martes, 4 de mayo de 2010

CANCIÓN: BOLOCO

Aos exploradores lles encanta a música e gozan co baile, así que de vez en cando facemos na clase unha pequena sesión de psicomotricidade moi especial empregando a música e a expresión corporal. Coa canción de Boloco, falamos do círculo, das partes do corpo e de diferentes maneiras de moverse, como por exemplo: movernos a rolos. Foi moi divertido desplazarse pola clase dese xeito, tentando non molestar ao resto dos compañeiros e buscando a maneira de moverse así para ir dun lugar a outro. Shhhhh, silencio!!! comeza o baile!!!

No hay comentarios: