domingo, 16 de enero de 2011

QUE AGASALLOS NOS DEIXARON OS REIS MAGOS?

O luns cando chegamos a clase estabamos tan contentos que non podíamos deixar de falar das cousas que fixemos nas vacacións, especialmente queríamos contarlles a tod@s os agasallos que nos deixaron Papá Noel e os Reis Magos. Unha morea de cousas!!!

Algúns non lles chegaban as palabras para contar en cinco minutos os agasallos tan bonitos que recibiron, outros non recordaban ben os seus nomes e outros tiñan tanta vergoña que case quedaron sen palabras. Pero descubrimos que deixaron unha morea de cousiñas, como: ordenadores de Hello Kitty, maquillaxes, bonecas, coches de Rayo, patíns, “Bakuban”, pistas de automovilismo, … e un sin fin de cousas con nomes moi, moi raros.

Aquí vos deixamos dous vídeos con todo o que contaron os exploradores o seu primeiro día de clase despois das vacacións e as sonrisas máis lindas da inocencia.



sábado, 8 de enero de 2011

Polo Pepe: canción

Aquí vos deixamos a canción e unha mostra das actividades que podedes facer con ela.



Check out this SlideShare Presentation:

UNS DEBUXOS MOI EXPLORADORES PARA O CONCURSO DE ECOMETTA

Os exploradores estiveron investigando un pouquiño o tempo e o ciclo da auga e quixeron amosarvos a tod@s nos seus debuxos todo o que sabían dos cmbios atmosféricos e de como iso influía sobre os estados da auga.

A gran maioría quixeron facer fermosas nevadas, xa que se achegaba o Nadal e eses días facía moitísimo frío. E claro, como para nós as nevadas son un acontecemento tan especial, algo moi similar a unha festa, quixemos darlle un toque de cor ás folerpas de neve para que semellase que caía confetti. Outros, en cambio, estaban abraidados pola maxia do arco da vella, de como se forma tras xuntar un raio de sol e unha pinga de auga nun serán de primavera. Outros tentaron representar as tormentas e chaparróns sobre as montañas.

Tamén en todas as nosas representacións tentamos amosar algún elemento da auga, como río, mares, lagos, neve, choiva,… e algúns elementos que axudasen a coidar o medio ambiente.

Este ano quedáronnos unhas verdadeiras obras de arte, nótase que agora xa temos 4 anos!!!! Así foron os nosos resultados…

UNS REIS MAGOS MOI ESPECIAIS

O último día, chegaron por sorpresa as nosas clases os reis magos de oriente, estiveron moi atentos a todo o que estabamos facendo, especialmente o rei Gaspar que tiña unha conexión moi especial cos nosos exploradores. Fixeron moitas preguntas aos peques pero tamén eles lles fixeron moitas e moi curiosas. Así foi a chegada real á clase dos exploradores…

PORTADAS DE NADAL

Os exploradores andiveron preparando, estes días antes de rematar o primeiro trimestre, as portadas dos seus traballos ao longo de varias sesións. Tiveron que deixar voar a súa imaxinación e representar as cousas de Nadal que máis lles gustan, como por exemplo: bonecos de neve, árbores de Nadal, agasallos,… para elo empregaron diferentes técnicas plásticas que daban forma e cor as súas pequenas creacións, como: o collage, o recortado, o debuxo, o rasgado,…

Estes foron os resultados e tamén vos deixamos unha mostra de todo o proceso de elaboración e creación de tan lindas obras de arte. Noraboa!!!

FESTA RACHADA NOS ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Nesta ocasión na clase dos exploradores non había ningún “cumpleañeiro” pero pasámolo xenial na festa dos nosos compis. Cantamos, botamos foguetes, comemos lambetadas de Nadal e ata “palomitas” de millo. Que ben o pasamos!!!!

UNHA FELICITACIÓN MOI EXPLORADORA

Eiquí vos deixamos a nosa máis tenra felicitación de Nadal. Espero que vos guste!!!!

IMOS PEDIR O AGUINALDO

O venres os exploradores tiveron un día moi atarefado. Á primeiriña hora tiveron que ir pedir o aguinaldo, logo recibir aos reis magos e facer a foto de grupo con eles, logo almorzar coas cousas que nos deran no aguinaldo e por último cantar a panxoliña ante un público moi esixente.

Así foi o noso percorrido pola escola pedindo o aguinaldo e mirade cantas cousas recibiron a cambio, foi xenial!!!!

Tivemos que facer dous vídeos porque non nos queríamos esquecer de ninguén. Ahí vos deixo unha mostra…



PANXOLIÑA: AS XANEIRAS

Un ano máis chegadas estas datas, os peques sacaron as súas mellores voces para cantar unha panxoliña de Nadal. A pesar de que a panxoliña non era sinxela fixéronno xenial. Iso si, deixamos a música de fondo para que non se perderan.

A profe Rosa tentou de non moverse moito pero como quería enfocar todo escenario non puido evitar algún vaivén no percorrido, ahí vos deixo o meu vídeo e espero que non vos mareedes moito…

A CHEGADA DO PAXE REAL

Esta mañá tivemos unha linda sorpresa mentras estabamos traballando, chamaron á porta e…… sabedes que apareceu? O paxe real, co seu traxe real e unha gran caixa para recoller todas as cartas dos nenos e nenas do cole de Reboreda.

Os exploradores xa tiñan todo preparado dende xa uns días porque esperaban ilusionados a súa chegada, prepararon con moito coidadiño as súas cartas, eran cartas de maiores!!! El deixounos como adianto unha morea de caramelos, porque observou o ben que traballaban estes cativ@s, ata lle deixou a profe Rosa uns carameliños porque foi tamén un pouco boa. Noraboa a todos e agora a esperar uns días para ver se chegan eses regalos tan desexados.