Mostrando entradas con la etiqueta TRABALLOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TRABALLOS. Mostrar todas las entradas

domingo, 6 de febrero de 2011

EXPERIMENTANDO CO VAPOR DE AUGA

A semana pasada estivemos observando e experimentando co vapor de auga e foi moi divertido aínda que tivemos que probar moitas veces ata acadar uns resultados satisfactorios.

Xogamos con auga fría para ver se podíamos encher un globo pero.... non ocurría nada, logo probamos con auga quente, moi, moi quente pero.... o globo inchábase moi pouco. Ata que Luisa, a nosa gran axudante, viu cargadiña cunha chea de auga quente, moi, moi, moi quente e agora sí, agora o globo inchouse tanto que ata semellaba unha cariña.

Os exploradores non poideron resistirse para ver tal fenómeno así que rapidamente se ergueron das súas cadeiras para comprobar cos seus pequenos olliños o que alí estaba sucedendo.

Así foi o noso novo experimento acuático.

PAULA LÉVANOS DE VIAXE POR OVIEDO

Estes pequenos exploradores de Reboreda non para nin un minuto. Nesta ocasión Paula recibíu un correo moi interesante cunha chea de fotos da súa fría viaxe a Oviedo.

Estivo un coloquio moi entretido e case sen darnos conta estivemos traballando conceptos da auga coas fotos da nosa compañeira. Con elas poidemos falar do estado sólido da auga (a neve ou o xeo), das súas características, onde se atopaba, e tamén poidemos falar doutras cualidades da auga, como por exemplo: a flotación dos obxectos.

Como vedes o traballo cos correos que nos proporcionan as familias, é un recurso inagotable e unha fonte rica de coñecementos. Sérvennos para facer falar aos máis tímidos, para mellorar a nosa dicción cando falamos en público para que todos nos entendan e tamén sérvennos para traballar conceptos do noso proxecto escolar: "A auga"

Mirade e escoitade con moita atención todas as explicacións. Que ben o fan estes pequerrech@s!!!! Pero.... que vou a dicir eu...... son os meus exploradores e xa me teñen conquistado o corazón.

sábado, 8 de enero de 2011

Polo Pepe: canción

Aquí vos deixamos a canción e unha mostra das actividades que podedes facer con ela.



Check out this SlideShare Presentation:

PORTADAS DE NADAL

Os exploradores andiveron preparando, estes días antes de rematar o primeiro trimestre, as portadas dos seus traballos ao longo de varias sesións. Tiveron que deixar voar a súa imaxinación e representar as cousas de Nadal que máis lles gustan, como por exemplo: bonecos de neve, árbores de Nadal, agasallos,… para elo empregaron diferentes técnicas plásticas que daban forma e cor as súas pequenas creacións, como: o collage, o recortado, o debuxo, o rasgado,…

Estes foron os resultados e tamén vos deixamos unha mostra de todo o proceso de elaboración e creación de tan lindas obras de arte. Noraboa!!!

sábado, 6 de noviembre de 2010

APRENDENDO A FACER TRASVASES

Xogando coa auga estamos a descubrir un montón de cousiñas, coma por exemplo: como encher un baúl de auga collendoa dende outro que está preto.

Utilizamos moitos de cacharros que nos enviaron as familias e estivemos a probar cales servían e cales non. Ademáis probamos con cales se enchía antes e con cales tiñamos que empregar máis tempo e máis botes porque eran moi pequenos. Os razoamentos dos meus pequenos exploradores son boííííísimos pero como pasa sempre nestas ocasións............. a cámara quedou sen batería sempre no mellor momento, grrrrr. Pero aínda así ahí van uns exemplos do grandes e de cantas cousas xa saben estes pequenos exploradores da auga.

UN AGASALLO MOI EXPLORADOR PARA LUCAS

Os exploradores estiveron estes días liados preparando un bonito agasallo para un dos seus compis, Lucas, xa que leva uns días de reposo tras unha pequena operación.

Mirade que debuxos máis lindos xa son capaces de facer este curso...

XOGAMOS CO CORPO

A profe Rosa, que xa é toda unha experta en actividades LIM, proponnos un novo xogo LIM para que coñezamos mellor o noso corpo. Clicade na imaxe e, A XOGAR!!!

XOGAMOS COA PDI DA AULA DE INFORMÁTICA

O pasado venres os exploradores subiron por primeira vez á aula de informática, neste curso, para aprender a recoñecer os seus nomes e os dos seus amigos e para xogar coas fotos, grazas ao noso libro Lim: "Os exploradores".

Nesta ocasión aproveitamos para recordar os nosos nomes, as súas letras, facer puzzles coas caras, facer clasificacións, relacionar tarxetas seguindo unha orde coñecida,... Pero nas seguintes sesións xa nos agruparemos por parellas para traballar diante do ordenador e comezar a facer cousiñas sinxelas, como: control do rato, comezar a empregar o word para escribir palabras, realizar todos os libros Lim que vos amosamos no noso blog, buscar información a través da internet, preguntando ao señor Google, etc.

Amosamos un pequeno-gran vídeo de como o fixemos e de como entre todos conseguimos acadar un bo resultado coas axudas de todos, non saímos todos porque a profe tiña chea a memoria da cámara con todas as nosas reflexións e xa non tiña máis espazo para recoller os últimos momentos que foron especialmente ricos.

PRIMEIROS CONTACTOS COA AUGA

Na clase dos exploradores comezamos a montar o pequeno recuncho da auga.

O primeiro que tivemos que facer foi encher un gran baúl de auga, polo que tivemos que decidir entre todos como o íamos facer, que deberiamos empregar e con que se enchería antes.

O seguinte paso foi amosar aos seus compañeiros diferentes obxectos que lles mandaron as familias. Estes obxectos servirannos para experimentar coa auga, por exemplo: se flotan ou se afunden, como se fan burbullas, pompas, sons, poderemos facer comparacións de pesos, facer trasvases dun recipiente a outro,etc. Todo servirá para mellorar os nosos coñecementos lóxico-matemáticos, tamén nos servirá para facernos razoar e reflexionar o porqué das cousas, de por que suceden, de como suceden,...

Ahí tedes un resumo de todo o que descubrimos, foi moi difícil facer a selección porque todos fixéronno moi ben, isto é só unha pequena mostra da nosa primeira sesión de manipulación coa auga.

domingo, 19 de septiembre de 2010

DE QUE COR É A AUGA?

Onte case sen darnos conta, mentras contabamos un conto que nos trouxo Aitana, chamado: "A historia dunha pinga de choiva" comezamos a traballar o noso proxecto "Pinga a pinga".

Ao final non rematamos de contar o conto porque comezamos a facernos tantas preguntas que se non esqueceu coñecer o final da historia, ata a profe Rosa estaba tan abraiada cos nosos comentarios que non quixo romper a maxia dese momento indo a buscar a cámara de vídeo para grabar todo o que dicíamos, soamente ao final cando comezamos a investigar foi capaz de facernos unhas fotografías.

Entre todos descubrimos que a auga está: nos ríos, nos mares, na choiva, debaixo da terra. Pero o que máis nos chamou a atención era saber como a auga podía estar nas nubes. Entón Paula dixo: As nubes brancas son de algodón e as grises son as de pingas de auga, porque cando elas chegan ponse a chover. E pensando... pensando, fixemos unha pregunta nova, se as nubes son grises, de que cor son as pingas de choiva? Uns dicían que son brancas, outros que son azuis, outros que son grises.... e despois de moito reflexionar Mara, contestou: "as pingas de choiva son de cor cristal" e Antía toda abraida dixo: "isto é moi raro!!!" E como é esa cor?.......... Pois despois de pensar e pensar, chegamos a conclusión que a cor cristal e unha cor transparente, nin branca, nin azul, nin gris. Eso quere dicir, que a auga non ter cor, e se queremos que teña cor deberemos botarlle algunha sustancia colorada, coma por exemplo: papeis "pinocho" de cores variadas. Así foi coma nos tinguimos a auga.

martes, 3 de agosto de 2010

VIAXE POLA CHINA

Os exploradores este curso, durante o seu proxecto de interculturalidade: Viaxando por un mundo de cores, ao igual cos Vincis viaxaron pola China e descubriron moitísimas cousas, coma por exemplo: Comidas chinesas, costumes, formas de entreterse nos momentos de lecer, a súa escritura, formas de relaxación, etc.

Ahí vos deixamos unha presentación con todas as cousiñas que fixemos neste longo curso, para refrescarvos a memoria.


sábado, 5 de junio de 2010

O AGASALLO DA ONG "MENIÑOS"

Este curso estivemos a colaborar coa ONG "Meniños", nun proxecto chamado facendo familias, cos que deseñamos unha serie de actividades a desenvolver cóbado con cóbado coas familias. E como remate final, hoxe chegounos ao cole un pequeno agasallo coa súa mascota, unha nena chamada Milu.

Milu ten un montón de xogos interactivos na súa páxina: www.mundodemilu.org cos que podemos xogar e se queredes saber máis cousas desta ONG podedes entrar na súa páxina: www.meninos.org

Dentro de pouco participaremos con eles coa nosa presentación de traballos que logo publicarán nunha revista especial.

Así é Milu.....

martes, 4 de mayo de 2010

UN ENVÍO POSTAL MOI ESPECIAL

Onte os peques de Reboreda baixaron a Redondela camiñando ata correos, para mandar varios envíos aos nosos amigos de "Agrupacións Escolares", os Vincis e os Exploradores mandaron os seus correos á clase dos "patitos" do cole de Villapendi (en Asturias), e os Sínefos a clase dos "tractores" da escola rural de Vilaberd en Tarragona. Os chamáns aínda que non participaban no proxecto de agrupacións, tamén fixeron os seus propios envíos, por parellas escribíronse cartas e ao chegar a correos tiveronnas que pesar e selar para enviar correctamente.

Foi unha viaxe diferente, xa que tivemos que baixar andando dende a escola ata Redondela, acompañados por algúns papis e mamis por atallos e camiños de senderismo, e logo polas estreitas rúas de Redondela. Cando chegamos tivemos que esperar porque erabamos tantos que non podíamos entrar todos xuntos, así que fixemos varias entradas, despois unha parada para merendar e como premio final xogamos sen parar nos columpios da Xunqueira.



E así foi o envío dos exploradores, en vivo e en directo.

O NOSO GRAN DRAGÓN CHINO

Estivemos varias semanas liados tentando rematar o noso gran dragón chino, pero despois de varias sesións xa está preparado e grazas a axuda de Luisa xa está no corredor de infantil vixiando que todos traballen moito. Foi un largo proceso de elaboración, primeiro pintamos os cartóns dos ovos, logo estampamos as manchas con esponxas, preparamos a cabeza, picando e pegando os ollos, e a profe Rosa deulle forma unindo todos os cartóns e dándolle os últimos retoques á cabeza. Queredes ver como quedou?? Ahí van algunhas fotos de todo o proceso.

jueves, 29 de abril de 2010

XOGAMOS E EXPLORAMOS COS NÚMEROS

Os exploradores últimamente estamos moi interesados en coñecer todos os números porque démonos conta de que ao noso arredor os números están en todas partes, cando poñemos a data, cando facemos o reconto de cantos estamos no cole e cantos quedaron na casa, cando comprobamos a temperatura, cando nos medimos e pesamos,para saber os anos que temos,... Polo que necesitamos saber como se chaman, saber cal é a súa cantidade, a súa grafía e a serie numérica (este curso soamente ata o 10, pero xa sabemos que hai moitos máis).

Hoxe estivemos xogando cun montón de tarxetas, primeiro tivemos que colocar a serie numérica (0, 1, 2, 3, 4, 5, ...), logo tivemos que escoller entre todas as tarxetas de obxectos a que máis nos gustaba e contamos cantos elementos tiñan, e unha vez feito o reconto tiñamos que colocar a tarxeta debaixo do seu número. E para rematar voltamos a contar pero agora puntiños. Ao final de todo poidemos comprobar que había números que tiñan poucos elementos e outros que tiñan máis elementos, polo que tamén traballamos os conceptos de moitos e poucos, fixemos comparacións e buscamos os números que tiñan máis elementos e os que tiñan menos. Foi un traballo de investigación moi longo que nos levou moito tempo e que deberemos seguir traballando ao longo dos días.

Este foi o resultado...

ONOSO HORTO SEGUE MEDRANDO

Pouco a pouco imos tendo máis cultivos no noso pequeno recuncho, esta vez os exploradores e os chamáns achegáronse ao horto para plantar leitugas, espinacas e rosais.

Os exploradores xa son todos uns expertos en plantacións. Hoxe quixeron probar plantando espinacas que farán que sexamos fortes como Popeye, e como o tempo anda un pouco revolto plantamos leitugas dentro do invernadoiro para que medren moito mellor e para que ningún caracol as coma antes que nós. E para rematar.......... regamos todo moi ben!!

Os chamáns tamén levan tempo coidando das súas sementes dentro da aula pero hoxe quixeron colocar os seus rosais nun lugar especial do horto, onde están todas as flores e bulbos.

Así foi a nosa plantación de hoxe...

lunes, 29 de marzo de 2010

CANTOS AMIGOS TEÑO!!!

OS EXPLORADORES ANTES DE IR DE VACACIÓNS ESTIVERON PENSANDO NO IMPORTANTE QUE ERA TER AMIGOS, XA QUE CON ELES PODEMOS XOGAR, PODEMOS QUERER, PODEMOS ESTAR ACOMPAÑADOS, PODEMOS PEDIRLLE AXUDA.

ASÍ QUE CADA UN PENSOU EN TODOS OS AMIGOS QUE TIÑA, E PENSANDO PENSANDO CHEGAMOS A CONCLUSIÓN DE QUE NON TEMOS SÓ AMIGOS NA CLASE, TEMOS AMIGOS NA ESCOLA (NA CLASE DOS SÍNEFOS, DOS VINCIS E DOS CHAMÁNS), TEMOS AMIGOS NO PARQUE, NO BARRIO,... ATA TEMOS AMIGOS MOI DIFERENTES A NÓS, COMO POR EXEMPLO: A NOSA MASCOTA (QUE A MAIORÍA DAS VECES É UN CAN), A NOSA PROFE, O OSO AVÓ, O NOSO TÍO,...

E PARA REMATAR, COLLEMOS UN LAPIS E UN PAPEL E COMEZAMOS A DEBUXARNOS A NÓS E AOS NOSO AMIGOS.

CAL FOI A NOSA SORPRESA???

QUE XA SABÍAMOS DEBUXAR AOS NOSOS AMIGOS SEN CASE ESQUECER NADA, PUXÉMOSLLE A CABEZA, OS BRAZOS, AS PERNAS, OS OLLOS, A BOCA, AS ORELLAS,... QUEDARON UNS MONIGOTES A MAR DE CHULOS. ERAN OS NOSOS PRIMEIROS MONIGOTES, E COMO QUEDARON TAN LINDOS, FIXÉMOSLLES UNHAS FOTOS PARA ENSINÁRVOLOS, ANTES DE DARLLE COR, PORQUE ÁS VECES CANDO COLOREAMOS EMOCIONÁMONOS TANTO QUE LOGO NON PODEDES VER O QUE HAI DEBAIXO DE TANTA COR.

jueves, 25 de marzo de 2010

OS NOSOS DRAGÓNS CHINOS

OS EXPLORADORES, AO IGUAL COS VINCIS, LEVABAN SEMANAS ELABORANDO OS SEUS DRAGÓNS. EMPREGARON MATERIAIS DE REFUGALLO E DIFERENTES TÉCNICAS PLÁSTICAS, COMO POR EXEMPLO: PINTARON CON PINCEL E TÉMPERAS, ESTAMPARON CON ESPONXAS PARA FACER AS MANCHAS DA PEL DO DRAGÓN, PICARON A LINGUA E OS OLLOS, E AO FINAL PEGÁRONLLE AS CRESTAS SOBRE A CABEZA. DABA MEDO VELOS!!!!

DESPOIS DA PASCUA REALIZARÁN ENTRE TODOS UN ENORME DRAGÓN PARA DECORAR O NOSO CORREDOR, COMO XA FIXERON OS VINCIS, PERO....... É QUE NOS SOMOS TODAVÍA UNS NOVATOS NESTES MENESTERES.

ASÍ FOI TODO O PROCESO DE ELABORACIÓN...

domingo, 21 de marzo de 2010

XOGAMOS CON XANDRE NA PDI

O OUTRO DÍA CONTAMOS UN CONTO MOI ESPECIAL, O CONTO CHAMÁBASE: "XANDRE, O ELEFANTE SEN SOMBRA".

É UN CONTO ESPECIAL PORQUE É UN CONTO PARA TODOS OS NENOS E NENAS: ALTOS, BAIXOS, GRANDES, PEQUENOS, CON PROBLEMAS VISUAIS,... E QUE SE PODE LER DE MOITOS XEITOS, COA LINGUAXE DE SINAIS, COS PICTOGRAMAS, CON LETRAS, ETC.

ADEMÁIS, XUNTO CO PROFE MIGUEL, FIXÉMOSLLE A XANDRE A SÚA CANCIÓN E AGORA NON PARAMOS DE CANTALA NIN UN SO SEGUNDO. A QUE SI, LUCAS????

PERO HOXE FIXEMOS ALGO MÁIS, SUBIMOS AO AULA DE INFORMÁTICA E COLOCÁMOSNOS DIANTE DA PDI, UNHA PANTALLA MOI ESPECIAL, NA QUE PODEMOS PINTAR E FACER MOITÍSIMAS COUSAS CON TAN SO MOVER UN DEDO. XANDRE COMO SABÍA QUE ESTABAMOS VIAXANDO POLA CHINA REGALOUNOS UNS XOGOS DE SOMBRAS, COMO AS SOMBRAS DO SEU CONTO. E FOI MOI DIVERTIDO...... XOGAR ASÍ!!

A COMETA DE LUCÍA E IGNACIO

XA FAI UNS DÍAS FALANDO COS EXPLORADORES DA CHEGADA DA PRIMAVERA, FALAMOS TAMÉN DUN COSTUME MOI ARRAIGADO NA CHINA CANDO CHEGA ESTA ESTACIÓN. SAÍR AO CAMPO A FACER VOAR AS COMETAS.

LUCÍA C. C. COMENTOUNOS QUE O SEU IRMÁ, IGNACIO, TIÑA UNHA E QUE PODERÍA TRAELA Á ESCOLA PARA VER COMO ERA. ASÍ QUE FALAMOS CON IGNACIO, ACEPTOU E DEIXÓUNOLA UN RATIÑO.

POIDEMOS VER COMO ESTABA FEITA, E SEMELLABA MOI DOADO FACER UNHA, CON DOUS PAUCIÑOS DE TAMAÑOS DIFERENTES FORMANDO UNHA CRUZ, UN ANACO DE TEA E UNHA LONGA CORDA PARA NON DEIXALA ESCAPAR. TAMÉN SEMELLA DOADO FACELA VOAR PERO... COMO NON HABÍA NADA DE VENTO TIVEMOS QUE CORRER E CORRER PARA QUE A COMETA BAILASE POLO CEO DO PATIO DOS MAIORES.

MIRADE COMO CORRERON TENTANDO ATRAPALA, ATA OS PROFES GOZARON COMA CATIVOS!!!