
- Tránsito dun espazo familiar a outro espazo escolar con novos tipos de relación.
- Conseguir que a adaptación sexa a idónea para o seu correcto desenvolvemento.
- Disminuir a tensión, o medo, a angustia e a ansiedade creados polo cambio de situación.
- Compartir información relevante entre familias e escola, mellorando así o coñecemento mutuo.
- Favorecer a sensación de seguridade e confianza na nova situación escolar.
- Descubrir o gozo de estar coas outras e os outros nun ambiente estimulante.
Estes obxectivos conseguiránse promovendo:
* Que alumnado e familias expresen os seus sentimentos e desexos con relación a educación que vai recibir o cativ@.
* Que cada nen@ se sinta acollido grazas ao contacto físico e ao diálogo persoal.
* Que alumnado e familias coñezan o contexto escolar (espazos comúns, comedor, patios, aula,...)
* Que alumnado e familias coñezan ao profesorado.
* Que alumnado e familias coñezan aos compañeiros da escola.
* Que alumnado e familias participen no proxecto, nas actividades e das normas da escola.
* Que o alumnado se familiarice con materiais e actividades cotiás da escola.
* Que alumndo e familias integren o ritmo escolar e os horarios nos seus hábitos de sono, alimentación, descanso, tempos de xogos,...
No hay comentarios:
Publicar un comentario