos un vídeo de Guille, Sergio o seu irmán e Cati a súa irmá con todos os animais que teñen na casa, que son unha chea deles.

Foi estupendo, mirade, mirade.

UNHA CHAMADA SORPRESA PARA LUCAS

Nesta ocasión, fomos nós, os exploradores, os que quixemos darlle unha sorpresa a Lucas.

O venres, despois de vir de visitar a Margarida na biblioteca, a profe decatouse de que Lucas tiña a súa sesión de skype aberta, polo que decidíu darlle unha bonita e inesperada sorpresa.

Mentras os exploradores estaban rematando de merendar, a profe foi chamando a aqueles que xa merendaran e querían falar con Lucas para compartir con él algúns minutiños e o resto dos exploradores seguían as conversas a través da pantalla xigante que temos na parede da clase. Falaron de todo o que se lles ocurría nese momento, dos curmáns pequenos, das mascotas, do que estaban a facer no cole, ata lle recordaron que ese día David cumplía xa 4 anos. Ao principio resultaba raro falar con Lucas deste xeito, a través dunha pantalla de ordenador. Falabamos rápido porque lle queríamos contar moitas cousas e claro como había algo de retardo non nos aclarábamos moito cos turnos de palabra pero aínda así fixémolo moi, moi….. ben.

Mirade que conversas tan divertidas…

BUSCANDO O BOSQUE DOS DRAGÓNS CON LOIS

Cando chega o fin de semana moitos exploradores pasan o seu tempo de lecer, explorando novos territorios. Nesta ocasión Lois viaxou a terras de Lugo coa súa familia e trouxo moitísimas fotos das súas aventuras.

Como xa é todo un experto contador de historias, explicóunos con todo detalle cada unha das instantáneas dun xeito moi profesional.

Queredes ver a este pequeno narrador en acción? Pois clicade neste vídeo e escoitade con atención como o fixo ante todos os pequenos exploradores…

sábado, 13 de noviembre de 2010

VISITA SEMANAL A BIBLIO DE MARGARIDA

Xa démos comezo as visitas semanais á bibioteca de Margarida. Retrasámonos un pouco porque ata outubro Margarida non tiña preparada a biblioteca, coa nova distribución, cos novos libros,… e logo cada venres nós tiñamos algunha actividade, como: os aniversarios, contacontos, samaín, etc, que retrasaban o noso desembarco na biblio.

Margarida estaba un pouco preocupada porque pensaba que estes grandes letores se esqueceran dela pero non e así, chegaron con moitas gañas de devorar libros cos seus pequenos olliños cheos de ilusións e inquedanzas.

Así foi o noso primeiro día deste curso, con novas rutinas e novas formas de traballar na biblio xa coma todos uns expertos letores. Atentos, atentos…


martes, 9 de noviembre de 2010

TEMOS UN A-MAIL PARA TI

Hoxe unha das pequenas exploradoras recibíu un e-mail moi importante para ela. Marta (a súa educadora) mandóulle moitas fotos (das vacacións e de como pasa o seu tempo de lecer) dun xeito inesperado. Para ela foi unha gran sorpresa e encantóulle contar a todos os exploradores cada unha delas sen vergoña, non como facía o ano pasado.

Así de entretidas e educativas son os nosos momentos de conversa e de asemblea.

sábado, 6 de noviembre de 2010

AS AVENTURAS DE LUCÍA

Os exploradores seguen a recibir moitos mails das súas famlias, nesta ocasión foi Lucía C.A. a que recibíu tan grata sorpresa.
Ensinounos moitas das cousas que fai durante a fin de semana, está feita toda unha gran exploradora. E así de ben explícallo aos seus compañeir@s.

Foi unha gran conversa entre todo o grupo, na que se axudaron a resolver algunhas dúbidas que tiñan.

FESTA DO SAMAIN

O manantial de 4ºA estivo con nos neste día tan festivo para axudarnos a pasar unha boa festa. Foron uns monitores xeniais e axudáronnos a facer máscaras, a decorar globos, a maquillarnos e a preparar caramelos terroríficos. Despois fixéronnos unha obriña de teatro sobre o samaín e, así entre talleres e teatro celebramos o noso particular samain.

Pasámolo estupendamente. MOITÍSIMAS GRAZAS AOS NENOS DE 4º E A SÚA PROFE LUISA.

ESQUELETES BAILARÍNS

Alguén me pode axudar?

Sabedes onde están os meus exploradores???

Coa chegada do Samaín non sei o que está a ocurrir pero...... despareceron os meus queridos exploradores e a clase enchéuseme duns terroríficos e danzantes esqueletes, que bailan sen parar dende o alba ata o anoitecer, UUUUUUUUUhhhhhhh!!! Que medo!!!

AGASALLO DE MARGARIDA

Hoxe tivemos unha gran sorpresa. Margarida, a mascota da biblio, trouxonos un paquete. A nosa encargada abriuno e... dentro tiñamos unhas mochilas de tela para poder traer os nosos contos os xoves e venres na hora de ler. Fíxonos moita ilusión e, coma todas as bolsas son iguais, puxémoslles o nome para non confundirnos cando traiamos os nosos contos. Tamén é unha maneira de animarnos para traer os contos porque custaunos un pouquiño, ás veces esquecémosnos, temos medo a que nolos rompan, non nos apetece compartilos... Como Margarida sabía destas inquedanzas fixo facernos este agasallo para animarnos a participar máis activamente no Plan de Lectura Silenciosa. Agora so falta facer un bo uso delas.

NÚMEROS ACUÁTICOS

Estes días estivemos traballando coa auga e os números dun xeito moi divertido, no que xuntamos o traballo das matemáticas co descubrimento da auga.

Ahí vai o noso vídeo...

CONTO: CORRE, CORRE CABACIÑA

Estes días coa chegada do "Samaín", imos contar contos de medo, de cabazas, de esqueletes,... polo que vos deixamos un dos contos preferidos dos nosos peques: "Corre, corre cabaciña".

Podedes aproveitar esta presentación para que neste caso sexan eles, os máis cativos da casa, os que vos conten un conto a vós, antes de ir durmir.