Os exploradores últimamente estamos moi interesados en coñecer todos os números porque démonos conta de que ao noso arredor os números están en todas partes, cando poñemos a data, cando facemos o reconto de cantos estamos no cole e cantos quedaron na casa, cando comprobamos a temperatura, cando nos medimos e pesamos,para saber os anos que temos,... Polo que necesitamos saber como se chaman, saber cal é a súa cantidade, a súa grafía e a serie numérica (este curso soamente ata o 10, pero xa sabemos que hai moitos máis).
Hoxe estivemos xogando cun montón de tarxetas, primeiro tivemos que colocar a serie numérica (0, 1, 2, 3, 4, 5, ...), logo tivemos que escoller entre todas as tarxetas de obxectos a que máis nos gustaba e contamos cantos elementos tiñan, e unha vez feito o reconto tiñamos que colocar a tarxeta debaixo do seu número. E para rematar voltamos a contar pero agora puntiños. Ao final de todo poidemos comprobar que había números que tiñan poucos elementos e outros que tiñan máis elementos, polo que tamén traballamos os conceptos de moitos e poucos, fixemos comparacións e buscamos os números que tiñan máis elementos e os que tiñan menos. Foi un traballo de investigación moi longo que nos levou moito tempo e que deberemos seguir traballando ao longo dos días.
Este foi o resultado...
No hay comentarios:
Publicar un comentario