domingo, 6 de febrero de 2011

FACENDO XEOS DE SABORES

A semana pasada estivemos investigando que pasaría se metésemos caramelos de sabores cun pouquiño de auga no conxelador?

As respostas foron moi variadas e cunha lóxica sorprendente. Primeiro tivemos que pensar como conxelar a auga, esa era unha hipótese ben complicada porque........ para conxelar a auga. Algúns dixeron que se lle metíamos neve ou xeos xa se conxelaría pero esa resposta non nos convencía, e despois de moito pensar chegamos a conclusión que a única forma para conxelar a auga era... enfriala moito, moito, moito!!!

Logo comezamos co noso experimento, algúns dicían que se poñíamos un caramelo en auga desfaríase, outros que faría un arco da vella, outros que cambiaría a auga de cor, pero... que ocorrería se conxelásemos esa mistura? Algúns dicían que os caramelos quedarían igual porque... como xa eran duros, outros dicían que se desfarían e logo se conxelarían coa auga. E se en vez de caramelos puxésemos unha gominola? Ocorrería o mesmo?

Pois se queredes descubrir todas estas cousas estade atentos a este vídeo dos exploradores, ahí vos contan moi ben todo o noso proceso de investigación.

No hay comentarios: