domingo, 19 de septiembre de 2010

DE QUE COR É A AUGA?

Onte case sen darnos conta, mentras contabamos un conto que nos trouxo Aitana, chamado: "A historia dunha pinga de choiva" comezamos a traballar o noso proxecto "Pinga a pinga".

Ao final non rematamos de contar o conto porque comezamos a facernos tantas preguntas que se non esqueceu coñecer o final da historia, ata a profe Rosa estaba tan abraiada cos nosos comentarios que non quixo romper a maxia dese momento indo a buscar a cámara de vídeo para grabar todo o que dicíamos, soamente ao final cando comezamos a investigar foi capaz de facernos unhas fotografías.

Entre todos descubrimos que a auga está: nos ríos, nos mares, na choiva, debaixo da terra. Pero o que máis nos chamou a atención era saber como a auga podía estar nas nubes. Entón Paula dixo: As nubes brancas son de algodón e as grises son as de pingas de auga, porque cando elas chegan ponse a chover. E pensando... pensando, fixemos unha pregunta nova, se as nubes son grises, de que cor son as pingas de choiva? Uns dicían que son brancas, outros que son azuis, outros que son grises.... e despois de moito reflexionar Mara, contestou: "as pingas de choiva son de cor cristal" e Antía toda abraida dixo: "isto é moi raro!!!" E como é esa cor?.......... Pois despois de pensar e pensar, chegamos a conclusión que a cor cristal e unha cor transparente, nin branca, nin azul, nin gris. Eso quere dicir, que a auga non ter cor, e se queremos que teña cor deberemos botarlle algunha sustancia colorada, coma por exemplo: papeis "pinocho" de cores variadas. Así foi coma nos tinguimos a auga.

No hay comentarios: