miércoles, 12 de agosto de 2009

COMO DEBE SER A ORGANIZACIÓN DESTE PERIODO?



A) En canto a temporalización.- As actividades deste período terán lugar durante os meses de xuño (primeiro contacto coas familias) e de setembro (para as primeiras entrevistas en profundidade coas familias e o proceso de incorporación do alumnado)

B) En canto ao horario…

-Ben perfilado.
-Flexible na entrada e saída.
-Necesario e axeitado para fixar hábitos e rutinas.

C) En canto á incorporación…

-Será específica e individualizada.
-Será progresiva, esto quere dicir que comenzará cunhas sesións non excesivamente longas para ir ampliando a duración das mesmas de forma flexible e gradual.
-Será paulatina, é dicir, faranse grupos reducidos para que os pequen@s gocen dun xeito máis individualizado da compaña da mestra e dun grupo reducido de alumn@s.

D) En canto aos espazos da aula…

-Serán de fácil acceso.
-Deseñados axeitadamente ás actividades que neles se van a desenvolver.
-Estarán preparados de forma funcional para que os cativ@s poidan facer as súas primeiras exploracións pola aula e primeiros xogos.
-Será un lugar acolledor e flexiblemente ambientado para que pouco a pouco os nen@s participen na súa decoración e creen un espazo propio.
-Estará ben equipado, “cheo de mensaxes”, de cousas interesantes que respondan as esixencias e intereses dos pequen@s.
-Estarán ben definidos e dotados de mobiliario e materiais axeitados. Cumprirá establecer normas de uso que pouco a pouco serán traballadas e adaptadas ao alumnado.
-Será importante crear un espazo adicado para gardar os obxectos persoais de cada nen@, xa que será un espazo onde o cativo se sinta cómodo e preto das cousas que lle dan confianza.

No hay comentarios: