martes, 12 de octubre de 2010

TRABALLANDO COS E-MAILS

Grazas as familias, os exploradores, reciben, case a diario, varios e-mails. É unha fantástica sorpresa para estes pequenos aventureir@s ver que chega a nosa mascota “Popi”, un canciño animado que sae na pantalla do ordenador, cunha carta na boca, avisando que acabamos de recibir un e-mail. Algúns non teñen ordenador na casa, nin internet, pero xunto coa profe fan que ao longo dos días e das semanas todos os exploradores reciban a súa mensaxe.

Esta é unha boa ocasión para falar en público, para traballar a lecto-escritura, para aclarar dúbidas, para relacionarse en gran grupo,… onde a mestra deixa de ser mestra para deixar que eles sexan os seus propios mestres.

Nesta ocasión, os papis de Anxo e a profe argallaron unha idea para que Anxo tamén recibira o seu e-mail. Así foi a súa presentación.

A FERVENZA DO RÍO TOXA

Neste bonito outono podedes saír a pasear polos nosos bosques galegos e atoparedes sendas da auga cunha gran riqueza paisaxística. Como por exemplo, preto do río Toxa.

Podedes atopar gran variedade de árbores, de folla caduca e perenne, cogomelos, plantas típicas dos nosos bosques e pouco a pouco no decorrer do voso paseo chegaredes ata a maxia da fervenza do Toxa, alí podedes gozar dos sons da súa auga, da beleza dos arcos da vella que emerxen entre os xogos de luz e auga. Un paseo de outono sen igual!!!

viernes, 8 de octubre de 2010

A TELE VISITA O NOSO PEQUENO HORTO

Por fin chegou o ansiado día!!!!

A tele visitóunos esta mañá e estivo con nós un ratiño, falámoslle do que facemos no horto, do que plantamos, de como se facía, de como facíamos abono coa composteira.

Algúns quedaron moi caladiños cando tiveron a cámara moi pretiño deles, porque aquela cámara tan grande non era como a das profes e asustaba un chisquiño. Pero iso só foi ao principio logo os maiores perderon a vergoña e falaron sen medo das cousas que sabíamos facer para coidar o noso horto.

Aquí tedes un adianto do que veredes moi pronto na tele, pero non teñades presa porque xa sabedes, esto da tele tardará un pouquiño (pero xa vos avisaremos) e para abrir boca ahí tedes o noso vídeo.

PRIMEIRO DÍA DA LECTURA SILENCIOSA

Hoxe deron comezo os 20 minutos de lectura silenciosa en todo o centro. Os exploradores levaban días preguntando cando chegaría a hora de ler, botaban en falta eses minutiños de lectura silenciosa, onde poden deixar voar a súa imaxinación con só ler ou observar os seus contos ou os contos de Margarida (a mascota da biblioteca do centro).

É sorprendente ver como os peques de Reboreda rapidamente aceptan as normas do momento de ler e nun par de minutos son capaces de estar tanto tempo caladiños. Hoxe aínda estaban un pouco desentrenados, despois do longo verán, pero mirade que ben o fixeron.

miércoles, 6 de octubre de 2010

MARA VISITA O ZOO

Como cada luns, na asemblea, os exploradores contan as súas aventuras durante a fin de semana ante un público moi interesado.

Nesta ocasión Mara contounos que estivo no zoo e relatounos paso a paso todo o que alí atopou. Os animais é un dos temas que máis lles interesa aos exploradores por iso non paraban de facerlle miles de preguntas a nosa nova contadora de historias, que respondeu moi gustosamente e moi profesionalmente a todas as súas dúbidas.

Así transcurríu a nosa asemblea do fin de semana.

TEMOS UNHA HORTA DE OUTONO

Como mañá vai vir a tele para ver o noso pequeno horto estes días tivemos que traballar arreo para ter todo preparado. Aínda non temos moitas cousas porque acaba de comezar o curso. Agora no outono teremos que plantar cousiñas desta temporada, coma: coles, verzas, grelos,…

Primeiro tivemos que quitar todas as malas herbas que medraron durante o verán, logo cavar a terra, darlle un pouco de vitaminas e preparar os plásticos. Logo collemos na nosa composteira materiais para enriquecer a nosa terra e comezamos a traballar duramente cos sachiños e as nosas mans.

Mirade que bonita xa está!!!

martes, 5 de octubre de 2010

ANIVERSARIOS DE SETEMBRO

Nesta ocasión os exploradores foron convidades polos waters e vincis para celebrar os aniversarios de setembro. Preparamos xelatina de sabores (cun pouco de trampa, shhhhhhh!!!).

Aos exploradores tocóulles facer xelatina de amorodo con trociños de melocotón. Prepararon a xelatina entre todos e grazas aos vincis engadíronlle trociños de ricos melocotóns. Logo deixáronnas enfriar e… coma por arte de maxia… nuns poucos minutos puideron degustar os ricos doces que prepararon entre todos. Tiñamos xelatina de frambuesa, de piña e tropical con froitas (melocotón ou piña). Unha divertida forma de comer froitas, case coma un xogo!!!

Xa somos todos uns expertos cociñeir@s!!!

Mara visita o zoo durante o fin de semana

Como cada luns, na asemblea, os exploradores contan as súas aventuras durante a fin de semana ante un público moi interesado.

Nesta ocasión Mara contounos que estivo no zoo e relatounos paso a paso todo o que alí atopou. Os animais é un dos temas que máis lles interesa aos exploradores por iso non paraban de facerlle miles de preguntas a nosa nova contadora de historias, que respondeu moi gustosamente e moi profesionalmente a todas as súas dúbidas.

Así transcurríu a nosa asemblea do fin de semana.