lunes, 6 de diciembre de 2010

FALAMOS DE MENORCA CON MARA

Como seguimos investigando coa auga, moitos exploradores cando teñen un ratiño libre adícanse a investigar e explorar novos territorios relacionados coa auga. Nesta ocasión Mara recibíu un e-mail cun montón de fotos das súas vacacións en Menorca.

Foi incrible ver que ben contaba toda a súa visita á illa e como respondeu as preguntas curiosas dos seus compañeir@s. As fotografías deron moito xogo, xa que espertaron a nosa curiosidade por saber como é unha illa, onde se atopa e o máis sorprendente de todo…………….. como pode flotar no medio do mar???.

As respostas foron moi variadas e sorprendentes. Escoitade con atención e reflexionade como fan os exploradores…….. a que teñen moita razón???

A POSTAL DE NADAL

Este ano tócalle aos peques de Reboreda facer a postal de Nadal para felicitar as festas a tod@s.

Os peques tiñan que facer unha e logo un serio xurado debería elexir de entre todas, a mellor, pero as profes deseñaron un sistema mellor. En cada unha das clases todo o grupo faría en conxunto unha empregando diferentes técnicas e recursos plásticos, é dicir, uns farían o fondo, outros pegarían papeliños de cores, outros bólas de papel, outros estamparían, outros picarían, outros recortarían,… así entre tod@s daríamos forma a nosa postal e logo coa axuda da profe Vero (que é a experta en novas tecnoloxías, jajajajaja) faríamos unha montaxe coas catro postais, e este é o resultado final… Esperamos que vos guste tanto coma a tod@s nós…



E así os exploradores deron forma ás súas bólas de Nadal…

AGASALLOS DE NADAL CON MATERIAIS DE REFUGALLO

Esta fin de semana as familias andiveron moi liadas por culpa das profes, xa que lles pediron un adorno de Nadal para lucir na árbore da escola. Este ano tócalles aos peques de Reboreda decoralo e facer a postal para enviar a todo o mundo para felicitar as festas.

Para facer o adorno deberían deixar voar a súa imaxinación e……… vaia si o fixeron!!!!! Como sempre nos deixan coa boca aberta, son todos uns artistas das manualidades!!!

Sheyla ata nos fixo un enorme agasallo moi divertido que xa estrenamos, queredes xogar con nós, pois atentos a este vídeo e buscade con moita atención o voso Papá Noel favorito.

FACEMOS PINGAROTAS PARA OS CORREDORES

Estes días estivemos picando ollos, mans e pés pero non sabiamos para que eran. Despois chegaron uns debuxos enormes de Pingarota e todo comezou a ter sentido. Deunos un pouco de traballo pero deixamos os corredores preciosos.

Antes de nada teño que recoñecer que teño un lío coas Pingarotas e as Pingotas que non me dou. Estas últimas son as do CRA de Teo pero eu non paro de conviarlle o nome as nosas, así que preparei un fondo para subir as fotos, colgueino na rede e acabo de darme conta que aparece escrito Pingotas. En fin, a profe Rosa non para de berrarme pola confusión e ten toda a razón. Perdoade peques, a profe ten unha cabeza que non funciona nada ben.

Os exploradores, xunto cos waters e sínefos, tamén estiveron traballando arreo estes días para rematar con éxito as nosas “pingarotas”, tivemos que facer bólas de papel de periódico, picar mans e pés, pintar as bocas e ollos e por último encher as enormes pingas das bólas do principio. Así foi todo o proceso de elaboración.

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO

Este venres, como ven sendo cada final de mes, celebramos unha vez máis os aniversarios dos peques de Reboreda. Nesta ocasión os cumpreañeiros foron: Idaira, Alba, Rebeca, David, Dani e Conchi.

Preparamos entre todos iogurt con marmelada de frambuesa e migallas de magdalenas, mmmmmmmm, esta boísimo!!!!

A VISITA DE HUGO AO ACUARIO

Os exploradores cada fin de semana adícanse a percorrer recunchos interesantes da nosa terra galega. Nesta ocasión Hugo viaxou a terras coruñesas para visitar á súa madriña e aproveitou para coñecer cousas do fondo mariño no gran acuario desa cidade. Alí atopou medusas, estrelas de mar, morenas, tiburóns, bancos de peixes,… e como un gran coñecedor das augas mariñas explicounos a tod@s un montón de cousas moi interesantes.

Así de ben falou Hugo e aclarou aos seus compañeir@s todas as dúbidas que tiñan. Deixade de facer o que tedes entre mans e escoitade con atención…

QUE PODEMOS FACER CUN ARCO DA VELLA???

Os exploradores andan liados estes días falando do ciclo da auga, de como sube ás nubes, de como baixa en forma de choiva cando se enfría e de como volve a subir cando o sol a quenta de novo. E de tanto subir e baixar descubrimos moitos fenómenos atmosféricos: a choiva, as tormentas, a néboa, a neve,… e tamén unha cousa fermosísima….. o “Arco da vella”.

Así que a profe trouxo a clase unha gran sorpresa, colocou no chan moitísimos arcos de cores e tamaños diferentes e fixo unha proposta: Que podemos facer con todos estes arcos?.

As respostas non se fixeron esperar, pouco a pouco os exploradores ían pensando cousas que podían facer con eles. Ao principio estabamos un pouco estranos con todos aqueles arcos e facíamos cousas sinxelas pero pouco a pouco fomos perdendo o medo e apareceron cousas moi interesantes ata chegar a descubrir o tan ansiado arco da vella.

Tivemos que explorar moito, manipular moito, crear moitas construcións raras ata que…… por fin!!! Unhas verdadeiras exploradoras atoparon a solución de como facer un arco da vella con todos aqueles materiais. Foi unha gozada gravar este vídeo porque cada día cáeseme a baba cos meus exploradores, son xeniais!!!!

Mirade con atención que non ten desperdicio…

GUILLE E OS SEUS ANIMAIS

O venres, Guille dos Waters tiña unha sorpresa moi especial para todos nos. A súa mamá, o seu papá e a súa avoa viñeron ao cole acompañados por dous años dun mes e unha caixa chea de coellos. Estivemos xogando cos animais, aprendendo cousas deles, ríndonos e, algún que outro, pasando un mal rato porque lles tiña medo.

Despois, vimos un vídeo de Guille, Sergio o seu irmán e Cati a súa irmá con todos os animais que teñen na casa, que son unha chea deles.

Foi estupendo, mirade, mirade.

UNHA CHAMADA SORPRESA PARA LUCAS

Nesta ocasión, fomos nós, os exploradores, os que quixemos darlle unha sorpresa a Lucas.

O venres, despois de vir de visitar a Margarida na biblioteca, a profe decatouse de que Lucas tiña a súa sesión de skype aberta, polo que decidíu darlle unha bonita e inesperada sorpresa.

Mentras os exploradores estaban rematando de merendar, a profe foi chamando a aqueles que xa merendaran e querían falar con Lucas para compartir con él algúns minutiños e o resto dos exploradores seguían as conversas a través da pantalla xigante que temos na parede da clase. Falaron de todo o que se lles ocurría nese momento, dos curmáns pequenos, das mascotas, do que estaban a facer no cole, ata lle recordaron que ese día David cumplía xa 4 anos. Ao principio resultaba raro falar con Lucas deste xeito, a través dunha pantalla de ordenador. Falabamos rápido porque lle queríamos contar moitas cousas e claro como había algo de retardo non nos aclarábamos moito cos turnos de palabra pero aínda así fixémolo moi, moi….. ben.

Mirade que conversas tan divertidas…

BUSCANDO O BOSQUE DOS DRAGÓNS CON LOIS

Cando chega o fin de semana moitos exploradores pasan o seu tempo de lecer, explorando novos territorios. Nesta ocasión Lois viaxou a terras de Lugo coa súa familia e trouxo moitísimas fotos das súas aventuras.

Como xa é todo un experto contador de historias, explicóunos con todo detalle cada unha das instantáneas dun xeito moi profesional.

Queredes ver a este pequeno narrador en acción? Pois clicade neste vídeo e escoitade con atención como o fixo ante todos os pequenos exploradores…

UNHA CHAMADA SORPRESA

Hoxe os exploradores recibiron unha gran sorpresa, estabamos todos entretidos facendo as nosas tarefas e recollendo todo porque ía vir Mariví, a profe de inglés, cando de repente escoitamos un son moi raro que viña do ordenador, semellaba a unha chamada de teléfono, a profe foi rápidamente a ver que pasaba e quedou abraiada cando…… de repente…. apareceu Lucas no outro lado do ordenador dende a súa casa, podía falarnos e vernos nese mesmo momento.

Os exploradores quedaron tan sorprendidos que non sabían que dicir, a profe tampouco non sabía que facer, ata esqueceu coller a cámara, cando se deu conta xa levabamos un bo anaco falando co noso amigo. Foi un deses momentos máxicos que xurden dentro da nosa rutina diaria e que nunca esqueceremos.

Grazas Montse por facer con estes xestos tan bonitos que cada día gocemos máis vindo ao cole!!!!

Así foi esta divertida chamada…

TRABALLANDO COAS TICS DE XEITO COOPERATIVO

Os exploradores tamén comezan a animarse a traballar de xeito cooperativo, aínda que comezamos a dar só pequenos pasiños.

Nesta ocasión subimos a aula de informática para asistir a nosa sesión semanal de traballo coas Tics. Tivemos que agruparnos por parellas e traballar cóbado con cóbado coa nosa parella para conseguir facer máis pantallas de actividades dos libros LIM. Primeiro aprendemos a prender o ordenador, a prender a pantalla, a buscar o “e” de internet, a mover o rato para chegar ata onde queríamos clicar. Ás veces parecía moi complicado porque naquela patalla tan pequena aparecían demasidos símbolos que non coñecíamos pero……….. grazas a axuda do noso compañeir@ de aventura fomos capaces de salvar todos os obstáculos.

Cando os pequenos exploradores foron capaces de chegar ao Lim e poñerse a xogar eles sos foi toda unha explosión de ledicia, era marabilloso ver todas aquelas cariñas alucinadas e cheas de ledicia por conseguir acadar un reto tan complicado, xa que era a primeira vez que subían a aula de informática para traballar por parellas eles sos ante un ordenador.

Non perdades detalle que ahí vos deixamos un pequenos retallos da nosa primeira sesión cooperativa e do manexo das tics.