miércoles, 10 de noviembre de 2010

A NOSA FESTA DO MAGOSTO

Coma todos os anos ao chegar o outono, no cole de Reboreda celebramos un gran magosto. Os maiores traen a leña e os máis cativos da escola puñadiños de castañas picadas para que non estoupen nas brasas.

Durante todo a semana traballamos arreo para preparar a festa: fixemos os nosos cestiños empregando diferentes técnicas plásticas, logo aprendemos unha divertida canción con baile incluído e hoxe, xa que o tempo nos deu unha tregua, xogamos aos esquíos, e logo ao malvado “ogro Manolo”, pero claro despois de tanto xogo, de tantas carreiras, de tanto recoller castañas e de quedar quietos como estatuas, tivemos que ir repoñer forzas e démonos unha gran papada de castañas e rosquillas, mollando a gorxa con zumes e augas variadas.

Así foi este gran día…

No hay comentarios: