domingo, 6 de febrero de 2011

TRABALLO COLABORATIVO NA CLASE DOS EXPLORADORES

Este ano os exploradores están tamén poñendo en práctica iso do traballo colaborativo. Nesta primeira ocasión tentamos facer o calendario por parellas, xa que esta é unha actividade rutinaria que eles coñecen moi ben pero nunca a fixeran sós, sempre coa axuda e supervisión da profe.

O traballo por parellas consistía no seguinte: cada parella debería axudarse mutuamente para conseguir completar a ficha do calendario eles sós. Deberían colocar os seus nomes, a data, o clima dese día, o encargado desa xornada, o número de alumn@s que asistiron á escola esa mañá. Moitos xa non tiñan problemas en completar os ocos da ficha así que deberían tentar axudar ao seu compañeir@ se nalgún momento tiña problemas.

Neste vídeo recollemos a forma de traballar de cada parella, uns tomábanse moi en serio o papel de axudante, outros non querían axuda e outros tiñan certos problemas para porse dacordo coa súa parella para resolver os atrancos. Foi realmente un exercicio moi enriquecedor e altamente educativo. Non perdades detalle de todos os seus comentarios.......

No hay comentarios: