Mostrando entradas con la etiqueta FALANDO EN PÚBLICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FALANDO EN PÚBLICO. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de junio de 2011

OS RAPACIÑOS DO CARBALLO CÓNTANNOS COMO SE FAI UN MAIO

O 1º de maio os rapaces do carballo baixaron a Redondela para amosarlles a todos o seu lindo maio, quedando no 2º posto.

Así que fai algunhas semanas recibimos as fotos da súa preparación. Lucas, Hugo e Antón contáronlle aos exploradores como construíron o maio e como prepararon as cantigas. Fixéronno moi, moi… ben!!!



domingo, 6 de febrero de 2011

JORGE TAMÉN RECIBE UN E-MAIL

Despois de moito esperar e esperar.... Jorge recibíu un e-mail moi, moi doce. Eran fotos moi especiais e tenras de Jorge en casa, en casa dos avós e unhas moi especiais xunto a seu irmán, Jandro, o seu mellor amigo. Mirade que ben as explicou!!!

PAULA LÉVANOS DE VIAXE POR OVIEDO

Estes pequenos exploradores de Reboreda non para nin un minuto. Nesta ocasión Paula recibíu un correo moi interesante cunha chea de fotos da súa fría viaxe a Oviedo.

Estivo un coloquio moi entretido e case sen darnos conta estivemos traballando conceptos da auga coas fotos da nosa compañeira. Con elas poidemos falar do estado sólido da auga (a neve ou o xeo), das súas características, onde se atopaba, e tamén poidemos falar doutras cualidades da auga, como por exemplo: a flotación dos obxectos.

Como vedes o traballo cos correos que nos proporcionan as familias, é un recurso inagotable e unha fonte rica de coñecementos. Sérvennos para facer falar aos máis tímidos, para mellorar a nosa dicción cando falamos en público para que todos nos entendan e tamén sérvennos para traballar conceptos do noso proxecto escolar: "A auga"

Mirade e escoitade con moita atención todas as explicacións. Que ben o fan estes pequerrech@s!!!! Pero.... que vou a dicir eu...... son os meus exploradores e xa me teñen conquistado o corazón.

domingo, 16 de enero de 2011

QUE AGASALLOS NOS DEIXARON OS REIS MAGOS?

O luns cando chegamos a clase estabamos tan contentos que non podíamos deixar de falar das cousas que fixemos nas vacacións, especialmente queríamos contarlles a tod@s os agasallos que nos deixaron Papá Noel e os Reis Magos. Unha morea de cousas!!!

Algúns non lles chegaban as palabras para contar en cinco minutos os agasallos tan bonitos que recibiron, outros non recordaban ben os seus nomes e outros tiñan tanta vergoña que case quedaron sen palabras. Pero descubrimos que deixaron unha morea de cousiñas, como: ordenadores de Hello Kitty, maquillaxes, bonecas, coches de Rayo, patíns, “Bakuban”, pistas de automovilismo, … e un sin fin de cousas con nomes moi, moi raros.

Aquí vos deixamos dous vídeos con todo o que contaron os exploradores o seu primeiro día de clase despois das vacacións e as sonrisas máis lindas da inocencia.



sábado, 8 de enero de 2011

KEVIN FÁLANOS DA SÚA FAMILIA

Coma todas as semanas, algún dos exploradores recibe un e-mail moi especial. Nesta ocasión Kevin foi sorprendido cunhas fotos moi persoais.

Kevin non podía crer que o nome da pantalla era o del, a cara iluminóuselle cando puido comprobar que era certo, aquelas eran as súas fotos. Ensinounos quen era Michael, Santi e Isa, ata quen era Toby e Daisy. Ninguén o podía crer….. Kevin falaba polos cóbados cun gran sorriso de orella a orella, contounos con moito detalle cada unha das fotografías e explicou como todo un profesional todas as dúbidas que xurdían no medio da conversa co resto dos exploradores.

Estes son os momentos que me dan pulos para seguir día a día traballando con estes cativ@s, son pequenos momentos que ninguén máis pode compartir comigo por iso quero que vos sexades espectadores de primeira do clima tan acolledor e especial que se crea na aula nestas conversas, parece incrible porque son moi pequenos pero a verdade que día a día se superan máis e máis e …….. regálanme cousiñas tan lindas coma estas.

Un bico enorme para tod@s os meus exploradores e para estas familias tan entregadas que comparten comigo tantas ilusións e alegrías.

lunes, 6 de diciembre de 2010

BUSCANDO O BOSQUE DOS DRAGÓNS CON LOIS

Cando chega o fin de semana moitos exploradores pasan o seu tempo de lecer, explorando novos territorios. Nesta ocasión Lois viaxou a terras de Lugo coa súa familia e trouxo moitísimas fotos das súas aventuras.

Como xa é todo un experto contador de historias, explicóunos con todo detalle cada unha das instantáneas dun xeito moi profesional.

Queredes ver a este pequeno narrador en acción? Pois clicade neste vídeo e escoitade con atención como o fixo ante todos os pequenos exploradores…

martes, 9 de noviembre de 2010

TEMOS UN A-MAIL PARA TI

Hoxe unha das pequenas exploradoras recibíu un e-mail moi importante para ela. Marta (a súa educadora) mandóulle moitas fotos (das vacacións e de como pasa o seu tempo de lecer) dun xeito inesperado. Para ela foi unha gran sorpresa e encantóulle contar a todos os exploradores cada unha delas sen vergoña, non como facía o ano pasado.

Así de entretidas e educativas son os nosos momentos de conversa e de asemblea.

sábado, 6 de noviembre de 2010

AS AVENTURAS DE LUCÍA

Os exploradores seguen a recibir moitos mails das súas famlias, nesta ocasión foi Lucía C.A. a que recibíu tan grata sorpresa.
Ensinounos moitas das cousas que fai durante a fin de semana, está feita toda unha gran exploradora. E así de ben explícallo aos seus compañeir@s.

Foi unha gran conversa entre todo o grupo, na que se axudaron a resolver algunhas dúbidas que tiñan.

martes, 12 de octubre de 2010

TRABALLANDO COS E-MAILS

Grazas as familias, os exploradores, reciben, case a diario, varios e-mails. É unha fantástica sorpresa para estes pequenos aventureir@s ver que chega a nosa mascota “Popi”, un canciño animado que sae na pantalla do ordenador, cunha carta na boca, avisando que acabamos de recibir un e-mail. Algúns non teñen ordenador na casa, nin internet, pero xunto coa profe fan que ao longo dos días e das semanas todos os exploradores reciban a súa mensaxe.

Esta é unha boa ocasión para falar en público, para traballar a lecto-escritura, para aclarar dúbidas, para relacionarse en gran grupo,… onde a mestra deixa de ser mestra para deixar que eles sexan os seus propios mestres.

Nesta ocasión, os papis de Anxo e a profe argallaron unha idea para que Anxo tamén recibira o seu e-mail. Así foi a súa presentación.

miércoles, 6 de octubre de 2010

MARA VISITA O ZOO

Como cada luns, na asemblea, os exploradores contan as súas aventuras durante a fin de semana ante un público moi interesado.

Nesta ocasión Mara contounos que estivo no zoo e relatounos paso a paso todo o que alí atopou. Os animais é un dos temas que máis lles interesa aos exploradores por iso non paraban de facerlle miles de preguntas a nosa nova contadora de historias, que respondeu moi gustosamente e moi profesionalmente a todas as súas dúbidas.

Así transcurríu a nosa asemblea do fin de semana.

martes, 5 de octubre de 2010

Mara visita o zoo durante o fin de semana

Como cada luns, na asemblea, os exploradores contan as súas aventuras durante a fin de semana ante un público moi interesado.

Nesta ocasión Mara contounos que estivo no zoo e relatounos paso a paso todo o que alí atopou. Os animais é un dos temas que máis lles interesa aos exploradores por iso non paraban de facerlle miles de preguntas a nosa nova contadora de historias, que respondeu moi gustosamente e moi profesionalmente a todas as súas dúbidas.

Así transcurríu a nosa asemblea do fin de semana.