sábado, 8 de enero de 2011

A FORZA DA AUGA

Etivemos estes días investigando se: a auga ten forza ou non?. E claro…. cando nos poñemos a investigar xurden un montón de dúbidas, de hipoteses coas que temos que experimentar rápidamente para dar coas solucións.

Primeiro descubrimos que auga do mar ten moita forza, xa que se pode ver nas olas ou nos remuíños que ás veces se forman no medio do mar. Pero….. o resto da auga, ten forza????

Pois sí, señores!!! A outra auga tamén ten forza.

O primeiro que fixemos foi ver o que ocurre cando metemos unha botella baleira dentro doutra maior chea de auga. Que pasará? Que a botella que metemos dentro flota porque non ten peso pero……. se a empurramos moi forte coas mans? Así descubrimos o concepto de forza, un concepto moi abstracto para estes peques pero que rapidamente entenderon.

Logo fixemos un invento. Cunha botella e unha palla fabricamos un invento moi curioso. Botamos auga dentro dunha botella cunha palliña, ao principio non pasaba nada porque non había moita auga dentro da botella pero cando había unha pouquiña máis tampouco pasaba nada (aínda que na botella xa había moita auga) pero cando había moita, moitísima auga, comezou a saír de repente auga pola palla como se fose unha pequena fonte. Así descubrimos que si tiñamos moita auga dentro da botella a forza da auga facía que empurrase con moita forza e saíse pola palla, pero cando quedaba pouca auga, ésta xa non tiña moita forza e empurraba moi pouco e así non podía saír pola palliña.

Aquí vos deixamos as nosas reflexións, son verdadeiramente as reflexións duns grandes científicos, aínda que soamente teñen 4 aniños…



No hay comentarios: