Pouco a pouco imos tendo máis cultivos no noso pequeno recuncho, esta vez os exploradores e os chamáns achegáronse ao horto para plantar leitugas, espinacas e rosais.
Os exploradores xa son todos uns expertos en plantacións. Hoxe quixeron probar plantando espinacas que farán que sexamos fortes como Popeye, e como o tempo anda un pouco revolto plantamos leitugas dentro do invernadoiro para que medren moito mellor e para que ningún caracol as coma antes que nós. E para rematar.......... regamos todo moi ben!!
Os chamáns tamén levan tempo coidando das súas sementes dentro da aula pero hoxe quixeron colocar os seus rosais nun lugar especial do horto, onde están todas as flores e bulbos.
Así foi a nosa plantación de hoxe...
No hay comentarios:
Publicar un comentario