LUCAS BUSCANDO NO FAIADO ATOPOU DÚAS COUSAS CHINAS MOI INTERESANTES, UN GRANDE ABANICO E UNHA SOMBRILLA DE PAPEL QUE ACOSTUMAN A USAR AS CHINAS PARA NON QUEIMARSE CO SOL.
ESTABAN FEITOS DUNS MATERIAIS MOI DELICADOS, POLO QUE TIÑAMOS QUE TER MOITO COIDADO AO COLLELOS, INVESTIGANDO UN POUCO CHEGAMOS A CONCLUSIÓN QUE POR EXEMPLO A SOMBRILLA NON SE PODERÍA EMPREGAR OS DÍAS DE CHOIVA PORQUE AO ESTAR FEITA DE PAPEL DESFARÍASE NUNS SEGUNDOS. OBSERVANDO, OBSERVANDO DÉMONOS CONTA DE QUE TAMÉN ESTABA PINTADA A MAN, COMO CANDO NÓS PINTAMOS NO COLE COAS TÉMPERAS E OS PINCEIS.
PERO SE QUEREDES VER TODAS AS SÚAS REFLEXIÓNS, ATENDEDE A ESTE VÍDEO PORQUE OS EXPLORADORES VANVOS A ENSINAR TODO O QUE SABEN DA CHINA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario