Neste curso como os exploradores creceron un montón, xa poden facer cousas moi importantes, cousas de maiores.
Coma todos os venres, Margarida presta libros aos peques de Reboreda e deben traelos de volta o luns. Cada un mete na súa carpeta aquel libro que máis lle interesa ou lle gusta nese momento, na mesma carpeta van as recomedacións de como se debe coidar o material que nos presta Margarida e cando o debemos traer de volta á escola. Pero neste curso temos unha novidade, debemos facer unha ficha que recolla os datos do libro que levamos. Temos que escribir: o noso nome, o título do libro e facer un debuxo que conte a historia do conto.
A tarefa ás veces non é doada porque o título está escrito cunhas letras moi raras que non coñecemos todavía pero papi e mami están sempre atentos para axudarnos cando temos un problema. Ás veces eles escriben o título en maiúsculas, outras veces dinnos como se escribe cada letra, outras escriben nun papel aparte para que os peques copien o título sen problemas,…., cada un busca os recursos máis axeitados.
A nosa intención non é que os nosos peques teñan que realizar duras tarefas na fin de semana, NON!!! Queremos que compartades con eles uns momentiños especiais e que non sexa unha obriga. Como cando lle ledes o conto antes de ir durmir! Este sempre é e debe ser un momento moi especial, de complicidade, de estar pretiño un co outro, de compartir ilusións e soños, de regalarse mimos e caricias.
Estas dúas semanas foron xeniais. Na primeira aínda estabamos un pouquiño despistados pero na segunda xa xurdiron historias cheas de cor e imaxinación. Bravo por tod@s, sodes fantásticos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario