sábado, 20 de febrero de 2010

Aniversarios de Febreiro

Hoxe foi un día moi especial. Tivemos a axuda das familias para preparar rosquillas.
Chegaron moi cedo pola mañá para preparar a masa e fixéronna moi ben a pesar da falta de medios. As profes estivemos facendo fotos e dando apoio moral pero todo o traballo fixéronno elas. Despois deixamos reposar a masa media hora e cando chegaron os nen@s empezamos a facer as rosquillas.
Claro que ademáis da falta de medios tamén tivemos problemas coa electricidade, así que tivemos que pedir axuda a Manolo, o noso dire, e levar as frixideiras a unha aula.
Inda así, finalmente, conseguimos facer as rosquillas e quedaron boísimas.
Unha vez máis, grazas as familias pola súa colaboración.

No hay comentarios: