ESTE BLOG XURDE COMO COMPLEMENTO A UN TRABALLO REALIZADO POR VARIAS COMPAÑEIRAS PARA LEVAR A CABO UN PROXECTO SOBRE CANCIÓN POPULARES CON NENOS E NENAS DE ED. INFANTIL, NO QUE TENTAREMOS TRABALLAR AS CANCIÓNS EN TODALAS AREAS IMPLICADAS NA SÚA FORMACIÓN.
O pasado venres voltamos a retomar a actividade cos avós: “Vivenzas no río Alvedosa”.
Nesta ocasión participaron: Fermina, a avoa de Lucas (dos exploradores) e Manolo, o avó de David (dos vincis). Estiveron traballando arreo durante semanas coas súas fillas para traernos fotos dos diferentes muínos da parroquia, recopilaron as vellas cantigas galegas das muiñadas e Montse coa axuda da súa nai convertíuse en escritora por un día para plasmar nun fermosísimo conto a historia real do seu tío Xaime e a avioneta.
Como foi imposible facer un breve resumo do que alí aconteceu ahí vos deixo varios vídeos cos diferentes momentos da sesión. O vídeo das cantigas quedou curto porque a profe estaba tan sorprendida coa reacción dos cativ@s ante os cantos dos avós que esquecín darlle ao “play” da cámara nos momentos estelares.
O 1º de maio os rapaces do carballo baixaron a Redondela para amosarlles a todos o seu lindo maio, quedando no 2º posto.
Así que fai algunhas semanas recibimos as fotos da súa preparación. Lucas, Hugo e Antón contáronlle aos exploradores como construíron o maio e como prepararon as cantigas. Fixéronno moi, moi… ben!!!
Este mércores celebramos na escola o día das letras galegas e como todos os anos, cantamos o himno galego e despois de ver uns vídeos de Lois Pereiro cantamos cantigas mariñeiras. Os peques de Reboreda cantaron: “Catro vellos mariñeiros”. Ao principio non nós saía moi ben pero despois coa axuda dos profes quedou perfecto, jajajajaja.
Para rematar un día tan intenso participamos nos xogos tradicionais das letras galegas, poidemos xogar a: a chave, ao baile da vasoira, ao baile das cadeiras, ao aros, a pesca da botella,… tendo como iinvitados aos nenos e nenas do CRA de Teo, aos pingotas e aos cocos.
Ahí vos deixamos un retallos de todo o que fixemos nese día tan intenso.
Dende que os peques de Reboreda souberon que ían ir ao acuario da Coruña xa non descansaban, estaban super emocionados porque estarían fóra de casa todo o día e non lles daba chegado o día pero……… por fin chegou!!!
Cando chegamos ao acuario xa nos estaban esperando os peques do CRA de Teo. Como erabamos tantos tiveron que dividirnos en grupos de 40 nen@s guiados por unhas expertas monitoras. Visitamos o submarino Nautilus e viaxamos nel polo fondo do mar observando con moita atención a todos os peixes que alí vivían, coñecemos a un temible tiburón chamado Gastóne a súa noiva. Coñecemos a un peixes que aplastados que se camuflaban coa area e se chamaban rodaballos. Tamén saímos ao exterior do acuario para ver as piscinas onde vivían as focas femias cos seus bebés e a piscina das focas machos, ata poidemos ver como comían.
E despois de tanto nadar polos fondos mariños fomos comer cos nosos amigos no parque de Culleredo para recueprar os folgos e logo compartimos unha morea de xogos. Pero….. tiñamos que regresar, xa que todavía nos quedaba unha longa viaxe en bus, así que nos despedimos dos nosos novos amigos e voltamos a casiña pero claro despois dun día tan longo e tan cheo de emocións algúns dos meus exploradores decidiron botar unha cabezadiña antes de chegar a Redondela.
Ahí vos deixo algunhas imaxes dese día polas terras coruñesas….
Tamén vos deixamos o vídeo que fixemos dentro do Nautilus, non se esscoita moi ben porque no momento que estabamos nós con Raquel (a nosa monitora) chegaron nen@s doutros coles e facían un pouquiño de balbordo e non nós deixaban escoitar moi ben o que explicaba a nosa monitora.
A semana pasada estivemos observando e experimentando co vapor de auga e foi moi divertido aínda que tivemos que probar moitas veces ata acadar uns resultados satisfactorios.
Xogamos con auga fría para ver se podíamos encher un globo pero.... non ocurría nada, logo probamos con auga quente, moi, moi quente pero.... o globo inchábase moi pouco. Ata que Luisa, a nosa gran axudante, viu cargadiña cunha chea de auga quente, moi, moi, moi quente e agora sí, agora o globo inchouse tanto que ata semellaba unha cariña.
Os exploradores non poideron resistirse para ver tal fenómeno así que rapidamente se ergueron das súas cadeiras para comprobar cos seus pequenos olliños o que alí estaba sucedendo.
O outro día Rafa chegou todo contento cunhas cápsulas máxicas que lle regalou a súa tía este Nadal. Non eran unha cápsulas normais, eran .... máxicas!!! Soamente necesitabamos auga quente e un pouco de paciencia e a súa maxia comezaría a facer efecto. Despois duns segundos aquelas pequenas cápsulas comezaron a transformarse en divertidos animais e xogamos ás adiviñas tentando recoñecer e descubrir o que eran, como: xirafas, hipopótamos, rás, vermes, dinosaurios,...
A semana pasada estivemos investigando que pasaría se metésemos caramelos de sabores cun pouquiño de auga no conxelador?
As respostas foron moi variadas e cunha lóxica sorprendente. Primeiro tivemos que pensar como conxelar a auga, esa era unha hipótese ben complicada porque........ para conxelar a auga. Algúns dixeron que se lle metíamos neve ou xeos xa se conxelaría pero esa resposta non nos convencía, e despois de moito pensar chegamos a conclusión que a única forma para conxelar a auga era... enfriala moito, moito, moito!!!
Logo comezamos co noso experimento, algúns dicían que se poñíamos un caramelo en auga desfaríase, outros que faría un arco da vella, outros que cambiaría a auga de cor, pero... que ocorrería se conxelásemos esa mistura? Algúns dicían que os caramelos quedarían igual porque... como xa eran duros, outros dicían que se desfarían e logo se conxelarían coa auga. E se en vez de caramelos puxésemos unha gominola? Ocorrería o mesmo?
Pois se queredes descubrir todas estas cousas estade atentos a este vídeo dos exploradores, ahí vos contan moi ben todo o noso proceso de investigación.
O venres os exploradores tiveron un día moi atarefado. Á primeiriña hora tiveron que ir pedir o aguinaldo, logo recibir aos reis magos e facer a foto de grupo con eles, logo almorzar coas cousas que nos deran no aguinaldo e por último cantar a panxoliña ante un público moi esixente.
Así foi o noso percorrido pola escola pedindo o aguinaldo e mirade cantas cousas recibiron a cambio, foi xenial!!!!
Tivemos que facer dous vídeos porque non nos queríamos esquecer de ninguén. Ahí vos deixo unha mostra…
Un ano máis chegadas estas datas, os peques sacaron as súas mellores voces para cantar unha panxoliña de Nadal. A pesar de que a panxoliña non era sinxela fixéronno xenial. Iso si, deixamos a música de fondo para que non se perderan.
A profe Rosa tentou de non moverse moito pero como quería enfocar todo escenario non puido evitar algún vaivén no percorrido, ahí vos deixo o meu vídeo e espero que non vos mareedes moito…
Etivemos estes días investigando se: a auga ten forza ou non?. E claro…. cando nos poñemos a investigar xurden un montón de dúbidas, de hipoteses coas que temos que experimentar rápidamente para dar coas solucións.
Primeiro descubrimos que auga do mar ten moita forza, xa que se pode ver nas olas ou nos remuíños que ás veces se forman no medio do mar. Pero….. o resto da auga, ten forza????
Pois sí, señores!!! A outra auga tamén ten forza.
O primeiro que fixemos foi ver o que ocurre cando metemos unha botella baleira dentro doutra maior chea de auga. Que pasará? Que a botella que metemos dentro flota porque non ten peso pero……. se a empurramos moi forte coas mans? Así descubrimos o concepto de forza, un concepto moi abstracto para estes peques pero que rapidamente entenderon.
