Coma todas as semanas, algún dos exploradores recibe un e-mail moi especial. Nesta ocasión Kevin foi sorprendido cunhas fotos moi persoais.
Kevin non podía crer que o nome da pantalla era o del, a cara iluminóuselle cando puido comprobar que era certo, aquelas eran as súas fotos. Ensinounos quen era Michael, Santi e Isa, ata quen era Toby e Daisy. Ninguén o podía crer….. Kevin falaba polos cóbados cun gran sorriso de orella a orella, contounos con moito detalle cada unha das fotografías e explicou como todo un profesional todas as dúbidas que xurdían no medio da conversa co resto dos exploradores.
Estes son os momentos que me dan pulos para seguir día a día traballando con estes cativ@s, son pequenos momentos que ninguén máis pode compartir comigo por iso quero que vos sexades espectadores de primeira do clima tan acolledor e especial que se crea na aula nestas conversas, parece incrible porque son moi pequenos pero a verdade que día a día se superan máis e máis e …….. regálanme cousiñas tan lindas coma estas.
Un bico enorme para tod@s os meus exploradores e para estas familias tan entregadas que comparten comigo tantas ilusións e alegrías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario