miércoles, 22 de septiembre de 2010

UN CARTEL DE ASISTENCIA MOI MARIÑO

Seguindo co proxecto da auga, e como na clase dos exploradores xa temos un gran acuario só nos faltaba un novo cartel para unha das rutinas de cada día, o cartel do control de asistencia.

Neste caso fixemos un fondo mariño cheo de peixiños, cangrexos, cabaliños de mar, estrelas mariñas, polbos,… Cada día o encargado deberá repartir as tarxetas cos nomes dos seus compañeiros (e este ano todavía é máis difícil porque agora os carteis só teñen o nome, agora xa non temos a axuda das fotos), así aproveitamos para facer un achegamento a lecto-escritura, tentando descubrir o nome que hai en cada tarxeta. Ao rematar de repartir os nomes facemos un reconto de cantos hai ese día na clase e cantos están na casa, así aproveitamos para traballar un pouco conceptos matemáticos.

Aos exploradores gustóulles moito este novo cartel de asistencia, xa que cada día, cando coloquen a súa tarxeta no fondo do mar, poderán elexir un animal mariño diferente.

No hay comentarios: