Mostrando entradas con la etiqueta RUTINAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta RUTINAS. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de enero de 2011

FACEMOS AS RUTINAS EMPREGANDO AS TICS

Xa levamos algunhas semanas facendo as rutinas da mañá utilizando a nosa pseudo-pdi, pero este mes a profe déulle unha nova forma e deseñou unhas páxinas novas para: os recunchos, a data, o clima do día, o reconto dos compañeiros, elexir o encargado…

Como xa sabedes cada mañá, despois de colocar o mandilón sentámonos na asemblea para facer as rutinas de cada día, nelas traballamos a lecto-escritura, as matemáticas, relacionámosnos co grupo, melloramos a nosa linguaxe oral, perdemos a timidez,… unha chea de actividades moi educativas. Pero agora aínda queremos avanzar un pasiño máis. Estamos a utilizar conxuntamente os nosos carteis tradicionais (os de toda a vida, como son: dos recunchos, da data, do reconto) co emprego das novas tecnoloxías (o portátil, o retroproxector e a nosa pseudo-pdi, a nosa pantalla dixital interactiva) resultando así unha actividade altamente atractiva, na que todos participan axudando ao encargado do día sendo tamén, deste xeito, máis doado prestar atención.

Queredes ver como facemos as rutinas, pois….. atentos, atentos, que comeza a asemblea!!!!



E aquí nesta presentación deixámosvos un resumo das actividades que facemos…

Check out this SlideShare Presentation:

miércoles, 22 de septiembre de 2010

UNHA PDI DE ANDAR POR CASA

Os exploradores teñen un libro LIM, é dicir, un libro interactivo que lles serve para xogar coas palabras, cos números, facer xogos de memoria, de atención,… neste caso o LIM está feito coas súas caras e os seus nomes.

Nesta ocasión tentamos xogar con el en gran grupo e como non temos PDI na aula, e para ir a aula de infórmatica é un pouco complicado porque só podemos un ratiño para deixar que todos os grupos poidan ir a ela, así que a profe Rosa (fixo un pouquiño de trampa) e creou na nosa aula un PDI (pantalla dixital) de andar por casa, jajajaja.

Queredes ver o resultado?? A cara de asombro dos pequenos exploradores e os resultados foron iguais que con unha pantalla de verdade, xa que eles crían que eran eles os que movían as tarxetas da pantalla con facer xirar o seu dedo por esta pantalla tan particular. Mirade con atención este vídeo, non ten desperdicio.

UN CARTEL DE ASISTENCIA MOI MARIÑO

Seguindo co proxecto da auga, e como na clase dos exploradores xa temos un gran acuario só nos faltaba un novo cartel para unha das rutinas de cada día, o cartel do control de asistencia.

Neste caso fixemos un fondo mariño cheo de peixiños, cangrexos, cabaliños de mar, estrelas mariñas, polbos,… Cada día o encargado deberá repartir as tarxetas cos nomes dos seus compañeiros (e este ano todavía é máis difícil porque agora os carteis só teñen o nome, agora xa non temos a axuda das fotos), así aproveitamos para facer un achegamento a lecto-escritura, tentando descubrir o nome que hai en cada tarxeta. Ao rematar de repartir os nomes facemos un reconto de cantos hai ese día na clase e cantos están na casa, así aproveitamos para traballar un pouco conceptos matemáticos.

Aos exploradores gustóulles moito este novo cartel de asistencia, xa que cada día, cando coloquen a súa tarxeta no fondo do mar, poderán elexir un animal mariño diferente.