sábado, 12 de diciembre de 2009

UNHA RELAXANTE SESIÓN DE TAI-CHÍ

OS EXPLORADORES NA SÚA VIAXE POLA CHINA ATOPAN CADA DÍA COUSAS MÁIS SORPENDENTES, DESCUBRIRON QUE AOS CHINOS O DEPORTE QUE MÁIS LLES GUSTA É O TAI-CHÍ. É UN DEPORTE ALGO COMPLICADO PARA OS MÁIS PEQUENOS XA QUE REQUIRE DE MOITA PACIENCIA XA QUE HAI QUE MOVERSE LENTAMENTE, CON MOVEMENTOS SUAVES E DELICADOS.

MONTSE, A MAMÁ DE LUCAS, CONVENCEU A AVOA FERMINA PARA QUE VIÑERA A VISITARNOS E ENSINARNOS UN POUCO DE RELAXACIÓN CHINA. ASÍ QUE FERMINA, XUNTO CON MACU PREPARARON UNHA DIVERTIDA SESIÓN PARA OS PEQUES DE REBOREDA.

COMEZARON EXPLICANDO A HISTORIA DA CHINA E A HISTORIA DO TAI-CHÍ E DESCUBRIMOS QUE AOS CHINOS LLES GUSTABA MOITO OBSERVAR AOS ANIMAIS E IMITAR TODOS OS SEUS MOVEMENTOS. ASÍ QUE HOXE COA AXUDA DUNS ABANICOS TENTAMOS IMITAR ÁS CEGOÑAS, PARECÍA DOADO PERO ÁS VECES ERA UN POUCO COMPLICADO ABRILOS DUN XEITO TAN ESPECTACULAR COMO FACÍAN MACU E FERMINA.

TAMÉN FIXEMOS MASAXES POR TODO O CORPO CON PEQUENOS E SUAVES TOQUES, DENDE A CABEZA ATA OS PÉS, A NÓS MESMOS OU A UN COMPAÑEIRO.

DABA GUSTO VELOS!!! TAN PEQUENOS PERO TAN ATENTOS A TODAS AS EXPLICACIÓNS QUE PARECÍAN UNS GRANDES ARTISTAS.

NORABOA A TODOS!!!!!




No hay comentarios: