jueves, 30 de septiembre de 2010

UN NOVO LIBRO LIM: OS ANIMAIS DOMÉSTICOS

Os exploradores e os sínefos estiveron xogando cun novo libro Lim: Os animais domésticos, na nosa PDI caseira.

Foi moi divertido ver como tentaban ler a tarxetas de palabras, como recoñecían os números, ata foi incrible ver como se axudaban entre todos para resolver cada un dos xogos que propuña o libro, aínda que algunhas veces non acertásemos.

Esta é unha nova forma de traballar un montón de competencias lingüísticas, matemáticas, sociais,… dun xeito moi entretido, no que aprendemos case sen darnos conta.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

UNHA PDI DE ANDAR POR CASA

Os exploradores teñen un libro LIM, é dicir, un libro interactivo que lles serve para xogar coas palabras, cos números, facer xogos de memoria, de atención,… neste caso o LIM está feito coas súas caras e os seus nomes.

Nesta ocasión tentamos xogar con el en gran grupo e como non temos PDI na aula, e para ir a aula de infórmatica é un pouco complicado porque só podemos un ratiño para deixar que todos os grupos poidan ir a ela, así que a profe Rosa (fixo un pouquiño de trampa) e creou na nosa aula un PDI (pantalla dixital) de andar por casa, jajajaja.

Queredes ver o resultado?? A cara de asombro dos pequenos exploradores e os resultados foron iguais que con unha pantalla de verdade, xa que eles crían que eran eles os que movían as tarxetas da pantalla con facer xirar o seu dedo por esta pantalla tan particular. Mirade con atención este vídeo, non ten desperdicio.

UN CARTEL DE ASISTENCIA MOI MARIÑO

Seguindo co proxecto da auga, e como na clase dos exploradores xa temos un gran acuario só nos faltaba un novo cartel para unha das rutinas de cada día, o cartel do control de asistencia.

Neste caso fixemos un fondo mariño cheo de peixiños, cangrexos, cabaliños de mar, estrelas mariñas, polbos,… Cada día o encargado deberá repartir as tarxetas cos nomes dos seus compañeiros (e este ano todavía é máis difícil porque agora os carteis só teñen o nome, agora xa non temos a axuda das fotos), así aproveitamos para facer un achegamento a lecto-escritura, tentando descubrir o nome que hai en cada tarxeta. Ao rematar de repartir os nomes facemos un reconto de cantos hai ese día na clase e cantos están na casa, así aproveitamos para traballar un pouco conceptos matemáticos.

Aos exploradores gustóulles moito este novo cartel de asistencia, xa que cada día, cando coloquen a súa tarxeta no fondo do mar, poderán elexir un animal mariño diferente.

domingo, 19 de septiembre de 2010

O NOSO ACUARIO

Coma este ano o noso proxecto educativo é: "Pinga a pinga", os papis de Lucas quixéronnos sorprender cun agasallo espectacular. Mentres estabamos no recreo entraron na nosa aula e case como por arte de maxia colocaron un enorme acuario dentro dela. Así cando regresamos do recreo, todos os peques visitaron a aula dos exploradores para descubrir aquela gran sorpresa que os agardaba.

Montse e Tito trouxeronnos un acuario de auga quente con peixes tropicais. Os sínefos estaban encantados porque había algúns do río Amazonas e outros bastante raros.

Montse, coma unha gran mestra, explicóunos moitísimas cousas dos peixes, dos seus coidados, da súa alimentación,..., e respondeu, con moita paciencia, todas as preguntas destes grandes investigadores.

Así é o noso acuario...

DE QUE COR É A AUGA?

Onte case sen darnos conta, mentras contabamos un conto que nos trouxo Aitana, chamado: "A historia dunha pinga de choiva" comezamos a traballar o noso proxecto "Pinga a pinga".

Ao final non rematamos de contar o conto porque comezamos a facernos tantas preguntas que se non esqueceu coñecer o final da historia, ata a profe Rosa estaba tan abraiada cos nosos comentarios que non quixo romper a maxia dese momento indo a buscar a cámara de vídeo para grabar todo o que dicíamos, soamente ao final cando comezamos a investigar foi capaz de facernos unhas fotografías.

Entre todos descubrimos que a auga está: nos ríos, nos mares, na choiva, debaixo da terra. Pero o que máis nos chamou a atención era saber como a auga podía estar nas nubes. Entón Paula dixo: As nubes brancas son de algodón e as grises son as de pingas de auga, porque cando elas chegan ponse a chover. E pensando... pensando, fixemos unha pregunta nova, se as nubes son grises, de que cor son as pingas de choiva? Uns dicían que son brancas, outros que son azuis, outros que son grises.... e despois de moito reflexionar Mara, contestou: "as pingas de choiva son de cor cristal" e Antía toda abraida dixo: "isto é moi raro!!!" E como é esa cor?.......... Pois despois de pensar e pensar, chegamos a conclusión que a cor cristal e unha cor transparente, nin branca, nin azul, nin gris. Eso quere dicir, que a auga non ter cor, e se queremos que teña cor deberemos botarlle algunha sustancia colorada, coma por exemplo: papeis "pinocho" de cores variadas. Así foi coma nos tinguimos a auga.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

UN DÍA NA CLASE DOS EXPLORADORES

A profe Rosa está encantada cos seus exploradores. O ano pasado xa facían cousas fantásticas pero este ano vai ser xenial.

Nestes primeiros días temos un pouquiño máis de liberdade e, por exemplo, cando xogamos nos recunchos podemos ir ao que queiramos pero eso si...... debemos seguir as normas de cada recuncho e compartir xogos cos nosos compañeiros. E a verdade............... facémolo xenial!!!! Compartimos xoguetes, axudamos a un compañeiro cando ten algunha dificultade, buscamos solucións entre todos a algún problema que xurdíu, unimos forzas á hora de recoller e deixar cada cousiña no seu lugar. Neses intres a clase está dividida en 5 recunchiños de traballo de grupo moi ben organizados. Queredes ver como o fan??? Pois moi atentos que ahí vai un pequeniño agasallo.

O NOSO PRIMEIRO DÍA

Os exploradores xa levaban días esperando a volta á escola. Tiñan moitas ganas de voltar para ver aos seus amigos, para voltar a xogar nos recunchos, para inventar divertidas historias no patio e para compartir ricas merendas.

Tantas ganas tiñan de estar de volta........ que non podían parar de falar de todo o que fixeran nestas semanas de vacacións. E como se non houbese pasado o tempo, rapidamente acostumáronse ao ritmo e rutinas da escola.

Así foi o noso primeiro día...