Os exploradores tamén queren participar no concurso de ECOMETTA, por iso prepararon esta reportaxe audiovisual con todos os seus traballos.
Investigando e explorando os cambios atmosféricos descubrimos que durante o ano e as cuatro estacións temos fenómenos moi interesantes, como: sol e calor, chuvia, neve e frío, nubes, tormenta, néboa, o arco da vella,... E así foi a súa interpretación.
Na clase de música coa profe Isabel tentamos representar os movementos do vento, escoitando atentamente a súa melodía cando sopra. Ás veces é lento, outras rápido e outras moi rápido, ás veces sube e baixa, e outras revolotea como unha bolboreta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario