martes, 29 de junio de 2010

UN ANO CHEO DE MAXIA NA CLASE DOS EXPLORADORES

Como case sen darnos conta o curso 2009-2010 xa chegou ao seu fin. Aínda recordo con morriña aqueles primeiros días nos que houbo risas e algúns choros por ter que chegar a un lugar descoñecido, sen estar preto de papi e de mami, pero case como por arte de maxia os meus pequenos exploradores foron medrando a pasos axigantados. Xuntos descubrimos moitas cousas da China, coma por exemplo que alí para relaxarse faise taichí, que teñen uns templos e construccións chamadas pagodas, que a lenda conta que xa fai moitos anos na China existían 4 dragóns bos que axudaban aos campesinos chineses, que os osos panda comen bambú e por culpa da man do home agora están en perigo de extinción,...

Tamén celebramos por primeira vez en Reboreda moitas das celebracións da escola, como: O magosto, o samaín, o Nadal, o día da paz, o entroido, a semana das letras galegas, o día do libro.

E mes a mes fomos medrando e celebrando os nosos aniversarios nun divertido taller de cociña, onde dábamoslle forma as sorprendentes e sinxelas receitas que elaborabamos con iogur, natillas, froita, chocolate, nata, etc. Así foi como durante estes meses fomos cambiando e como fomos deixando a nosa pegada na escola de Reboreda.

Moitos bicos exploradores!!! Grazas por ensinarme cada día tantas cousas lindas e cousas tan importantes coma o significado dun sorriso de orella a orella, dun bico de chocolate, ou dun deses abrazos múltiples que me quitaban o aire. Grazas e mil grazas pola vosa inocencia!!! Bo verán!!!

Ahí vai un pequeno agasallo dalgúns deses momentos...

No hay comentarios: