sábado, 6 de noviembre de 2010

UN CONTO ESPECIAL

Onte, os peques de Reboreda tiveron unha oportunidade moi especial, recibiron a visita de Camilo un contacontos diferente, era sordo e empregaba a linguaxe de signos para comunicarse con nós.

Ao principio todos os peques estaban abraiados pero rapidamente foron capaces de seguir o conto con só prestar atención ás mans de Camilo, aínda que cando respostaban esquecíanse de falarlle e miraban cara atrás para darlle as respostas ás intérpretes das súas palabras.

Contóunos dúas lindas historias e logo ao rematar ensinóunos a dicir algunhas sinxelas palabras, como: papá, mamá, árbore, comer, durmir, gato, can,... El tamén quedou moi abraiado ao ver que os nosos peques eran capaces de facelo moi ben e sen esquecerse de ningún dos sinais.

No hay comentarios: