lunes, 13 de julio de 2009

UN PEQUENO HORTO

ESTE ANO NO COLEXIO DE REBOREDA OS PEQUENOS CIENTÍFICOS FIXERON UN PEQUENO HORTO PRETO DA ZONA DE XOGOS, EXPERIMENTAR COA NATUREZA FOI ALGO MOI EMOCIONANTE, PORQUE NELA TAMÉN SE PODEN FACER PEQUENOS EXPERIMENTOS CANDO CHEGA A PRIMAVERA.

É UNHA FORMA DIFERENTE DE EXPERIMENTAR: PROBAMOS A VER CON QUE MATERIAIS MEDRAN MELLOR AS PRANTAS, QUE COUSAS NECESITAN PARA MEDRAR, CALES SON OS COIDADOS NECESARIOS, CANTO TEMPO TARDAN EN CRECER,... E MOITAS MÁIS COUSAS.

O RESULTADO FINAL FOI MAGNÍFICO, TODOS OS NENOS E NENAS COIDABAN CON MOITO MIMO O HORTO, POR ISO, ANTES DE REMATAR AS CLASES EN XUÑO COMEZAMOS A SABOREAR ALGÚNS DOS FROITOS QUE NACERON, COMO POR EXEMPLO: AMORODOS, ESPINACAS, LEITUGAS, CHÍCHAROS, CEBOLIÑAS,...

AHÍ TEDES UN EXEMPLO DO BEN QUE O PASAMOS COIDÁNDOO!!!


No hay comentarios: