Os exploradores andan liados estes días falando do ciclo da auga, de como sube ás nubes, de como baixa en forma de choiva cando se enfría e de como volve a subir cando o sol a quenta de novo. E de tanto subir e baixar descubrimos moitos fenómenos atmosféricos: a choiva, as tormentas, a néboa, a neve,… e tamén unha cousa fermosísima….. o “Arco da vella”.
Así que a profe trouxo a clase unha gran sorpresa, colocou no chan moitísimos arcos de cores e tamaños diferentes e fixo unha proposta: Que podemos facer con todos estes arcos?.
As respostas non se fixeron esperar, pouco a pouco os exploradores ían pensando cousas que podían facer con eles. Ao principio estabamos un pouco estranos con todos aqueles arcos e facíamos cousas sinxelas pero pouco a pouco fomos perdendo o medo e apareceron cousas moi interesantes ata chegar a descubrir o tan ansiado arco da vella.
Tivemos que explorar moito, manipular moito, crear moitas construcións raras ata que…… por fin!!! Unhas verdadeiras exploradoras atoparon a solución de como facer un arco da vella con todos aqueles materiais. Foi unha gozada gravar este vídeo porque cada día cáeseme a baba cos meus exploradores, son xeniais!!!!
Mirade con atención que non ten desperdicio…
No hay comentarios:
Publicar un comentario