ESTE BLOG XURDE COMO COMPLEMENTO A UN TRABALLO REALIZADO POR VARIAS COMPAÑEIRAS PARA LEVAR A CABO UN PROXECTO SOBRE CANCIÓN POPULARES CON NENOS E NENAS DE ED. INFANTIL, NO QUE TENTAREMOS TRABALLAR AS CANCIÓNS EN TODALAS AREAS IMPLICADAS NA SÚA FORMACIÓN.
Hoxe estou enormemente contenta cos meus queridos exploradores. Xa son tan grandes!!! Xa medraron tanto!!!
Como a próxima semana chegará o paxe real para recoller as cartas dos reis dos peques de Reboreda, estivemos traballando esta mañá duramente para telas preparadas. Foi un traballo de maiores e estivemos moi, moi atentos para facelo ben.
Primeiro entre todos eleximos os regalos e escribimos na pizarra, coa axuda da profe, os nomes dos xoguetes, como por exemplo: ordenador, maquillaje, casita, sillita, tabla de surf, coche, avión,…, e despois comezamos a completar os espazos baleiros da carta, como: o noso nome, os nosos anos e logo colocamos os nomes de tres xoguetes preferidos nos espazos. Aínda que semellaba sinxelo non foi así….. cando íamos a escribir os nomes dos xoguetes xa non lembrabamos moi ben onde estaba escrito e tivemos que voltar a ler cada unha das palabras ou coa axuda dun compañeir@ tentar adiviñar onde estaba, logo tivemos que facer boa letra para que os reis poidan ler sen problemas todos os agasallos que escribimos, xa que están un pouco velliños e a vista xa comeza a fallarlles un chisquiño. Ao final conseguímolo, ata houbo algún que quixo improvisar e escribiu xoguetes que non estaban na lista, como por exemplo: Helicóptero.
Mirade que ben quedaron as cartas, non me digades que non son xa uns grandes exploradores, verdade???