PARA REMATAR ESTA SEMANA DE ENTROIDO, TIVO LUGAR O GRAN DESFILE DA ESCOLA POLAS RÚAS DE REBOREDA.
OS AVENTUREIROS DE INFANTIL SAIRON DE VIAXE NUNS LOGRADOS MEDIOS DE TRANSPORTE, OS EXPLORADORES NUN LARGO TREN DE CARBÓN, OS SÍNEFOS EN AVIÓNS DE VARIOS MOTORES , OS VINCIS EN BARCOS SEN VELA E OS CHAMÁNS EN AUTOBUSES DE VARIAS MANS.
DURANTE O PERCORRIDO A VIAXE FOI DIVERTIDA, PARAMOS NAS ESTACIÓNS PARA DESCANSAR, ARRANCAMOS AMODIÑO PARA POUCO A POUCO COMEZAR A PITAR, CANTAMOS AS NOSAS CANCIÓNS, E MOI ATENTOS TIÑAMOS QUE ESTAR PORQUE AS VECES AS CURVAS E OS BACHES PODÍANNOS FACER DESCARRILAR.
E NO MEDIO DA VIAXE........ UXÍA COMEZOU A BERRAR: OS INDIOS!!!!! VEÑEN OS INDIOS!!!! A TODA PRESA TIÑAMOS QUE MARCHAR, E SEN PERDER NIN UN MINUTO COSTA ABAIXO COMEZAMOS A ESCAPAR . LOGO CHEGARON DRAGÓNS, TIGRES, E DEMAIS SERES ESTRANOS QUE NOS QUERÍAN PILLAR. MENOS MAL QUE O COLE XA ESTABA CERCA QUE SE NON.... NON SABEMOS O QUE PODERÍA PASAR.
ASÍ FOI A DIVERTIDA VIAXE DOS EXPLORADORES, NUN ENTROIDO CHEO DE RISAS E ILUSIÓNS.
GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario