Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SAÍDAS. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de mayo de 2011

VISITA AO ACUARIO DA CORUÑA

Dende que os peques de Reboreda souberon que ían ir ao acuario da Coruña xa non descansaban, estaban super emocionados porque estarían fóra de casa todo o día e non lles daba chegado o día pero……… por fin chegou!!!

Cando chegamos ao acuario xa nos estaban esperando os peques do CRA de Teo. Como erabamos tantos tiveron que dividirnos en grupos de 40 nen@s guiados por unhas expertas monitoras. Visitamos o submarino Nautilus e viaxamos nel polo fondo do mar observando con moita atención a todos os peixes que alí vivían, coñecemos a un temible tiburón chamado Gastóne a súa noiva. Coñecemos a un peixes que aplastados que se camuflaban coa area e se chamaban rodaballos. Tamén saímos ao exterior do acuario para ver as piscinas onde vivían as focas femias cos seus bebés e a piscina das focas machos, ata poidemos ver como comían.

E despois de tanto nadar polos fondos mariños fomos comer cos nosos amigos no parque de Culleredo para recueprar os folgos e logo compartimos unha morea de xogos. Pero….. tiñamos que regresar, xa que todavía nos quedaba unha longa viaxe en bus, así que nos despedimos dos nosos novos amigos e voltamos a casiña pero claro despois dun día tan longo e tan cheo de emocións algúns dos meus exploradores decidiron botar unha cabezadiña antes de chegar a Redondela.

Ahí vos deixo algunhas imaxes dese día polas terras coruñesas….



Tamén vos deixamos o vídeo que fixemos dentro do Nautilus, non se esscoita moi ben porque no momento que estabamos nós con Raquel (a nosa monitora) chegaron nen@s doutros coles e facían un pouquiño de balbordo e non nós deixaban escoitar moi ben o que explicaba a nosa monitora.

sábado, 12 de junio de 2010

UNHA SAÍDA SEN IGUAL, INDIANA BILL

A última saída do curso é a máis esperada de todo o ano, xa que xogar en Indiana Bill non ten comparación.

Os pequenos exploradores non tiñan nin idea do que alí se ían atopar, ao principio xa quedaron asombrados coa cabeza do dinosaurio e logo cando chegamos ás piscinas de bólas entraron nas máis sinxelas con colchonetas, balancíns e pequenos tobogáns, nin se deran conta de que había moitos máis lugares onde xogar, trepar, balancearse, facer equilibrios,... pero unha vez que os descubriron xa non querían saír nin para merendar. Xogaron tanto, tanto, taaaanto, que algúns deles sudaban moitísimo e semellaban que acababan de saír da ducha.

Se aos exploradores queredes ver gozar, neste vídeo teredes que pinchar.........

martes, 4 de mayo de 2010

UN ENVÍO POSTAL MOI ESPECIAL

Onte os peques de Reboreda baixaron a Redondela camiñando ata correos, para mandar varios envíos aos nosos amigos de "Agrupacións Escolares", os Vincis e os Exploradores mandaron os seus correos á clase dos "patitos" do cole de Villapendi (en Asturias), e os Sínefos a clase dos "tractores" da escola rural de Vilaberd en Tarragona. Os chamáns aínda que non participaban no proxecto de agrupacións, tamén fixeron os seus propios envíos, por parellas escribíronse cartas e ao chegar a correos tiveronnas que pesar e selar para enviar correctamente.

Foi unha viaxe diferente, xa que tivemos que baixar andando dende a escola ata Redondela, acompañados por algúns papis e mamis por atallos e camiños de senderismo, e logo polas estreitas rúas de Redondela. Cando chegamos tivemos que esperar porque erabamos tantos que non podíamos entrar todos xuntos, así que fixemos varias entradas, despois unha parada para merendar e como premio final xogamos sen parar nos columpios da Xunqueira.



E así foi o envío dos exploradores, en vivo e en directo.

domingo, 29 de noviembre de 2009

A NOSA PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO

COMA NA CHINA HAI TANTOS DRAGÓNS, BUSCANDO BUSCANDO ATOPAMOS UN MOI PRETO DE NÓS, XA QUE EN REDONDELA TODOS COÑECEN Á "COCA", POR ISO DECIDIMOS IR VISITALA, SUSO ESTABA ESPERANDO POR NÓS NO PARQUE DE PROTECCIÓN CIVIL E XUNTO A EL ESTABA A COCA, CONTÓUNOS A SÚA LENDA E LOGO APROVEITAMOS PARA VER OS TRAXES DOS BOMBEIROS, OS SEUS CAMIÓNS, AS SÚAS FERRAMENTAS DE TRABALLO,... E PARA REMATAR TOMAMOS A MERENDA NO PARQUE DA XUNQUEIRA E XOGAMOS UN ANAQUIÑO NOS COLUMPIOS E TOBOGÁNS. ASÍ FOI A NOSA PRIMEIRA SAÍDA!!!!!