viernes, 7 de agosto de 2009

QUE QUERE DICIR PARA O NEN@: "IR POR PRIMEIRA VEZ Á ESCOLA"?

Para eles significa:

- Atoparse cunha casa que non coñece: un lugar grande, unha clase, un baño, un patio,… novos e diferentes.
- Atoparse cunha persoa adulta, mestra que non coñece e que lle vai a dar protección e confianza, e que lle vai a dicir o que debe ou non debe facer.
- Atoparse cun grupo de nen@s que lle axudarán ou non, que lle prestarán ou non as cousas.

É importante coñecer estas circunstancias para entender a forma de reaccionar e de comportarse cada nen@. Cada pequen@ reacciona ante esta situación dun xeito diferente, xa que a súa madurez e experiencias son distintas. A súa forma de reaccionar depende de:

- Que esté acostumad@ a valerse por sí mesmo na casa: cando come, cando se viste, cando axuda na casa, cando se asea,…

- Que sepa aceptar certas normas familiares, para que na escola as normas non sexan motivo de disgusto constante.

- Que esté acostumado a estar separado dos seus pais por unhas horas, sen sentirse abandonado.

Ante esta situación non todos reaccionan do mesmo xeito, nin durante o mesmo tempo, pudiéndose manisfestar a inadaptación de diversas maneiras, na casa ou na escola, por exemplo:

Na aula, pode: chorar, mostrar inhibición, non comunicarse verbalmente coa mestra ou cos compañeir@s, manifestar polo contrario unha excesiva fluidez verbal, sentarse ao carón da porta, tentar fuxir, perseguir á mestra, aferrarse ao obxecto traído da casa, preguntar constantemente cando virá mamá, amosarse agresivo,…

No fogar, pode: ter alteracións na alimentación, vómitos, diarreas, febres, enuresis (facerse pis), cambios de carácter, pesadillas nocturnas,…

No hay comentarios: