Mostrando entradas con la etiqueta TICS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TICS. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de enero de 2011

FACEMOS AS RUTINAS EMPREGANDO AS TICS

Xa levamos algunhas semanas facendo as rutinas da mañá utilizando a nosa pseudo-pdi, pero este mes a profe déulle unha nova forma e deseñou unhas páxinas novas para: os recunchos, a data, o clima do día, o reconto dos compañeiros, elexir o encargado…

Como xa sabedes cada mañá, despois de colocar o mandilón sentámonos na asemblea para facer as rutinas de cada día, nelas traballamos a lecto-escritura, as matemáticas, relacionámosnos co grupo, melloramos a nosa linguaxe oral, perdemos a timidez,… unha chea de actividades moi educativas. Pero agora aínda queremos avanzar un pasiño máis. Estamos a utilizar conxuntamente os nosos carteis tradicionais (os de toda a vida, como son: dos recunchos, da data, do reconto) co emprego das novas tecnoloxías (o portátil, o retroproxector e a nosa pseudo-pdi, a nosa pantalla dixital interactiva) resultando así unha actividade altamente atractiva, na que todos participan axudando ao encargado do día sendo tamén, deste xeito, máis doado prestar atención.

Queredes ver como facemos as rutinas, pois….. atentos, atentos, que comeza a asemblea!!!!



E aquí nesta presentación deixámosvos un resumo das actividades que facemos…

Check out this SlideShare Presentation:

lunes, 6 de diciembre de 2010

FALAMOS DE MENORCA CON MARA

Como seguimos investigando coa auga, moitos exploradores cando teñen un ratiño libre adícanse a investigar e explorar novos territorios relacionados coa auga. Nesta ocasión Mara recibíu un e-mail cun montón de fotos das súas vacacións en Menorca.

Foi incrible ver que ben contaba toda a súa visita á illa e como respondeu as preguntas curiosas dos seus compañeir@s. As fotografías deron moito xogo, xa que espertaron a nosa curiosidade por saber como é unha illa, onde se atopa e o máis sorprendente de todo…………….. como pode flotar no medio do mar???.

As respostas foron moi variadas e sorprendentes. Escoitade con atención e reflexionade como fan os exploradores…….. a que teñen moita razón???

UNHA CHAMADA SORPRESA PARA LUCAS

Nesta ocasión, fomos nós, os exploradores, os que quixemos darlle unha sorpresa a Lucas.

O venres, despois de vir de visitar a Margarida na biblioteca, a profe decatouse de que Lucas tiña a súa sesión de skype aberta, polo que decidíu darlle unha bonita e inesperada sorpresa.

Mentras os exploradores estaban rematando de merendar, a profe foi chamando a aqueles que xa merendaran e querían falar con Lucas para compartir con él algúns minutiños e o resto dos exploradores seguían as conversas a través da pantalla xigante que temos na parede da clase. Falaron de todo o que se lles ocurría nese momento, dos curmáns pequenos, das mascotas, do que estaban a facer no cole, ata lle recordaron que ese día David cumplía xa 4 anos. Ao principio resultaba raro falar con Lucas deste xeito, a través dunha pantalla de ordenador. Falabamos rápido porque lle queríamos contar moitas cousas e claro como había algo de retardo non nos aclarábamos moito cos turnos de palabra pero aínda así fixémolo moi, moi….. ben.

Mirade que conversas tan divertidas…

UNHA CHAMADA SORPRESA

Hoxe os exploradores recibiron unha gran sorpresa, estabamos todos entretidos facendo as nosas tarefas e recollendo todo porque ía vir Mariví, a profe de inglés, cando de repente escoitamos un son moi raro que viña do ordenador, semellaba a unha chamada de teléfono, a profe foi rápidamente a ver que pasaba e quedou abraiada cando…… de repente…. apareceu Lucas no outro lado do ordenador dende a súa casa, podía falarnos e vernos nese mesmo momento.

Os exploradores quedaron tan sorprendidos que non sabían que dicir, a profe tampouco non sabía que facer, ata esqueceu coller a cámara, cando se deu conta xa levabamos un bo anaco falando co noso amigo. Foi un deses momentos máxicos que xurden dentro da nosa rutina diaria e que nunca esqueceremos.

Grazas Montse por facer con estes xestos tan bonitos que cada día gocemos máis vindo ao cole!!!!

Así foi esta divertida chamada…

TRABALLANDO COAS TICS DE XEITO COOPERATIVO

Os exploradores tamén comezan a animarse a traballar de xeito cooperativo, aínda que comezamos a dar só pequenos pasiños.

Nesta ocasión subimos a aula de informática para asistir a nosa sesión semanal de traballo coas Tics. Tivemos que agruparnos por parellas e traballar cóbado con cóbado coa nosa parella para conseguir facer máis pantallas de actividades dos libros LIM. Primeiro aprendemos a prender o ordenador, a prender a pantalla, a buscar o “e” de internet, a mover o rato para chegar ata onde queríamos clicar. Ás veces parecía moi complicado porque naquela patalla tan pequena aparecían demasidos símbolos que non coñecíamos pero……….. grazas a axuda do noso compañeir@ de aventura fomos capaces de salvar todos os obstáculos.

Cando os pequenos exploradores foron capaces de chegar ao Lim e poñerse a xogar eles sos foi toda unha explosión de ledicia, era marabilloso ver todas aquelas cariñas alucinadas e cheas de ledicia por conseguir acadar un reto tan complicado, xa que era a primeira vez que subían a aula de informática para traballar por parellas eles sos ante un ordenador.

Non perdades detalle que ahí vos deixamos un pequenos retallos da nosa primeira sesión cooperativa e do manexo das tics.

martes, 9 de noviembre de 2010

TEMOS UN A-MAIL PARA TI

Hoxe unha das pequenas exploradoras recibíu un e-mail moi importante para ela. Marta (a súa educadora) mandóulle moitas fotos (das vacacións e de como pasa o seu tempo de lecer) dun xeito inesperado. Para ela foi unha gran sorpresa e encantóulle contar a todos os exploradores cada unha delas sen vergoña, non como facía o ano pasado.

Así de entretidas e educativas son os nosos momentos de conversa e de asemblea.

sábado, 6 de noviembre de 2010

XOGAMOS CO CORPO

A profe Rosa, que xa é toda unha experta en actividades LIM, proponnos un novo xogo LIM para que coñezamos mellor o noso corpo. Clicade na imaxe e, A XOGAR!!!

UN CORREO PARA LUCAS

Os exploradores botamos moito de menos a Lucas porque leva varias semanas sen vir ao cole por mor dunha pequena e sinxela operación, polo que tentamos mandarlle un correo cun agasallo moi especial pero como pesaba tanto foi imposible polo que temos que publicalo no blog e sacarlle un gran sorriso cando o vexa. Moitos bicos.... e regresa pronto que te botamos moito de menos (todos os exploradores e a profe Rosa).

MÁIS ACTIVIDADES LIM

A profe Rosa proponnos máis actividades LIM para practicar os números. Animádevos a xogar con esta simpática granxa.

OS EXPLORADORES XA TEÑEN UN LIBRO INTERACTIVO

Levounos un pouco de traballo pero os exploradores xa teñen un libro Lim, é dicir, un libro interactivo.

Agora xa poden xogar con él e lembrar algunha das cousas que traballamos este ano na aula, dun xeito máis atractivo e divertido. Van traballar cos seus nomes e as súas fotografías, terán que relacionar, clasificar nomes e fotos, resolver puzles, buscar a personaxe misteriosa, xogar as parellas,... Na última parte do libro podedes atopar xogos máis complicados nos que terán que escribir o nome do compañeiro ou compañeira, xa que estes están pensados para comezar a facer durante este novo curso, por iso necesitarán da vosa axuda para resolvelos correctamente.
Animádevos a pasar un rato divertido xunto cos vosos peques.

XOGAMOS COA PDI DA AULA DE INFORMÁTICA

O pasado venres os exploradores subiron por primeira vez á aula de informática, neste curso, para aprender a recoñecer os seus nomes e os dos seus amigos e para xogar coas fotos, grazas ao noso libro Lim: "Os exploradores".

Nesta ocasión aproveitamos para recordar os nosos nomes, as súas letras, facer puzzles coas caras, facer clasificacións, relacionar tarxetas seguindo unha orde coñecida,... Pero nas seguintes sesións xa nos agruparemos por parellas para traballar diante do ordenador e comezar a facer cousiñas sinxelas, como: control do rato, comezar a empregar o word para escribir palabras, realizar todos os libros Lim que vos amosamos no noso blog, buscar información a través da internet, preguntando ao señor Google, etc.

Amosamos un pequeno-gran vídeo de como o fixemos e de como entre todos conseguimos acadar un bo resultado coas axudas de todos, non saímos todos porque a profe tiña chea a memoria da cámara con todas as nosas reflexións e xa non tiña máis espazo para recoller os últimos momentos que foron especialmente ricos.

UN NOVO LIBRO LIM: OS ANIMAIS DOMÉSTICOS

Os exploradores e os sínefos estiveron xogando cun novo libro Lim: Os animais domésticos, na nosa PDI caseira.

Foi moi divertido ver como tentaban ler a tarxetas de palabras, como recoñecían os números, ata foi incrible ver como se axudaban entre todos para resolver cada un dos xogos que propuña o libro, aínda que algunhas veces non acertásemos.

Esta é unha nova forma de traballar un montón de competencias lingüísticas, matemáticas, sociais,... dun xeito moi entretido, no que aprendemos case sen darnos conta.

martes, 12 de octubre de 2010

TRABALLANDO COS E-MAILS

Grazas as familias, os exploradores, reciben, case a diario, varios e-mails. É unha fantástica sorpresa para estes pequenos aventureir@s ver que chega a nosa mascota “Popi”, un canciño animado que sae na pantalla do ordenador, cunha carta na boca, avisando que acabamos de recibir un e-mail. Algúns non teñen ordenador na casa, nin internet, pero xunto coa profe fan que ao longo dos días e das semanas todos os exploradores reciban a súa mensaxe.

Esta é unha boa ocasión para falar en público, para traballar a lecto-escritura, para aclarar dúbidas, para relacionarse en gran grupo,… onde a mestra deixa de ser mestra para deixar que eles sexan os seus propios mestres.

Nesta ocasión, os papis de Anxo e a profe argallaron unha idea para que Anxo tamén recibira o seu e-mail. Así foi a súa presentación.

jueves, 30 de septiembre de 2010

UN NOVO LIBRO LIM: OS ANIMAIS DOMÉSTICOS

Os exploradores e os sínefos estiveron xogando cun novo libro Lim: Os animais domésticos, na nosa PDI caseira.

Foi moi divertido ver como tentaban ler a tarxetas de palabras, como recoñecían os números, ata foi incrible ver como se axudaban entre todos para resolver cada un dos xogos que propuña o libro, aínda que algunhas veces non acertásemos.

Esta é unha nova forma de traballar un montón de competencias lingüísticas, matemáticas, sociais,… dun xeito moi entretido, no que aprendemos case sen darnos conta.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

UNHA PDI DE ANDAR POR CASA

Os exploradores teñen un libro LIM, é dicir, un libro interactivo que lles serve para xogar coas palabras, cos números, facer xogos de memoria, de atención,… neste caso o LIM está feito coas súas caras e os seus nomes.

Nesta ocasión tentamos xogar con el en gran grupo e como non temos PDI na aula, e para ir a aula de infórmatica é un pouco complicado porque só podemos un ratiño para deixar que todos os grupos poidan ir a ela, así que a profe Rosa (fixo un pouquiño de trampa) e creou na nosa aula un PDI (pantalla dixital) de andar por casa, jajajaja.

Queredes ver o resultado?? A cara de asombro dos pequenos exploradores e os resultados foron iguais que con unha pantalla de verdade, xa que eles crían que eran eles os que movían as tarxetas da pantalla con facer xirar o seu dedo por esta pantalla tan particular. Mirade con atención este vídeo, non ten desperdicio.

lunes, 26 de julio de 2010

ADIVIÑAS

Neste curso estivemos elaborando un divertido power-point, co que xogabamos case todas as mañás a resolver todas aquelas adiviñas que nos enviaban as familias a través dos correos electrónicos ou a través do correo ordinario.

Era moi divertido ver coma todos participaban e se axudaban neste sinxelo xogo. Os que traían as adiviñas novas axudaban aos compañeir@s dando pista para que todos acertasen.

Cada día o xogo semellaba novo e diferente porque a profe Rosa cambiaba de orde as adiviñas e engadía as novas polo medio para que todo fose un pouco máis complicado, pero aínda así............ non era capaz de enganarnos. Primeiro tentamos ler entre todos a adiviña e logo buscamos posibles solucións. Esta presentación non é como a que nós utilizamos na clase (xa que eles non podían ver as solucións, coma neste caso) pero podemos usala igual para xogar todos xuntos en familia.

Se queredes pasar un bo rato na casa xogando ás adiviñas aquí vos deixamos o noso xogo para participedes con nós.