Logo fixemos un invento. Cunha botella e unha palla fabricamos un invento moi curioso. Botamos auga dentro dunha botella cunha palliña, ao principio non pasaba nada porque non había moita auga dentro da botella pero cando había unha pouquiña máis tampouco pasaba nada (aínda que na botella xa había moita auga) pero cando había moita, moitísima auga, comezou a saír de repente auga pola palla como se fose unha pequena fonte. Así descubrimos que si tiñamos moita auga dentro da botella a forza da auga facía que empurrase con moita forza e saíse pola palla, pero cando quedaba pouca auga, ésta xa non tiña moita forza e empurraba moi pouco e así non podía saír pola palliña.
Aquí vos deixamos as nosas reflexións, son verdadeiramente as reflexións duns grandes científicos, aínda que soamente teñen 4 aniños…
O venres, Guille dos Waters tiña unha sorpresa moi especial para todos nos. A súa mamá, o seu papá e a súa avoa viñeron ao cole acompañados por dous años dun mes e unha caixa chea de coellos. Estivemos xogando cos animais, aprendendo cousas deles, ríndonos e, algún que outro, pasando un mal rato porque lles tiña medo.
Despois, vimos un vídeo de Guille, Sergio o seu irmán e Cati a súa irmá con todos os animais que teñen na casa, que son unha chea deles.
Coma todos os anos ao chegar o outono, no cole de Reboreda celebramos un gran magosto. Os maiores traen a leña e os máis cativos da escola puñadiños de castañas picadas para que non estoupen nas brasas.
Durante todo a semana traballamos arreo para preparar a festa: fixemos os nosos cestiños empregando diferentes técnicas plásticas, logo aprendemos unha divertida canción con baile incluído e hoxe, xa que o tempo nos deu unha tregua, xogamos aos esquíos, e logo ao malvado “ogro Manolo”, pero claro despois de tanto xogo, de tantas carreiras, de tanto recoller castañas e de quedar quietos como estatuas, tivemos que ir repoñer forzas e démonos unha gran papada de castañas e rosquillas, mollando a gorxa con zumes e augas variadas.
Os maoires da escola estes días andan moi atarefados dando formas terroríficas ás súas cabazas de outono para a clase de lingua estranxeira. Mirade que bonita está a súa exposición, daba moitísimo medo.
Xogando coa auga estamos a descubrir un montón de cousiñas, coma por exemplo: como encher un baúl de auga collendoa dende outro que está preto.
Utilizamos moitos de cacharros que nos enviaron as familias e estivemos a probar cales servían e cales non. Ademáis probamos con cales se enchía antes e con cales tiñamos que empregar máis tempo e máis botes porque eran moi pequenos. Os razoamentos dos meus pequenos exploradores son boííííísimos pero como pasa sempre nestas ocasións............. a cámara quedou sen batería sempre no mellor momento, grrrrr. Pero aínda así ahí van uns exemplos do grandes e de cantas cousas xa saben estes pequenos exploradores da auga.
Na clase dos exploradores comezamos a montar o pequeno recuncho da auga.
O primeiro que tivemos que facer foi encher un gran baúl de auga, polo que tivemos que decidir entre todos como o íamos facer, que deberiamos empregar e con que se enchería antes.
O seguinte paso foi amosar aos seus compañeiros diferentes obxectos que lles mandaron as familias. Estes obxectos servirannos para experimentar coa auga, por exemplo: se flotan ou se afunden, como se fan burbullas, pompas, sons, poderemos facer comparacións de pesos, facer trasvases dun recipiente a outro,etc. Todo servirá para mellorar os nosos coñecementos lóxico-matemáticos, tamén nos servirá para facernos razoar e reflexionar o porqué das cousas, de por que suceden, de como suceden,...
Ahí tedes un resumo de todo o que descubrimos, foi moi difícil facer a selección porque todos fixéronno moi ben, isto é só unha pequena mostra da nosa primeira sesión de manipulación coa auga.
Neste bonito outono podedes saír a pasear polos nosos bosques galegos e atoparedes sendas da auga cunha gran riqueza paisaxística. Como por exemplo, preto do río Toxa.
Podedes atopar gran variedade de árbores, de folla caduca e perenne, cogomelos, plantas típicas dos nosos bosques e pouco a pouco no decorrer do voso paseo chegaredes ata a maxia da fervenza do Toxa, alí podedes gozar dos sons da súa auga, da beleza dos arcos da vella que emerxen entre os xogos de luz e auga. Un paseo de outono sen igual!!!