miércoles, 15 de septiembre de 2010

O NOSO PRIMEIRO DÍA

Os exploradores xa levaban días esperando a volta á escola. Tiñan moitas ganas de voltar para ver aos seus amigos, para voltar a xogar nos recunchos, para inventar divertidas historias no patio e para compartir ricas merendas.

Tantas ganas tiñan de estar de volta........ que non podían parar de falar de todo o que fixeran nestas semanas de vacacións. E como se non houbese pasado o tempo, rapidamente acostumáronse ao ritmo e rutinas da escola.

Así foi o noso primeiro día...

sábado, 28 de agosto de 2010

CONTO PARA OS PRIMEIROS DÍAS DO CURSO

Seguimos preparando con ilusión os primeiros días, dos novos aventureiros, na escola de Reboreda. Nesta ocasión preparamos un pequeno e sinxelo conto para que antes de chegar ao cole as familias e os máis peques poidan falar da tan desexada entrada na escola dos maiores.

lunes, 23 de agosto de 2010

Chimpún: Canción do corpo

Ao longo do curso, os exploradores, estiveron aprendendo moitas cancións, algunhas delas xa volas ensinamos a través de divertidos vídeos para que as poiderades bailar con nós, agora deixámosvos a presentación dunha delas coa letra da canción que se chama “Chimpún” para que a poidades cantar xunto cos vosos peques antes de ir durmir.

Trata das partes do corpo e das diferentes accións que podemos facer con elas. Tocaremos a cabeza, os pés, a cintura, saltaremos para adiante e para atrás, coa pata coxa, sentaremos no chan e ata nós estarricaremos.

Pouco a pouco iremos deixando todas as letras das cancións para que na casa tamén as poidades cantar cada vez que os peques queiran cantar con vós.

Se queredes escoitar a melodía só tedes que buscar no blog, na categoría de cancións, e alí atoparedes os vídeos destes pequenos cantores.


O meu primeiro día de escola

Xa falta pouco para comezar o curso polo que deixamos eiquí unha serie de recomendacións ás familias. así podedes ir preparando con tempo a incorporación dos vosos peques ao noso centro.


jueves, 12 de agosto de 2010

Así Prepararemos O PeríOdo De AdaptacióN

Falta pouco para dar a benvida aos novos peques de Reboreda, polo que temos que comezar a preparar a súa entrada no cole.

O período de adaptación nalgúns casos é longo e traumático, polo que aquí deixámosvos algunhas pequenas recomendacións que podedes seguir para facer que a súa incorporación na escola sexa o máis agradable posible.

lunes, 9 de agosto de 2010

DITOS PARA FACER SORTEOS E PARA ESCOLLER

Seguimos lembrando todos aqueles xogos de fai moitos anos, que van pasando de pais a fillos e xa forman parte da nosa cultura tradicional e do noso floclore popular.

Nesta ocasión imos lembrar algúns dos ditos que se recitaban cando se facían os sorteos antes de comezar os xogos. Estes sorteos servían para escoller aos membros do noso equipo; para escoller a man que ten un obxecto agochado;…

Ahí deixámosvos algúns deses ditos para que os empreguedes nos xogos cos vosos cativ@s; algúns son verdadeiramente divertidos!!!

martes, 3 de agosto de 2010

VIAXE POLA CHINA

Os exploradores este curso, durante o seu proxecto de interculturalidade: Viaxando por un mundo de cores, ao igual cos Vincis viaxaron pola China e descubriron moitísimas cousas, coma por exemplo: Comidas chinesas, costumes, formas de entreterse nos momentos de lecer, a súa escritura, formas de relaxación, etc.

Ahí vos deixamos unha presentación con todas as cousiñas que fixemos neste longo curso, para refrescarvos a memoria.


Ditos e xogos con obxectos

Nestes días de verán podemos aproveitar para xogar coa pelota, coa corda, coa goma,… polo que aquí vos deixamos unha pequena mostra dalgúns ditos e cantigas tradicionais que acompañan e acompañaron aos nosos xogos dende pequenos.

lunes, 26 de julio de 2010

ADIVIÑAS

Neste curso estivemos elaborando un divertido power-point, co que xogabamos case todas as mañás a resolver todas aquelas adiviñas que nos enviaban as familias a través dos correos electrónicos ou a través do correo ordinario.

Era moi divertido ver coma todos participaban e se axudaban neste sinxelo xogo. Os que traían as adiviñas novas axudaban aos compañeir@s dando pista para que todos acertasen.

Cada día o xogo semellaba novo e diferente porque a profe Rosa cambiaba de orde as adiviñas e engadía as novas polo medio para que todo fose un pouco máis complicado, pero aínda así............ non era capaz de enganarnos. Primeiro tentamos ler entre todos a adiviña e logo buscamos posibles solucións. Esta presentación non é como a que nós utilizamos na clase (xa que eles non podían ver as solucións, coma neste caso) pero podemos usala igual para xogar todos xuntos en familia.

Se queredes pasar un bo rato na casa xogando ás adiviñas aquí vos deixamos o noso xogo para participedes con nós.



Ritos E Xogos Para Os Primeiros Anos

Nestes días de vacacións podemos recordar ditos e xogos populares de tradición popular, tanto galegos coma casteláns. Son pequenos recordos moi coñecidos por todos, que van pasando de xeracións en xeracións, cos que podemos xogar coas mans, cos dedos, coas partes da cara,…