HOXE TIVEMOS UNHA LECTURA SILENCIOSA MOI PARTICULAR, ACOMPAÑÁRONNOS ALGÚNS DOS PAPIS E MAMIS DOS EXPLORADORES.
ESTES DÍAS AS FAMILIAS SEGUEN AXUDÁNDONOS COS DISFRACES DO ENTROIDO E COMO CHEGARON NA HORA DE LER TAMÉN TIVERON QUE SACAR O SEU LIBRO E DURANTE 20 MINUTOS LER EN SILENCIO SEN MOLESTAR A NINGUÉN COMO FAN TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA.
FOI UN MOMENTO ÚNICO TODOS LENDO CON MOITA ATENCIÓN O SEU LIBRO FAVORITO.
AS FAMILIAS ESTABAN ABRAIADAS AO VER AOS PEKES TAN CONCENTRADOS NUNHA TAREFA TAN DIFÍCIL, COMO É PARA ELES ESTAR TANTOS MINUTOS SEN FALAR. CADA DÍA QUE PASA SÍNTOME MÁIS ORGULLOSA DELES, SON XENIAIS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario