domingo, 28 de febrero de 2010

Visitamos a casa de Vane

JULIA, A PSICÓLOGA DE ALDEAS, ESTANOS A MANDAR MOITAS COUSAS DIFERENTES. O OUTRO DÍA MANDOUNOS FOTOS DO SITIO ONDE VIVE VANESA, E FOI TODA UNHA SORPRESA PARA A NOSA EXPLORADORA DESCUBRIR NAQUELAS FOTOS A SÚA CAMA, O SEU SALÓN, OS COLUMPIOS ONDE XOGA CADA DÍA, A SÚA CASA DE ALDEAS.

TODOS ESTIVERON MOI ATENTOS ÁS EXPLICACIÓNS DE VANESA, XA QUE NOS CONTOU QUE VIVE COS SEUS IRMÁNS E CON OUTROS NENOS E NENAS MAIORES. ESCOITADE CON ATENCIÓN!!

Adiviña, adiviña

OS EXPLORADORES ESTES DÍAS ESTIVEMOS A FACER SOMBRAS CHINAS. UNHA FORMA DIFERENTE DE XOGAR, COMO FAN OS CHINOS DENDE XA FAI MOITOS ANOS.

É UN XOGO MOI SINXELO SÓ NECESITAMOS AS MANS, UNHAS SILUETAS DE CARTÓN E UN FOCO DE LUZ.

OS EXPLORADORES COMEZAMOS XOGANDO ÁS ADIVIÑAS E EXPLORANDO O QUE PODÍAMOS FACER COAS NOSAS MANS E COAS NOSAS SOMBRAS. NOUTRA OCASIÓN XA TENTAREMOS REPRESENTAR UNHA SINXELA HISTORIA, HOXE ASÍ FOI O NOSO PRIMEIRO CONTACTO COAS SOMBRAS CHINAS.


sábado, 20 de febrero de 2010

Aniversarios de Febreiro

Hoxe foi un día moi especial. Tivemos a axuda das familias para preparar rosquillas.
Chegaron moi cedo pola mañá para preparar a masa e fixéronna moi ben a pesar da falta de medios. As profes estivemos facendo fotos e dando apoio moral pero todo o traballo fixéronno elas. Despois deixamos reposar a masa media hora e cando chegaron os nen@s empezamos a facer as rosquillas.
Claro que ademáis da falta de medios tamén tivemos problemas coa electricidade, así que tivemos que pedir axuda a Manolo, o noso dire, e levar as frixideiras a unha aula.
Inda así, finalmente, conseguimos facer as rosquillas e quedaron boísimas.
Unha vez máis, grazas as familias pola súa colaboración.

miércoles, 17 de febrero de 2010

VIAXANDO POR UN MUNDO DE CORES

PARA REMATAR ESTA SEMANA DE ENTROIDO, TIVO LUGAR O GRAN DESFILE DA ESCOLA POLAS RÚAS DE REBOREDA.

OS AVENTUREIROS DE INFANTIL SAIRON DE VIAXE NUNS LOGRADOS MEDIOS DE TRANSPORTE, OS EXPLORADORES NUN LARGO TREN DE CARBÓN, OS SÍNEFOS EN AVIÓNS DE VARIOS MOTORES , OS VINCIS EN BARCOS SEN VELA E OS CHAMÁNS EN AUTOBUSES DE VARIAS MANS.

DURANTE O PERCORRIDO A VIAXE FOI DIVERTIDA, PARAMOS NAS ESTACIÓNS PARA DESCANSAR, ARRANCAMOS AMODIÑO PARA POUCO A POUCO COMEZAR A PITAR, CANTAMOS AS NOSAS CANCIÓNS, E MOI ATENTOS TIÑAMOS QUE ESTAR PORQUE AS VECES AS CURVAS E OS BACHES PODÍANNOS FACER DESCARRILAR.

E NO MEDIO DA VIAXE........ UXÍA COMEZOU A BERRAR: OS INDIOS!!!!! VEÑEN OS INDIOS!!!! A TODA PRESA TIÑAMOS QUE MARCHAR, E SEN PERDER NIN UN MINUTO COSTA ABAIXO COMEZAMOS A ESCAPAR . LOGO CHEGARON DRAGÓNS, TIGRES, E DEMAIS SERES ESTRANOS QUE NOS QUERÍAN PILLAR. MENOS MAL QUE O COLE XA ESTABA CERCA QUE SE NON.... NON SABEMOS O QUE PODERÍA PASAR.

ASÍ FOI A DIVERTIDA VIAXE DOS EXPLORADORES, NUN ENTROIDO CHEO DE RISAS E ILUSIÓNS.

GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN E PARTICIPACIÓN!!!!

A SEMANA DO MECO

OS EXPLORADORES ESTA SEMANA ESTIVERON RECORDANDO VELLAS TRADICIÓNS CULTURAIS DA NOSA TERRA, COMO POR EXEMPLO: O MECO

ESTE ANO TIVEMOS UN MECO MOI PARTICULAR, ELMER, A NOSA MASCOTA.

LEVOUNOS VIAXANDO DENDE O LUNS ATA O VENRES, SEN PARAR DE XOGAR. CADA DÍA UNHA COUSA NOVA SERVÍA PARA FACER UN DISFRAZ, DENDE UN LAZO ATA UN PANO DA COCIÑA, PODÍAMOS EMPREGAR.

PERO....... O DÍA MÁIS ESPERADO POR TODOS É, SIN LUGAR A DÚBIDAS, O DÍA DO PIXAMA!!!!! ESE É O DÍA MÁIS ORIXINAL.

ASÍ PASAMOS ESTES PRIMEIROS DÍAS DE ENTROIDO

UNHA GRAN ORQUESTA

NESTES DÍAS DE ENTROIDO E SEGUINDO AS ORDES DO MECO CONVERTEMOS AOS EXPLORADORES NUNS MÚSICOS EXCEPCIONAIS.

COS CACHARROS DA COCIÑA FIXEMOS SINXELOS INSTRUMENTOS CUNS TIMBRES SINGULARES E DISPARATADOS RITMOS.

AO COMEZO TODO SEMELLA UN GRAN BALBORDO PORQUE TOCA EXPERIMENTAR, MANIPULAR, DESCUBRIR COMO PODE SOAR CADA CACHARRO SE O PERCUTES DUN XEITO OU DOUTRO, CUN MATERIAL OU CON OUTRO. PERO AO FINAL OBTIVEMOS UNS RESULTADOS ASOMBROSOS. TAMÉN XOGAMOS COS RITMOS LENTOS E RÁPIDOS, COAS INTENSIDADES FORTES E SUAVES, CON SON E O SILENCIO,…

OBSERVADE CON ATENCIÓN E DESCUBRIREDES COMO CADA UN BUSCA UN RITMO DIFERENTE E UNHA FORMA DIFERENTE DE PERCUTIR PARA BUSCAR UN SON E UN RITMO PARTICULAR.


jueves, 11 de febrero de 2010

O NOSO TREN DE CARBÓN

OS EXPLORADORES LEVAN DÍAS E DÍAS DÁNDOLLE FORMA AO SEU TREN DE CARBÓN, COA AXUDA DAS FAMILIAS NOS TRABALLOS MÁIS COMPLICADOS E LOGO ELES SOS NOS MOMENTOS DE DECORACIÓN. ASÍ FOI TODO O PROCESO DE CREACIÓN.


domingo, 7 de febrero de 2010

UN GRAN ABANICO E UNHA SOMBRILLA CHINA

LUCAS BUSCANDO NO FAIADO ATOPOU DÚAS COUSAS CHINAS MOI INTERESANTES, UN GRANDE ABANICO E UNHA SOMBRILLA DE PAPEL QUE ACOSTUMAN A USAR AS CHINAS PARA NON QUEIMARSE CO SOL.

ESTABAN FEITOS DUNS MATERIAIS MOI DELICADOS, POLO QUE TIÑAMOS QUE TER MOITO COIDADO AO COLLELOS, INVESTIGANDO UN POUCO CHEGAMOS A CONCLUSIÓN QUE POR EXEMPLO A SOMBRILLA NON SE PODERÍA EMPREGAR OS DÍAS DE CHOIVA PORQUE AO ESTAR FEITA DE PAPEL DESFARÍASE NUNS SEGUNDOS. OBSERVANDO, OBSERVANDO DÉMONOS CONTA DE QUE TAMÉN ESTABA PINTADA A MAN, COMO CANDO NÓS PINTAMOS NO COLE COAS TÉMPERAS E OS PINCEIS.

PERO SE QUEREDES VER TODAS AS SÚAS REFLEXIÓNS, ATENDEDE A ESTE VÍDEO PORQUE OS EXPLORADORES VANVOS A ENSINAR TODO O QUE SABEN DA CHINA.

sábado, 6 de febrero de 2010

Papá e mamá tamén len

HOXE TIVEMOS UNHA LECTURA SILENCIOSA MOI PARTICULAR, ACOMPAÑÁRONNOS ALGÚNS DOS PAPIS E MAMIS DOS EXPLORADORES.

ESTES DÍAS AS FAMILIAS SEGUEN AXUDÁNDONOS COS DISFRACES DO ENTROIDO E COMO CHEGARON NA HORA DE LER TAMÉN TIVERON QUE SACAR O SEU LIBRO E DURANTE 20 MINUTOS LER EN SILENCIO SEN MOLESTAR A NINGUÉN COMO FAN TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA.

FOI UN MOMENTO ÚNICO TODOS LENDO CON MOITA ATENCIÓN O SEU LIBRO FAVORITO.

AS FAMILIAS ESTABAN ABRAIADAS AO VER AOS PEKES TAN CONCENTRADOS NUNHA TAREFA TAN DIFÍCIL, COMO É PARA ELES ESTAR TANTOS MINUTOS SEN FALAR. CADA DÍA QUE PASA SÍNTOME MÁIS ORGULLOSA DELES, SON XENIAIS!!!

miércoles, 3 de febrero de 2010

Conto: "La vaca en la baca"

Sheyla, por uns instantes converteuse nunha das nosas contacontos semanais. O conto que nos amosou esta semana foi: "La vaca en la baca", unha historia diferente a todas as que estamos acostumados a ler antes de durmir ou a escoitar cada día, unha historia rara e un pouco tola. Así foi coma Sheyla no la contou...

martes, 2 de febrero de 2010

MARA, A VIAXEIRA

MARA, UNHA DAS EXPLORADORAS, LEVA TODO O CURSO FALANDO DA SÚA VIAXE POR PARÍS E POR EURODISNEY, ASÍ QUE O OUTRO DÍA PREPARAMOS A VIAXE DE MARA, COMA SEMPRE.......... COA AXUDA DAS FAMILIAS (XA QUE CADA DÍA QUE PASA SE INVOLUCRAN UN CHISQUIÑO MÁIS). ASÍ QUE..... UN DÍA RECIBIMOS UN CORREO MOI ESPECIAL, ERAN FOTOS DE MARA NO PAÍS DA LUZ E DOS NAMORADOS, POLO QUE A NOSA EXPLORADORA CONVERTÍUSE NA NOSA GUÍA PARTICULAR, COMENTANDO DUN XEITO MOI ESPECIAL TODAS AS FOTOGRAFÍAS, ATA NOS TROUXO UN MONTÓN DE RECORDOS PARA ENSINAR A TODOS.

FOI UNHA EXPERIENCIA MOI INSTRUCTIVA, APRENDEMOS MOITAS COUSAS DUN XEITO DIFERENTE E ESPECIAL, CUNHA PEQUENA MESTRA QUE O FIXO MOI BEN E CREO..... QUE NUNCA OLVIDAREMOS TODO O QUE NOS CONTOU!!!

O VÍDEO É UN POUQUIÑO LONGO PERO MERECE A PENA VER A MARA EXPLICANDO, AS CARAS DE ASOMBRO DOS EXPLORADORES E OS SEUS COMENTARIOS ESPONTÁNEOS, NON TEN DESPERDICIO!!!

Os exploradores viaxan en tren

ESTES DÍAS OS EXPLORADORES E AS SÚAS FAMILIAS ANDAN UN POUCO LIADOS PREPARANDO A SÚA VIAXE POLO ENTROIDO NUN DIVERTIDO E FANTÁSTICO TREN DE CARBÓN.

ASÍ QUE, NA NOSA ASEMBLEA NON PODÍA FALTAR UN DÍA ADICADO A DESCUBRIR COMO SON OS TRENS. E ESTES PEQUENOS EXPLORADORES XA COÑECEN MOITAS COUSAS DOS TRENS E DOUTROS MEDIOS DE TRANSPORTE. ESCOITADE CON ATENCIÓN!!!

O mantel chino de Rafael

OS EXPLORADORES SEGUEN INVESTIGANDO E SEGUEN ATOPANDO COUSAS RELACIONADAS COA CHINA, COMO POR EXEMPLO: UN MANTEL CHINO.

ASÍ FOI COMO RAFAEL EXPLICOUNOS COMO ERA, PARA QUE SERVÍA, ETC. UN MANTEL DESTAS CARACTERÍSTICAS.

O MÁIS DIVERTIDO É VER COMO RAZOAN, COMO REFLEXIONAN E COMO EXPLICAN AOS SEUS COMPAÑEIROS O COMO SON E O POR QUÉ DAS COUSAS QUE ATOPAN.

Aniversarios de Xaneiro e día da Paz

NESTE MES ESTIVERON DE ANIVERSARIO: RAFAEL E MARA (DOS EXPLORADORES), PABLO U. (DOS SÍNEFOS), ANTÍA, NEREA E ROBER (DOS VINCIS), JULIEN, AKRAM, DEBORA E HUGO R. (DOS CHAMÁNS).

PREPARAMOS CREMA DE PLÁTANO, CON IOGUR, PLÁTANO E BARQUILLOS DE GALLETA. UNHA RECEITA MOI SINXELA DE PREPARAR E MOI DOCE PARA COMER. TODOS PREPARARON O SEU CUENCO CON MOITA ILUSIÓN, SEMELLABAN TODOS UNS EXPERTOS COCIÑEIROS.

AO REMATAR OS ANIVERSARIOS, CELEBRAMOS TAMÉN O DÍA DA PAZ, PORTANDO UNHAS ENORMES MANS DA PAZ QUE DECORAMOS DURANTE A SEMANA, VISIONANDO UN POWER POINT, CANTANDO A CANCIÓN DE JUANES "PAZ, PAZ, PAZ" E SOLTANDO UN PAR DE POMBAS COMO REMATE FINAL AO ACTO DO DÍA.