O ÚLTIMO DÍA DE CLASE, MENTRAS ESTABAMOS FACENDO A ASEMBLEA E FALANDO DAS COUSAS QUE ÍAMOS FACER DURANTE O NADAL, UN FORTE GOLPE NA PORTA SOBRESALTOUNOS, QUEN SERÍA???
ESTE BLOG XURDE COMO COMPLEMENTO A UN TRABALLO REALIZADO POR VARIAS COMPAÑEIRAS PARA LEVAR A CABO UN PROXECTO SOBRE CANCIÓN POPULARES CON NENOS E NENAS DE ED. INFANTIL, NO QUE TENTAREMOS TRABALLAR AS CANCIÓNS EN TODALAS AREAS IMPLICADAS NA SÚA FORMACIÓN.
miércoles, 30 de diciembre de 2009
martes, 29 de diciembre de 2009
Os exploradores tamén piden o aguinaldo
LEVAMOS SEMANAS ENSAIANDO O NOSO AGUINALDO COA PROFE ISABEL, É UN CANTO BRASILEIRO, UN CANTO DE NINAR, É DICIR, UNHA NANA.
CADA UN DOS EXPLORADORES TEN QUE TOCAR UN INSTRUMENTO MOI PARTICULAR CUNS TIMBRES MOI ESPECIAIS AO TEMPO QUE VAN CANTANDO SUAVEMENTE PARA DURMIR A "MEU AMOR".
PRESTADE ATENCIÓN E MIRADE COMO FOI TODA A NOSA PREPARACIÓN.

domingo, 20 de diciembre de 2009
AGUINALDOS EN REBOREDA
ESTE VENRES A PROFE ISABEL COMEZOU A PEDIR O AGUINALDO POLAS CLASES COS DIFERENTES CURSOS DO COLEXIO.
OS EXPLORADORES MOI ATENTOS ESCOITABAN CADA UN DOS CANTOS, XA QUE TODOS ERAN MOI DIFERENTES.
ENSINÁRONNOS CANCIÓNS POPULARES DE DIFERENTES PARTES DO MUNDO, COMO POR EXEMPLO DE: MÉXICO, BRASIL,... E ADEMÁIS EMPREGABAN UNS INSTRUMENTOS MUSICAIS MOI PARTICULARES E ESPECIAIS, CUNS SONIDOS E TIMBRES MOI DIFERENTES AOS QUE NÓS COÑECEMOS.
ESCOITADE CON TANTA ATENCIÓN COMO OS EXPLORADORES!!!

sábado, 19 de diciembre de 2009
A CHEGADA DO PAXE REAL
ESTA SEMANA OS EXPLORADORES ESTIVERON MOI LIADOS XA QUE VIRÍA O PAXE REAL A RECOLLER AS CARTAS DOS REIS MAGOS, POLO QUE NOS PUXEMOS MANS Á OBRA, RECORTAMOS E PEGAMOS OS NOSO XOGUETES PREFERIDOS E LOGO ESCRIBIMOS O NOSO NOME NO SOBRE. FOI PASANDO A SEMANA E O PAXE REAL NON CHEGABA E OS EXPLORADORES IMPACIENTÁBANSE POR FALAR CON EL, CAL FOI A NOSA SORPRESA CANDO O VENRES A ÚLTIMA HORA, CANDO ESTABAMOS NA CLASE DE PSICOMOTRICIDADE, ALGUÉN CHAMOU Á PORTA DUN XEITO MOI ESTRANO....... ERA..... O PAXE REAL!!!
jueves, 17 de diciembre de 2009
Un agasallo de Nadal
OS EXPLORADORES ACABAN DE RECIBIR O SEU PRIMEIRO AGASALLO DE NADAL, NON É UN AGASALLO CALQUERA XA QUE LLO ENVÍA "AVÓ OSO".
UN ESTRANO AMIGO QUE NOS ESCRIBE MAILS, CHÁMANOS DE VEZ EN CANDO PARA FACER VIDEOCONFERENCIAS, MÁNDANOS ADIVIÑAS E ESTÁ CONTINUAMENTE ATENTO A TODO O QUE FACEMOS NA ESCOLA, PERO...... TODAVÍA NON LLE VIMOS A CARA, XA QUE É MOI MISTERIOSO.
ONTE O CARTEIRO DEIXÓULLE A LUISA UN PAQUETE MOI GRANDE, QUE TRAÍA UNHA BONITA CARTA DENDE UN LUGAR MOI LONXANO. E ESTA FOI A NOSA REACCIÓN......

miércoles, 16 de diciembre de 2009
Explorando o tempo
Os exploradores tamén queren participar no concurso de ECOMETTA, por iso prepararon esta reportaxe audiovisual con todos os seus traballos.
Investigando e explorando os cambios atmosféricos descubrimos que durante o ano e as cuatro estacións temos fenómenos moi interesantes, como: sol e calor, chuvia, neve e frío, nubes, tormenta, néboa, o arco da vella,... E así foi a súa interpretación.
Na clase de música coa profe Isabel tentamos representar os movementos do vento, escoitando atentamente a súa melodía cando sopra. Ás veces é lento, outras rápido e outras moi rápido, ás veces sube e baixa, e outras revolotea como unha bolboreta.

sábado, 12 de diciembre de 2009
UNHA RELAXANTE SESIÓN DE TAI-CHÍ
OS EXPLORADORES NA SÚA VIAXE POLA CHINA ATOPAN CADA DÍA COUSAS MÁIS SORPENDENTES, DESCUBRIRON QUE AOS CHINOS O DEPORTE QUE MÁIS LLES GUSTA É O TAI-CHÍ. É UN DEPORTE ALGO COMPLICADO PARA OS MÁIS PEQUENOS XA QUE REQUIRE DE MOITA PACIENCIA XA QUE HAI QUE MOVERSE LENTAMENTE, CON MOVEMENTOS SUAVES E DELICADOS.
MONTSE, A MAMÁ DE LUCAS, CONVENCEU A AVOA FERMINA PARA QUE VIÑERA A VISITARNOS E ENSINARNOS UN POUCO DE RELAXACIÓN CHINA. ASÍ QUE FERMINA, XUNTO CON MACU PREPARARON UNHA DIVERTIDA SESIÓN PARA OS PEQUES DE REBOREDA.
COMEZARON EXPLICANDO A HISTORIA DA CHINA E A HISTORIA DO TAI-CHÍ E DESCUBRIMOS QUE AOS CHINOS LLES GUSTABA MOITO OBSERVAR AOS ANIMAIS E IMITAR TODOS OS SEUS MOVEMENTOS. ASÍ QUE HOXE COA AXUDA DUNS ABANICOS TENTAMOS IMITAR ÁS CEGOÑAS, PARECÍA DOADO PERO ÁS VECES ERA UN POUCO COMPLICADO ABRILOS DUN XEITO TAN ESPECTACULAR COMO FACÍAN MACU E FERMINA.
TAMÉN FIXEMOS MASAXES POR TODO O CORPO CON PEQUENOS E SUAVES TOQUES, DENDE A CABEZA ATA OS PÉS, A NÓS MESMOS OU A UN COMPAÑEIRO.
DABA GUSTO VELOS!!! TAN PEQUENOS PERO TAN ATENTOS A TODAS AS EXPLICACIÓNS QUE PARECÍAN UNS GRANDES ARTISTAS.
NORABOA A TODOS!!!!!

jueves, 10 de diciembre de 2009
Aniversarios de novembro e decembro
Esta vez fixemos uns ovos fritos moi naturais, con iogur, melocotón e mazá. Mirade que boa pinta teñen!!!
Xogando coas letras
OS EXPLORADORES LEVAN DÍAS XOGANDO COS SEUS NOMES E DESCUBRIRON QUE HAI NOMES QUE COMEZAN POLA MESMA LETRA. QUE UNS SON LONGOS, OUTROS CURTOS, OUTROS LEVAN LETRAS REPETIDAS E OUTROS SON IGUAIS COMO O NOME DAS NOSAS "LUCÍAS"
E XOGANDO, XOGANDO............................ DESCUBRIMOS A LETRA "A".
ANXO, ANTÓN E ANTÍA LEVAN ESTA LETRA NO SEU NOME. TAMÉN DESCUBRIMOS QUE ANTÓN E ANTÍA SON MOI PARECIDOS, PERO O NOME QUE RAPIDAMENTE COÑECEMOS CANDO PASAMOS LISTA NA ASEMBLEA É O NOME DE ANXO PORQUE É UN NOME QUE TEN CATRO LETRAS, COMEZA POLA LETRA "A" E LEVA UNHA LETRA QUE NOS GUSTA MOITÍSIMO A "X"
ESTES EXPLORADORES NON PARAN NIN UN SEGUNDO DE APRENDER COUSAS NOVAS.

Os tres porquiños
OS EXPLORADORES LEVAMOS DÍAS ESCOITANDO O CONTO DOS TRES PORQUIÑOS, É UN CONTO CANTADO POLO QUE NOS GUSTA MOITO, ESTANOS A DAR MOITO XOGO PORQUE FACEMOS IMITACIÓNS DE PERSONAXES, IMITACIÓN DE TIMBRES DIFERENTES DE VOCES, XOGAMOS AOS TAMAÑOS,... E XOGANDO, E BUSCANDO ATOPAMOS UN RECURSO MOI ESPECIAL, O TEATRO DE TÍTERES, OBSERVÁMOLO CON ATENCIÓN E LOGO COMEZAMOS A CONTAR OS NOSOS PROPIOS CONTOS, ESTÁ SENDO UN RECURSO MOI BO PARA AQUELES CATIV@S AOS QUE NON LLES GUSTA MOITO FALAR EN PÚBLICO, POUCO A POUCO CADA UN DOS EXPLORADORES PROBARÁ A SER CONTADOR DE SOÑOS E BONITAS HISTORIAS.
ENSINÁMOSVOS A NOSA PRIMEIRA ACTUACIÓN, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!

Bólas de Nadal
NESTE FIN DE SEMANA TAN LONGO AS FAMILIAS DE REBOREDA ESTIVERON ARGALLANDO COMO DECORAR UNHAS SINXELAS BÓLAS DE NADAL XUNTO COS SEUS PEQUES, EMPREGANDO DIFERENTES MATERIAIS, COMO: ALGODÓNS, PURPURINA, ARROZ, TELAS, PAPEIS DE CORES, PEGATINAS, PINTURAS, ELEMENTOS NATURAIS, MATERIAIS DE REFUGALLO. FOI UN TRABALLO ESPECTACULAR!!!.
ATENTOS, ATENTOS!!! AHÍ VAI UN EXEMPLO DOS TRABALLOS DOS EXPLORADORES XUNTO COAS SÚAS FAMILIAS.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)