viernes, 11 de septiembre de 2009

comezo de curso

hola xa estamos de volta
no cole de Paredes xa nos reincorporamos ao cole pero a cousa vai pouco a pouco porque a maioría dos nosos alumnos aínda non voltaron de Marruecos polo que estes días só estamos 5 nenos e nenas dos 16 que somos. a próxima semana incorporanse os nenos/as de 3 anos e xa seremos algún mais
cando estemos todos colgaremos unha foto para que nos coñezades

Xa comezamos un novo curso en Reboreda!!!!

Onte visitáronnos cinco dos novos pekes de 3 anos, que se chamaban: Lucía C. A., Jorge, Carla e Mara. E hoxe viñeron: Lois, Lucía C. C., Sheyla, Uxía e Anxo.

Ao principio houbo un pouco de nervios e algún choro pero en poucos minutos desapareceron. Chegaron as risas e ganas de xogar e coñecer todos os recantos da nova aula. Fixemos un pequeno descanso para almorzar e logo saímos ao patio para xogar cos tobogáns, camións, area,... Cando nos demos conta xa era a hora de marchar porque mami e papi estaban fóra esperando por nós. Pero... pronto voltaremos!!!!