Mostrando entradas con la etiqueta Cancións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cancións. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de agosto de 2011

Loboferoz

Nestes días de verán tamén podedes adicar uns minutiños á lectura por iso imos deixarvos eiquí un conto que lles gusta moito aos cativ@s, chámase:"Lobo feroz" e trata da historia dun lobiño moi fraco que só comía papas de arroz e de todas as cousas que lle pasaron cando decidíu saír a buscar outras cousas para comer.

Preparamos unha sinxela presentación do conto e un vídeo coa canción para que así sexa máis doado motivar e animar aos peques á ler.



domingo, 6 de febrero de 2011

IMOS BAILAR UN POUCO

Aos exploradores encántalles bailar e mover o corpo cunha gracia moi particular.

Nesta ocasión escollemos a canción: "¿Dónde pongo las manos?. O baile consistía en ir bailando coas mans no lugar que indicaba a canción, como por exemplo: cabeza, cintura, "culete", xeonllos,... para acabar todos tirados polo chan.

Así de ben o pasamos con este bailar singular.

sábado, 8 de enero de 2011

Polo Pepe: canción

Aquí vos deixamos a canción e unha mostra das actividades que podedes facer con ela.



Check out this SlideShare Presentation:

sábado, 6 de noviembre de 2010

ESQUELETES BAILARÍNS

Alguén me pode axudar?

Sabedes onde están os meus exploradores???

Coa chegada do Samaín non sei o que está a ocurrir pero...... despareceron os meus queridos exploradores e a clase enchéuseme duns terroríficos e danzantes esqueletes, que bailan sen parar dende o alba ata o anoitecer, UUUUUUUUUhhhhhhh!!! Que medo!!!

CONTO: CORRE, CORRE CABACIÑA

Estes días coa chegada do "Samaín", imos contar contos de medo, de cabazas, de esqueletes,... polo que vos deixamos un dos contos preferidos dos nosos peques: "Corre, corre cabaciña".

Podedes aproveitar esta presentación para que neste caso sexan eles, os máis cativos da casa, os que vos conten un conto a vós, antes de ir durmir.

A CANCIÓN DOS ESQUELETOS

Hoxe, buscando cousas de Samaín, os Exploradores atopamos esta canción que nos gustou moítísimo.

A DANZA DO ESQUELETE

Hoxe os Exploradores estivemos vendo o blog da profe Susana e atopamos este vídeo coa canción do esquelete que nos encantou.

LA CANCIÓN DEL CASTILLO

Dende fai uns anos, cada vez que se achega o Samaín, os Peques de Reboreda, temos unha canción que nos encanta. E, case, case, un himmo, así que cremos que sería boa idea poder compartila con todos vos. Esperamos que vos guste.

lunes, 23 de agosto de 2010

Chimpún: Canción do corpo

Ao longo do curso, os exploradores, estiveron aprendendo moitas cancións, algunhas delas xa volas ensinamos a través de divertidos vídeos para que as poiderades bailar con nós, agora deixámosvos a presentación dunha delas coa letra da canción que se chama “Chimpún” para que a poidades cantar xunto cos vosos peques antes de ir durmir.

Trata das partes do corpo e das diferentes accións que podemos facer con elas. Tocaremos a cabeza, os pés, a cintura, saltaremos para adiante e para atrás, coa pata coxa, sentaremos no chan e ata nós estarricaremos.

Pouco a pouco iremos deixando todas as letras das cancións para que na casa tamén as poidades cantar cada vez que os peques queiran cantar con vós.

Se queredes escoitar a melodía só tedes que buscar no blog, na categoría de cancións, e alí atoparedes os vídeos destes pequenos cantores.


lunes, 9 de agosto de 2010

DITOS PARA FACER SORTEOS E PARA ESCOLLER

Seguimos lembrando todos aqueles xogos de fai moitos anos, que van pasando de pais a fillos e xa forman parte da nosa cultura tradicional e do noso floclore popular.

Nesta ocasión imos lembrar algúns dos ditos que se recitaban cando se facían os sorteos antes de comezar os xogos. Estes sorteos servían para escoller aos membros do noso equipo; para escoller a man que ten un obxecto agochado;…

Ahí deixámosvos algúns deses ditos para que os empreguedes nos xogos cos vosos cativ@s; algúns son verdadeiramente divertidos!!!

sábado, 8 de mayo de 2010

SE QUERES DIVERTIRTE...

Os exploradores son uns amantes da música e da danza, e xa coñecen un montón de cancións. O que máis lles gusta e sentilas a través do movemento e da expresión corporal, xa que son uns expertos bailaríns. Queredes observalos por un buratiño, pois atentos que comeza o baile!!!

martes, 4 de mayo de 2010

CANCIÓN: BOLOCO

Aos exploradores lles encanta a música e gozan co baile, así que de vez en cando facemos na clase unha pequena sesión de psicomotricidade moi especial empregando a música e a expresión corporal. Coa canción de Boloco, falamos do círculo, das partes do corpo e de diferentes maneiras de moverse, como por exemplo: movernos a rolos. Foi moi divertido desplazarse pola clase dese xeito, tentando non molestar ao resto dos compañeiros e buscando a maneira de moverse así para ir dun lugar a outro. Shhhhh, silencio!!! comeza o baile!!!

domingo, 4 de abril de 2010

En un bosque de la China

OS EXPLORADORES XA SABEN UNHA NOVA CANCIÓN DE CHINA, "EN EL BOSQUE DE LA CHINA", BUSCANDO E NAVEGANDO POR INTERNET ATOPAMOS UNHA DIVERTIDA CANCIÓN QUE XA TEN MOITOS ANOS (DENDE QUE A PROFE ROSA ERA MOI PEQUENA) PERO QUE TODAVÍA HOXE EN DÍA SIGUE GUSTANDO A TODOS, E A NÓS MOITO MÁIS PORQUE COMO SEGUIMOS VIAXANDO POLA CHINA. ESTA SÍ QUE PODEDES CANTALA CON NÓS, ANIMÁDEVOS E PREPARADE BEN AS GORXAS QUE COMEZAMOS A CANTAR!!!

Il coccodrillo come fa?

OS EXPLORADORES SEGUEN VIAXANDO POLA CHINA PERO ESTES DÍAS COÑECERON UNHA LINGUA NOVA QUE SE FALA EN ITALIA, UN PAÍS BASTANTE CERCANO A ESPAÑA.

ALÍ FALAN O ITALIANO, E A NÓS GÚSTANOS FALAR ALGUNHAS VECES EN ITALIANO. A PROFE ROSA XA NOS ENSINOU A SAUDAR, OS NÚMEROS, AS CORES E AGORA XA SABEMOS ALGUNHA SINXELA CANCIÓN EN ITALIANO, COMO POR EXEMPLO, "IL COCCODILLO COME FA?", GÚSTANOS TANTO QUE AGORA ESTAMOS A CANTALA A TODAS HORAS. QUEREDES CANTALA CON NÓS? POIS AHÍ VAI UN ADIANTO!!!

martes, 3 de noviembre de 2009

CANCIÓN: CHIMPÚN

SE AOS EXPLORADORES QUERES VER DANZAR......... NESTE VÍDEO TEREDES QUE PINCHAR!!!!