DURANTE ESTE CURSO NO COLEXIO DE REBOREDA TRABALLAMOS UN PROXECTO CHAMADO: "XOGAMOS E APRENDEMOS COA CIENCIA" E COMO TAMÉN ERA O ANO DE GALILEO GALILEI, COMEZAMOS O CURSO POÑENDO NOME A CADA UNHA DAS AULAS, A NOSA FOI A DE "COPÉRNICO", POR ISO CHAMÁMOSNOS: "OS COPÉRNICOS", E TRABALLAMOS DURANTE TODO O TRIMESTRE O SISTEMA SOLAR: COÑECEMOS OS PLANETAS, ESPECIALMENTE A TERRA. OBSERVÁMOLA CON LUPAS PARA NON PERDER DETALLE, LOGO TAMÉN INVESTIGAMOS CON CATALEXOS E PRISMÁTICOS PARA PODER OBSERVAR AQUELAS COUSAS QUE ESTÁN MOI LONXE, ATA QUE AO FINAL NÓS MESMOS CONTRUIMOS O NOSO PROPIO CATALEXOS, ERA MÁXICO PORQUE SE MIRABAS A TRAVÉS DEL AS COUSAS CAMBIABAN DE COR. TAMÉN TIVEMOS TEMPO PARA CONSTRUIR NO NOSO CORREDOR UN SISTEMA PLANETARIO ESPECTACULAR, CADA UN DE NÓS ELABOROU O SEU PROPIO PLANETA CON DIFERENTES MATERIAIS E TÉCNICAS PLÁSTICAS, PÚSOLLE UN NOME ORIXINAL E COLGOUNO NO CORREDOR DA ENTRADA. ESTE FOI O RESULTADO FINAL!!! CANDO REMATOU O TRIMESTRE XA SABÍAMOS MOITAS COUSAS DOS PLANETAS POLO QUE POIDEMOS IR A NATURNOVA A VER UNHA ESXPOSICIÓN MOI INTERESANTE DOS PLANETAS E DO SISTEMA SOLAR PARA NENOS E NENAS MAIORES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario