jueves, 29 de abril de 2010

PEQUENOS AGRICULTORES

Hoxe cando voltamos das vacacións, ao igual que aos vincis, atopamos as nosas sementes enormes, os xirasois eran tan grandes que xa non entran dentro do sementeiro, os chícharos medraron tanto que xa non teñen sitio nun sementeiro tan pequeno, ata xa temos dúas cabazas. Polo que decidimos que xa era hora de levalos para o noso horto, aproveitamos que hoxe xa non chovía e facía un sol precioso para trasplantalos con coidado, foi un traballo duro e delicado pero moi especial, xa que tivemos que facer uns buratiños na terra para plantar os nosos pequenos cultivos, logo despois botarlles un pouco de terra para que quedasen ben plantados e para rematar cunhas pequenas regadeiras botámoslles un pouco de auga para que puidesen beber. Cando rematamos o noso horto xa era diferente!!!

Mañá se o tempo nolo permite voltaremos para plantar espinacas e leitugas que nos regalou a mamá da profe Rosa, teremos que buscar un bo sitio para cada cousa, ata poderemos plantar dentro do invernadoiro algunha leituga.

Dentro de poucas semanas o noso horto será a envexa de todos os veciños de Reboreda!!! Noraboa exploradores, sodes uns magníficos agricultores!!!

No hay comentarios: