NESTES DÍAS DE ENTROIDO E SEGUINDO AS ORDES DO MECO CONVERTEMOS AOS EXPLORADORES NUNS MÚSICOS EXCEPCIONAIS.
COS CACHARROS DA COCIÑA FIXEMOS SINXELOS INSTRUMENTOS CUNS TIMBRES SINGULARES E DISPARATADOS RITMOS.
AO COMEZO TODO SEMELLA UN GRAN BALBORDO PORQUE TOCA EXPERIMENTAR, MANIPULAR, DESCUBRIR COMO PODE SOAR CADA CACHARRO SE O PERCUTES DUN XEITO OU DOUTRO, CUN MATERIAL OU CON OUTRO. PERO AO FINAL OBTIVEMOS UNS RESULTADOS ASOMBROSOS. TAMÉN XOGAMOS COS RITMOS LENTOS E RÁPIDOS, COAS INTENSIDADES FORTES E SUAVES, CON SON E O SILENCIO,…
OBSERVADE CON ATENCIÓN E DESCUBRIREDES COMO CADA UN BUSCA UN RITMO DIFERENTE E UNHA FORMA DIFERENTE DE PERCUTIR PARA BUSCAR UN SON E UN RITMO PARTICULAR.
No hay comentarios:
Publicar un comentario