jueves, 10 de diciembre de 2009

Xogando coas letras

OS EXPLORADORES LEVAN DÍAS XOGANDO COS SEUS NOMES E DESCUBRIRON QUE HAI NOMES QUE COMEZAN POLA MESMA LETRA. QUE UNS SON LONGOS, OUTROS CURTOS, OUTROS LEVAN LETRAS REPETIDAS E OUTROS SON IGUAIS COMO O NOME DAS NOSAS "LUCÍAS"

E XOGANDO, XOGANDO............................ DESCUBRIMOS A LETRA "A".

ANXO, ANTÓN E ANTÍA LEVAN ESTA LETRA NO SEU NOME. TAMÉN DESCUBRIMOS QUE ANTÓN E ANTÍA SON MOI PARECIDOS, PERO O NOME QUE RAPIDAMENTE COÑECEMOS CANDO PASAMOS LISTA NA ASEMBLEA É O NOME DE ANXO PORQUE É UN NOME QUE TEN CATRO LETRAS, COMEZA POLA LETRA "A" E LEVA UNHA LETRA QUE NOS GUSTA MOITÍSIMO A "X"

ESTES EXPLORADORES NON PARAN NIN UN SEGUNDO DE APRENDER COUSAS NOVAS.

No hay comentarios: