ESTE BLOG XURDE COMO COMPLEMENTO A UN TRABALLO REALIZADO POR VARIAS COMPAÑEIRAS PARA LEVAR A CABO UN PROXECTO SOBRE CANCIÓN POPULARES CON NENOS E NENAS DE ED. INFANTIL, NO QUE TENTAREMOS TRABALLAR AS CANCIÓNS EN TODALAS AREAS IMPLICADAS NA SÚA FORMACIÓN.
jueves, 6 de agosto de 2009
CONSELLOS QUE FAVORECERÁN O P. ADAPTACIÓN
Cómo poden axudar as familias no proceso? Existen unha serie de consellos que favorecerán ao desenvolvemento do proceso, como por exemplo:
- Amosar seguridade e confianza na escola, aceptar a separación, expresar os sentimentos respecto do proceso e tentar aclarar as dúbidas respecto do profesorado son actitudes que facilitarán o entendemento entre familia e escola.
- Non facer comentarios negativos da escola.
- Propiciar unha asistencia regular para lograr unha eficaz integración do alumnado, xa que si non o proceso se demorará e alongará no tempo.
- Vestir aos pequen@s con roupa cómoda, pois isto permitirá que se manexen con maior autonomía.
- Potenciar valores como o de compartir, xa que unha aula é unha comunidade onde non ten sentido a exclusividade.
- Valorar ou interesarse polas actividades cotiás que realizan os nen@s na escola, xa que desprazan o centro de atención dos sentimentos de ansiedade e revalorizan o que fan na aula, fomentando a creación por parte dos cativ@s dun territorio propio da infancia.
- Acostumar aos nen@s a cumprir normas e a ter límites na casa de cara á consecución da súa autonomía persoal na escola.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario