
É o período ou o proceso mediante o cal o nen@ vai elaborando, dende o punto de vista dos sentimentos, a perdida e a ganancia que lle supón a separación da súas figuras de apego, ata chegar a unha aceptación interna da mesma.
Na O. do 6 de maio de 1992 faise mención a dito momento.
«A incorporación de novos escolares ao centro requerirá a planificación do equipo docente de ciclo, dun período de adaptación. Este período tratarase a través dun plan de acción ao que non serán alleas familias e que terá en conta as características da comunidade escolar e os medios dispoñibles do centro»
O profesorado deberá ter previsto ao inicio do curso unha organización especial, que fará referencia cando menos aos seguintes aspectos:
Colaboración e participación das familias.
Flexibilización do calendario e horario para os novos escolares.
Actividades encamiñadas a unha mellor adaptación.
Agrupación flexible do alumnado.
A entrada na escola é un momento moi importante na vida do neno e que hai que preparar con mimo. O nen@ experimenta un cambio substancial na súa vida xa que sae dun ambiente familiar no que se desenvolve con seguridade e comodidade e no que frecuentemente é o centro de atención, a outro ambiente novo e descoñecido creándolle certa inseguridade.
Necesitará apropiarse dese espazo físico estrano, nun principio no que perdeu protagonismo e onde vese “forzado” a ampliar as súas relacións sociais. Pero a superación destos medos permitiralle gozar das experiencias e aprendizaxes que a escola lle ofrece. Sendo moi bo para forxar a súa autoestima e mellorar o seu crecemento persoal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario