Mostrando entradas con la etiqueta MEDRANDO NO COLE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MEDRANDO NO COLE. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de febrero de 2011

IMOS BAILAR UN POUCO

Aos exploradores encántalles bailar e mover o corpo cunha gracia moi particular.

Nesta ocasión escollemos a canción: "¿Dónde pongo las manos?. O baile consistía en ir bailando coas mans no lugar que indicaba a canción, como por exemplo: cabeza, cintura, "culete", xeonllos,... para acabar todos tirados polo chan.

Así de ben o pasamos con este bailar singular.

JORGE TAMÉN RECIBE UN E-MAIL

Despois de moito esperar e esperar.... Jorge recibíu un e-mail moi, moi doce. Eran fotos moi especiais e tenras de Jorge en casa, en casa dos avós e unhas moi especiais xunto a seu irmán, Jandro, o seu mellor amigo. Mirade que ben as explicou!!!

XA TEMOS UN ANO MÁIS

Este venres celebramos coma todos os meses os aniversarios, neste caso, do mes de xaneiro. Na clase dos exploradores, Rafa e Mara xa teñen........ 5 anos!!!! Que maiores son!!!

Nesta ocasión preparamos un chocolatiño quente con biscoitos, xa que agora temos unha cociña nova chulísima, con forno e todo!!!

Mmmmmm, estaba todo boísimo senón.... fixádevos ben nos bigotiños que lles quedaron a todos estes lambóns!!!

PAULA LÉVANOS DE VIAXE POR OVIEDO

Estes pequenos exploradores de Reboreda non para nin un minuto. Nesta ocasión Paula recibíu un correo moi interesante cunha chea de fotos da súa fría viaxe a Oviedo.

Estivo un coloquio moi entretido e case sen darnos conta estivemos traballando conceptos da auga coas fotos da nosa compañeira. Con elas poidemos falar do estado sólido da auga (a neve ou o xeo), das súas características, onde se atopaba, e tamén poidemos falar doutras cualidades da auga, como por exemplo: a flotación dos obxectos.

Como vedes o traballo cos correos que nos proporcionan as familias, é un recurso inagotable e unha fonte rica de coñecementos. Sérvennos para facer falar aos máis tímidos, para mellorar a nosa dicción cando falamos en público para que todos nos entendan e tamén sérvennos para traballar conceptos do noso proxecto escolar: "A auga"

Mirade e escoitade con moita atención todas as explicacións. Que ben o fan estes pequerrech@s!!!! Pero.... que vou a dicir eu...... son os meus exploradores e xa me teñen conquistado o corazón.

sábado, 8 de enero de 2011

FESTA RACHADA NOS ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Nesta ocasión na clase dos exploradores non había ningún “cumpleañeiro” pero pasámolo xenial na festa dos nosos compis. Cantamos, botamos foguetes, comemos lambetadas de Nadal e ata “palomitas” de millo. Que ben o pasamos!!!!

PANXOLIÑA: AS XANEIRAS

Un ano máis chegadas estas datas, os peques sacaron as súas mellores voces para cantar unha panxoliña de Nadal. A pesar de que a panxoliña non era sinxela fixéronno xenial. Iso si, deixamos a música de fondo para que non se perderan.

A profe Rosa tentou de non moverse moito pero como quería enfocar todo escenario non puido evitar algún vaivén no percorrido, ahí vos deixo o meu vídeo e espero que non vos mareedes moito…

KEVIN FÁLANOS DA SÚA FAMILIA

Coma todas as semanas, algún dos exploradores recibe un e-mail moi especial. Nesta ocasión Kevin foi sorprendido cunhas fotos moi persoais.

Kevin non podía crer que o nome da pantalla era o del, a cara iluminóuselle cando puido comprobar que era certo, aquelas eran as súas fotos. Ensinounos quen era Michael, Santi e Isa, ata quen era Toby e Daisy. Ninguén o podía crer….. Kevin falaba polos cóbados cun gran sorriso de orella a orella, contounos con moito detalle cada unha das fotografías e explicou como todo un profesional todas as dúbidas que xurdían no medio da conversa co resto dos exploradores.

Estes son os momentos que me dan pulos para seguir día a día traballando con estes cativ@s, son pequenos momentos que ninguén máis pode compartir comigo por iso quero que vos sexades espectadores de primeira do clima tan acolledor e especial que se crea na aula nestas conversas, parece incrible porque son moi pequenos pero a verdade que día a día se superan máis e máis e …….. regálanme cousiñas tan lindas coma estas.

Un bico enorme para tod@s os meus exploradores e para estas familias tan entregadas que comparten comigo tantas ilusións e alegrías.

lunes, 6 de diciembre de 2010

QUE PODEMOS FACER CUN ARCO DA VELLA???

Os exploradores andan liados estes días falando do ciclo da auga, de como sube ás nubes, de como baixa en forma de choiva cando se enfría e de como volve a subir cando o sol a quenta de novo. E de tanto subir e baixar descubrimos moitos fenómenos atmosféricos: a choiva, as tormentas, a néboa, a neve,… e tamén unha cousa fermosísima….. o “Arco da vella”.

Así que a profe trouxo a clase unha gran sorpresa, colocou no chan moitísimos arcos de cores e tamaños diferentes e fixo unha proposta: Que podemos facer con todos estes arcos?.

As respostas non se fixeron esperar, pouco a pouco os exploradores ían pensando cousas que podían facer con eles. Ao principio estabamos un pouco estranos con todos aqueles arcos e facíamos cousas sinxelas pero pouco a pouco fomos perdendo o medo e apareceron cousas moi interesantes ata chegar a descubrir o tan ansiado arco da vella.

Tivemos que explorar moito, manipular moito, crear moitas construcións raras ata que…… por fin!!! Unhas verdadeiras exploradoras atoparon a solución de como facer un arco da vella con todos aqueles materiais. Foi unha gozada gravar este vídeo porque cada día cáeseme a baba cos meus exploradores, son xeniais!!!!

Mirade con atención que non ten desperdicio…

BUSCANDO O BOSQUE DOS DRAGÓNS CON LOIS

Cando chega o fin de semana moitos exploradores pasan o seu tempo de lecer, explorando novos territorios. Nesta ocasión Lois viaxou a terras de Lugo coa súa familia e trouxo moitísimas fotos das súas aventuras.

Como xa é todo un experto contador de historias, explicóunos con todo detalle cada unha das instantáneas dun xeito moi profesional.

Queredes ver a este pequeno narrador en acción? Pois clicade neste vídeo e escoitade con atención como o fixo ante todos os pequenos exploradores…

sábado, 6 de noviembre de 2010

AS AVENTURAS DE LUCÍA

Os exploradores seguen a recibir moitos mails das súas famlias, nesta ocasión foi Lucía C.A. a que recibíu tan grata sorpresa.
Ensinounos moitas das cousas que fai durante a fin de semana, está feita toda unha gran exploradora. E así de ben explícallo aos seus compañeir@s.

Foi unha gran conversa entre todo o grupo, na que se axudaron a resolver algunhas dúbidas que tiñan.

FESTA DO SAMAIN

O manantial de 4ºA estivo con nos neste día tan festivo para axudarnos a pasar unha boa festa. Foron uns monitores xeniais e axudáronnos a facer máscaras, a decorar globos, a maquillarnos e a preparar caramelos terroríficos. Despois fixéronnos unha obriña de teatro sobre o samaín e, así entre talleres e teatro celebramos o noso particular samain.

Pasámolo estupendamente. MOITÍSIMAS GRAZAS AOS NENOS DE 4º E A SÚA PROFE LUISA.

UN AGASALLO MOI EXPLORADOR PARA LUCAS

Os exploradores estiveron estes días liados preparando un bonito agasallo para un dos seus compis, Lucas, xa que leva uns días de reposo tras unha pequena operación.

Mirade que debuxos máis lindos xa son capaces de facer este curso...

martes, 5 de octubre de 2010

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Nesta ocasión os exploradores foron convidades polos waters e vincis para celebrar os aniversarios de setembro. Preparamos xelatina de sabores (cun pouco de trampa, shhhhhhh!!!).

Aos exploradores tocóulles facer xelatina de amorodo con trociños de melocotón. Prepararon a xelatina entre todos e grazas aos vincis engadíronlle trociños de ricos melocotóns. Logo deixáronnas enfriar e… coma por arte de maxia… nuns poucos minutos puideron degustar os ricos doces que prepararon entre todos. Tiñamos xelatina de frambuesa, de piña e tropical con froitas (melocotón ou piña). Unha divertida forma de comer froitas, case coma un xogo!!!

Xa somos todos uns expertos cociñeir@s!!!

miércoles, 15 de septiembre de 2010

UN DÍA NA CLASE DOS EXPLORADORES

A profe Rosa está encantada cos seus exploradores. O ano pasado xa facían cousas fantásticas pero este ano vai ser xenial.

Nestes primeiros días temos un pouquiño máis de liberdade e, por exemplo, cando xogamos nos recunchos podemos ir ao que queiramos pero eso si...... debemos seguir as normas de cada recuncho e compartir xogos cos nosos compañeiros. E a verdade............... facémolo xenial!!!! Compartimos xoguetes, axudamos a un compañeiro cando ten algunha dificultade, buscamos solucións entre todos a algún problema que xurdíu, unimos forzas á hora de recoller e deixar cada cousiña no seu lugar. Neses intres a clase está dividida en 5 recunchiños de traballo de grupo moi ben organizados. Queredes ver como o fan??? Pois moi atentos que ahí vai un pequeniño agasallo.

O NOSO PRIMEIRO DÍA

Os exploradores xa levaban días esperando a volta á escola. Tiñan moitas ganas de voltar para ver aos seus amigos, para voltar a xogar nos recunchos, para inventar divertidas historias no patio e para compartir ricas merendas.

Tantas ganas tiñan de estar de volta........ que non podían parar de falar de todo o que fixeran nestas semanas de vacacións. E como se non houbese pasado o tempo, rapidamente acostumáronse ao ritmo e rutinas da escola.

Así foi o noso primeiro día...

sábado, 28 de agosto de 2010

CONTO PARA OS PRIMEIROS DÍAS DO CURSO

Seguimos preparando con ilusión os primeiros días, dos novos aventureiros, na escola de Reboreda. Nesta ocasión preparamos un pequeno e sinxelo conto para que antes de chegar ao cole as familias e os máis peques poidan falar da tan desexada entrada na escola dos maiores.

lunes, 23 de agosto de 2010

O meu primeiro día de escola

Xa falta pouco para comezar o curso polo que deixamos eiquí unha serie de recomendacións ás familias. así podedes ir preparando con tempo a incorporación dos vosos peques ao noso centro.


jueves, 12 de agosto de 2010

Así Prepararemos O PeríOdo De AdaptacióN

Falta pouco para dar a benvida aos novos peques de Reboreda, polo que temos que comezar a preparar a súa entrada no cole.

O período de adaptación nalgúns casos é longo e traumático, polo que aquí deixámosvos algunhas pequenas recomendacións que podedes seguir para facer que a súa incorporación na escola sexa o máis agradable posible.

lunes, 9 de agosto de 2010

DITOS PARA FACER SORTEOS E PARA ESCOLLER

Seguimos lembrando todos aqueles xogos de fai moitos anos, que van pasando de pais a fillos e xa forman parte da nosa cultura tradicional e do noso floclore popular.

Nesta ocasión imos lembrar algúns dos ditos que se recitaban cando se facían os sorteos antes de comezar os xogos. Estes sorteos servían para escoller aos membros do noso equipo; para escoller a man que ten un obxecto agochado;…

Ahí deixámosvos algúns deses ditos para que os empreguedes nos xogos cos vosos cativ@s; algúns son verdadeiramente divertidos!!!

martes, 3 de agosto de 2010

VIAXE POLA CHINA

Os exploradores este curso, durante o seu proxecto de interculturalidade: Viaxando por un mundo de cores, ao igual cos Vincis viaxaron pola China e descubriron moitísimas cousas, coma por exemplo: Comidas chinesas, costumes, formas de entreterse nos momentos de lecer, a súa escritura, formas de relaxación, etc.

Ahí vos deixamos unha presentación con todas as cousiñas que fixemos neste longo curso, para refrescarvos a memoria.